MELLORES EXPEDIENTES USC 2021

29/06/2021 16:59
Europe/Andorra

 

 MELLORES EXPEDIENTES USC 2021

 

   Os alumnos de 2º BAC, Noa Codesido Centoira, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU. 
 
   Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato (Noa estudou a ESO no IES de Viós de Abegondo e Manuel no CPI Cruz do Sar de Bergondo).
 
   Noa estudiará Comunicación Audivisual; Lucía, doble grao de Filoloxía Hispánica e Galego; Nekane dubida entre Biomedicina e Farmacia; Manuel, Matemáticas; Andrea, Química; e José, Medicina.
 
 
  Parabéns para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.
 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO (IV)

Rematamos cun par de traballos máis de Sociolingüística. En primeiro lugar, o traballo de Ángela Vila, Nerea Viqueira e Ían Sánchez, que indagaron nas Redes Sociais e móstrannos as reflexións sobre a lingua dos influencers Ángela Pego, Raúl Ben e Alba, quen fala orgullosa o seu fermoso galego occidental da Costa da Morte.

 

O grupo formado por Laura, Teresa e Sara Vázquez demostraron co seu traballo que o galego non é un impedimento para triunfar fóra: Sabela, Sadanza, Media Punta e Helena Lourenzo son artistas que luciron orgullosos lingua e cultura en diferentes concursos.

 

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO (III)

 

Os seguintes traballos sobre Sociolingüística galega son, en primeiro lugar, o realizado por Javier Sánchez, Sofía Dos Santos e Sara Varela, que se informaron sobre o audiovisual galego e descubriron que incluso a plataforma Filmin ten un curruncho para o coñecido como “Novo cinema galego”.

 

E en segundo lugar, presentamos aquí o traballo feito por Iván Sanjurjo, Nerea Sandá e Yago Muíño, quen montaron este vídeo con grupos de música que lles gustaron e que inclúe tamén unha entrevista á artista Guadi Galego (ver foto), que reflexiona con eles sobre a delicada situación do galego no momento actual.

 

Guadi Galego | MYM: Mujeres y música

 

A táboa periódica

 

 

 

 

 

Temos instalada no vestíbulo unha táboa periódica interactiva, realizada polo alumnado de 4º de ESO, no marco da materia de Física e Química.

A foto desde logo non lle fai xustiza; hai que vela in situ. O resultado sorprende pola súa potencia didáctica e visual.

A graduación de Bacharelato na prensa

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe a foto da promoción de Bacharelato.

O xornal coruñés cita tamén unhas palabras do director, Francisco Rodríguez Coloma.

Traballos sobre a historia das medidas de distancias. 1º de Bacharelato

 

Os alumnos de Física e Química de 1º de Bacharelato realizaron unha investigación sobre a evolución da medida de lonxitude (distancia), plasmando o seu traballo en carteis cunha liña de tempo. Aquí tedes o magnífico resultado:

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO (II)

Seguimos coa publicación na nosa páxina dos traballos de Sociolingüística realizados por alumnado de 4º da profesora Carmen Suárez.

 

O grupo formado por Roberto Gestal, Inés Ulloa e Patricia Mato, tamén de 4ºA, fixeron unha viaxe polo pop e o indi e falaron con Xiao Berlai.

 



No caso do grupo formado por Teo Feijoo e Antón Doporto, o seu traballo serviu para nos descubrir grupos de Rock, clásico e moderno, que quixeron compartir connosco. Os integrantes de Ruxe Ruxe explica por que cantan en galego.

 

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO

22/06/2021
Etc/GMT+2

Un estudo recente da RAG sobre o emprego e coñecemento do galego entre a mocidade sinala que só un 30% ten o galego como lingua habitual e que o 35% do alumnado castelán falante remata a ESO cunha escasa competencia oral e escrita nesta lingua.

Unha das razóns que se apuntan para esta distancia entre a xente nova e o galego é a carencia de contidos atractivos para eles na nosa lingua. As rapazas e rapaces de 4º da ESO desmontan esa idea con exemplos atopados nas redes sociais, no audiovisual e nos diferentes estilos musicais : rock, rap, trap, pop, indie, tradicional. Engaden nos seus traballos a participación de músicos e influencers que comparten con eles reflexións sobre a súa relación co galego e animan ao seu uso.

Iniciamos a publicación dos traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO cun paseo polo pop, o rap e o trap en galego realizado por Jaime Carro, Ainhoa Crespo, Candela Lagares e Sergio Gayoso. Estes alumnos de 4º A conseguiron entrevistar ás integrantes de The Tetas bande De vacas.

 

 

 

No caso de Lucía Fernández e Fernando Gutiérrez, o seu traballo aborda o galego nas redes sociais, cunha entrevista á instagramer @unha_nova_paxarinha.

 

 Nos vindeiros días publicaremos máis traballos de 4º de ESO sobre sociolingüística.

 

 

 

Agora que chega o verán, fornos solares no Club de Ciencia

recordo club ciencia 20-21

Agora que chega o verán, aínda que o tempo non acompañe. Quedamos para probalos no vindeiro curso, nunha nova edición do noso Club de Ciencia. E coma recordo un marcapáxinas científico saído das nosas impresoras 3D.

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 06_Fornos solares

Debuxo dunha folerpa de Koch

No derradeiro club de Ciencia debuxamos un fractal de xeito colectivo, en concreto unha folerpa de Koch (preme na ligazón para máis info na Wikipedia)

"As marabillas sen fondo xorden de regras simples, que se repiten sen fin."

Benoit Mandelbrot (matemático francés)

 

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 05_Meteoescolas fractais: Curva de Koch para debuxar unha folerpa
Distribuir contido