Letras Galegas 2021 Xela Arias. Pequenos podcasts orixinais do alumnado de 4º ESO TIC

Compartimos pequenos episodios de podcasts realizados polo alumnado de 4º ESO TIC. Guións, locucións e montaxes orixinais do alumnado que, este ano, quixemos adicar a celebrar o día das Letras Galegas. 

En espera das entregas máis rezagadas, podedes disfrutar dos primeiros na nosa canle de ivoox:

 

Xogos de asociación no Camiño de Santiago. Plan Proxecta Aprendo Programando Xacobeo 2021.

xogos asociación

Compartimos convosco o estudo en Scratch que recolle algúns dos Xogos de Asociación para situar imaxes típicas no seu lugar dentro do Camiño de Santiago. Feitos por alumnado de 1º ESO do IES Francisco Aguiar de Betanzos coa profesora Ángela Vázquez dentro do Plan Proxecta Aprendo Programando Xacobeo 2021. Desta volta, para xogar a eles recoméndamovos que, unha vez dentro dos proxectos, premades en ver dentro e logo xoguedes coma forma para asegurar que funcionan correctamente.

Preme na imaxe para acceder ao estudo, e unha vez alí, selecciona o programa para xogar.

VISITA AO CIEC DO ALUMNADO DE 1º ESO

12/05/2021 14:56
Europe/Andorra

 

 

 

 

 

VISITA AO CIEC

Tanto os profesores de Eduación Plástica e Visual, Susana Pérez e Álvaro Rivas, como os seus alumnos, regresaron ao centro cheos de ledicia e satisfacción tras a visita ao Centro Internacional de la Estampa Contemporánea de Betanzos.

OBRADOIRO SOBRE XELA ARIAS

     Hoxe o alumnado de  1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo   POLO CORREO DO VENTO, está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias, pertencente á colección “Mulleres galegas” en Lela Edicións.

Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato  con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.

 Foi unha actividade moi interesante e proveitosa! 

Álbum: Curso 2020-2021 -> obradoiro Xela Arias

Carteis homenaxe a Xela Arias editados con Gimp polo alumnado de TIC 4º ESO

Velaiquí van algúns dos carteis deseñados polo alumnado de 4º da ESO en homenaxe a Xela Arias con motivo do día das Letras Galegas 2021. 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Carteis día das Letras Galegas 21 Xela Arias polo alumnado de TIC 4º

HORA DE LER

09/05/2021 14:48
Europe/Andorra
29ª SEMANA 

[5ª SESIÓN]

 
Virán vagas de vento que animen a voar as follas que estaban perto das nosas mans. 
Na nosa mente sempre as palabras de Manuel Álvarez Torneiro, Federico García Lorca ou Wislawa Symborska: outros cantos á liberdade.

CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS: DESEÑO E EXECUCIÓN DOS ESCAPARATES ADAPTADOS Á PANDEMIA

Este curso está a ser moi diferente do habitual e obríganos a reinventarnos diariamente. Necesitamos aplicar novos puntos de vista e afrontar resultados descoñecidos, pero non por eso negativos. As crises obríganos a buscar “roteiros alternativos” en lugar de aferrarnos ás formas e solución de sempre, pero esto tamén nos permite abrir novas vías.

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais non pudieron executar as prácticas de Escaparatismo do modo habitual, co deseño, construcción física e exposición dos mesmos; no seu lugar abordaron o deseño e construcción a través de maquetas, das cales podemos ver unha mostra.

 

 

FAUNA MÁXICA / 1º ESO

 
O alumnado de 1º de ESO anda a aprender sobre personaxes da nosa mitoloxía. Tamén leu varios textos da "Fauna máxica" de Álvaro Cunqueiro na súa obra  Escola de menciñeiros. Despois botouse a crear ata compoñer colectivamente este pequeno bestiario. 
Para ver as criaturas inventadas, preme nos nomes do seguinte índice:
 


1. A pillabina

13.A ra que hipnotiza

25.O  gapeiro

 2. O teperés

14. A Eli

26.O paxarefante

3. A lorsa

15.O rapoucho

27.O golficán

4. O loboto

16.O  bolborato

28.O T-Plus

 5. O xiraflante

17.O salburón

29. O guelirpe

6. O escaradentes

18.O raposobot

30.A tigreruga

 7. A pórcava voadora

19.A mantigoxa

31.O porcoruga

8.A pegallada

20.O paticervo

32.O tigrefante

9. O cocho-cacho

21.O xiritigre

33.O cabapato

10. A murmiga

22. O xirafante

34.O puritante

11.O escaratorpe

23. O serpón

35.O ornitotigris

12. O manolinho

24.O paticanfante

36. O hipopanda

 

Distribuir contido