Voltan as "VIAXES AO MUNDO CLÁSICO" no Aguiar

¡Estamos de noraboa!

Entre os días 23 e 28 deste mes de setembro o "Aguiar" volta a revivivir unha das viaxes  máis interesantes e características  do noso Instituto, as que teñen por destino ao mundo clásico.  

Dende o ano 2008 unha parte do noso alumnado puido disfrutar coas maravillas de Atenas, Micenas, Creta, Sicilia, Roma... A iniciativa tivo dende o inicio dous grandes promotores o noso lembrado profesor de latín, Sebastián Buedo, e a catedrática de grego, Rafaela Villalba. 

Dista volta 26 rapaces e rapazas de 4º da ESO e 2º de BAC, acompañados polas profesoras Rafaela Villalba e Mª José Pereira, terán a oportunidade de disfrutar de Atenas e dos máis que eruditos comentarios de Rafi e Mª José...ademáis de degustar en compañía algunha deliciosa "moussaka".