Cultural Class - inmersión na cultura anglosaxona

 

 

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato puido asistir onte, xoves 14 de outubro, a unha conferencia en lingua inglesa sobre a cultura dos países anglosaxóns.

A charla foi ofrecida de maneira gratuita pola editorial educativa Burlington.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Xesús Fraga: Premio Nacional de Narrativa

15/10/2021 08:45
Europe/Andorra

 

Parabéns ao noso exalumno Xesús Fraga, que ven de recibir onte o máximo galardón institucional ao que pode aspirar un narrador: o Premio Nacional de Literatura por Virtudes (e misterios)

 

Cando obtivo o Premio Blanco Amor, Xosé Manoel Rodríguez escribiu sobre esta obra presentada á concurso co lema A miña familia e outros emigrantes:A novela, segundo se recolle na acta, recrea «as vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas, marcada pola emigración a América e a Europa. Trátase dunha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai». Con Londres como epicentro narrativo, e Venezuela como contrapunto, o xurado salientou á hora de dar a coñecer a súa decisión «a relación interxeracional permanente entre o neto e a avoa, unha figura forte que representa a épica das mulleres galegas nun tempo de extremas limitacións». O tratamento da linguaxe e a variedade de rexistros fai que sexa «unha novela para todo tipo de lectores».

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Presentación do libro de Óscar García Ramos

13/10/2021 18:11
Europe/Andorra

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS

Presentación do libro do noso compañeiro Óscar García Ramos, Consecuencias, [Calderón, Malpica, 2021], gañador do XXIV Premio de poesía Francisco Añón | (2020).

Na presentación [Libraría Biblos, 19:30] estará acompañado por Xosé Luis Mosquera. 

Poesía ao cadrado.

 

 

    Óscar García Ramos e Xosé Luís Mosquera indagaron onte no complexo universo de “Consecuencias”, o poemario do que é autor o primeiro e que onte presentou o segundo na libraría Biblos de Betanzos. Ambos se manexaron con humor encomiable por un mar de referencias para achegarnos á parte máis afastada desta lectura, que foi merecedora do XXIV Premio Francisco García Añón. O libro está publicado por Caldeirón, nunha edición limitada e numerada á man que podedes atopar en Biblos. No acto participou asemade o editor, Eduardo Estévez.

Carmela González

EXPOSICIÓN BETANZOS HISTÓRICO. O COMERCIO TRADICIONAL

12/10/2021 20:10
Europe/Andorra

 

 

O IES Francisco Aguiar expón no Edificio Arquivo do 5 ao 29 de outubro a mostra fotográfica Betanzos histórico. O Comercio tradicional

Un cento de fotos feitas por alumnado do centro mostran os negocios e os comerciantes da zona monumental 

 

 

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER

12/10/2021 14:41
Europe/Andorra

 

  3ª SEMANA
 
[3ª SESIÓN]

 

Ler, non cabe a dúbida, e unha actividade perigosa. 

Mesmo permite modificar o noso punto de vista sobre as cousas!

Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron. 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS: 1º ESO, 1º BAC E 2º ESO

08/10/2021 12:14
Europe/Andorra

 

Os próximos días 18, 19 e 20 de outubro celebraránse varias reunións dos equipos docentes coas familias.

 

Debido á situación actual condicionada pola pandemia, serán convocados só os familiares dos alumnos que acuden por primeira vez ao noso centro (1º ESO e 1º BAC). Reciben esa mesma consideración as familias dos alumnos matriculados en 2º ESO, que, pola pandemia, non puideron asistir a esa reunión inicial.

Dado o límite de aforo do Salón de Actos, vémonos obrigados a establecer quendas e limitar o acceso a un proxenitor por alumno para manter a distancia interpersoal.

O calendario de reunións é o seguinte:

Luns 18 de outubro:

Ás 17 horas será a reunión dos grupos 1º ESO A e 1º ESO B.
Ás 18 horas será a quenda de 1º ESO C e 1º ESO D.
 
Martes 19 de outubro
 
Ás 18 horas será a reunión dos grupos 1º BAC A e 1º BAC B.
Ás 19 horas será a quenda de 1º BAC C, 1º BAC D e 1º BAC E.
 
Mércores 20 de outubro
 
Ás 17 horas será a reunión dos grupos 2º ESO A e 2º ESO B.
Ás 18 horas será a quenda de 2º ESO C e 2º ESO D.

 

 

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... SARA SEOANE ABELENDA, PROFESORA TITULAR DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

06/10/2021 16:18
Europe/Andorra

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... SARA SEOANE ABELENDA, PROFESORA TITULAR DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

Fai non moito frecuentaba corredor e aulas no noso IES. 

Como moitos dos nosos alumnos que compatibilizan, con tanto esforzo e dificultades, os estudos musicais e Secundaria e Bacharelato,  procuraba atoparlle horas ao día para estudar no Conservatorio de A Coruña e acudir aos ensaios da Banda Municipal.

Agora sabemos, lendo unha entrevista en SaxRules, que Sara Seoane Abelenda volve a Galicia para ensinar os misterios do saxofón no Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

Reciba os nosos máis sentidos parabéns, a ritmo de Vivaldi!

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Esta semana o alumnado de 1º de ESO, novo no instituto, está a recibir por quendas sesións de formación de usuarios, coñecendo a biblioteca do Centro e aprendendo a localizar libros.

HORA DE LER

03/10/2021 09:51
Europe/Andorra

 

2ª SEMANA

[2ª SESIÓN]

 

Todas as ficcións, tanto a realista e Sandra Cisneros como a non realista de Philip K. Dick, nútrense dos elementos que o maxín dos seus autores percibiron na realidade observada o pensada polo seu tan real cerebro.

A lectura —escribiu Mario Vargas Llosa, recordando a súa nenez— convertía o sono en vida e a vida en sono».

Cuestionario para a mocidade sobre comunicación sexual, do SexPoint CASCO.

01/10/2021
Etc/GMT+2

A asociación coruñesa SexPoint CASCO, que ten colaborado co IES Francisco Aguiar impartindo cursos no centro sobre educación afectiva, fíxonos chegar un cuestionario para a mocidade sobre comunicación sexual.

Este cuestionario é unha ferramenta deseñada para o estudo das relacións afectivas entre a mocidade e para obter datos estatísticos para a realización dos obradoiros como os xa realizados no centro.

 
A enquisa é anónima e confidencial. Pódese acceder a través do enlace:
 


ou a través do QR da imaxe, que dirixe directamente á enquisa.

Distribuir contido