Convocatoria de AXUDAS municipais para a adquisición de equipos informáticos

 

 

O Concello de Betanzos ofrece unha liña de axudas para alumnos/as empadronadas na localidade para a adquisición de equipos informáticos.

O prazo de presentación é de 30 días hábiles a contar desde o día da publicación da axuda (6 de setembro de 2021).

Para descargar a solicitude, premer aquí.

CALENDARIO AGUIAR 2022

30/09/2021 17:14
Europe/Andorra

 

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por terceiro ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar.

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce mesos do ano.

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal.

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido.

Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo.

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será o martes 2 de novembro.

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2022.

CALENDARIO ESCOLAR E DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN

30/09/2021 16:36
Europe/Andorra

 

Tras a aprobación do Consello Escolar, será trasladada á Xefatura Territorial a petición do 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022 como días de libre disposición.

 

En canto se reciba a aprobación da Xefatura Territorial, será comunicada ás familias a consideración dos devanditos días, solicitados polos centros públicos de Betanzos, como días non lectivos.

BETANZOS HISTÓRICO. O COMERCIO TRADICIONAL

28/09/2021 16:07
Europe/Andorra

 

O próximo martes 5 de outubro deste 2021 inaugúrase na Sala de Exposicións Jesús Núñez Betanzos histórico: O comercio tradicional: un conxunto das mellores fotografías realizadas por alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Francisco Aguiar. 

Os visitantes poderán contemplar ata o 29 de outubro o resultado do traballo impulsado por Xosé Manuel Rey Bao dentro do marco do Plan Proxecta Fotografía en curso.

Como anticípo e estímulo para a visita, convidamos a ver esta moi estimulante curtametraxe realizada por Julián Ferrer.

 

HORA DE LER

26/09/2021 11:50
Europe/Andorra

1ª SEMANA

 
[1ª SESIÓN]

 

Poderán os grans de area, agochados aínda nos libros, recordarnos as tardes nas praias do verán.
Agora xa o outono abre os ollos ás lecturas no pupitre das aulas. 
Nesta semana: a historia dunha pulga moi viaxeira e unha selección de microrrelatos de Ana María Matute (traducidos ao galego) do seu libro seminal, Los niños tontos.

HORA DE LER

22/09/2021 16:14
Europe/Andorra

 

 

 

   Incluída no Proxecto lector do Centro, HORA DE LER é unha das actividades pensadas para promocionar o hábito de lectura entre o noso alumnado. 

   Esta actividade consiste en dedicar os quince primeiros minutos das clases do alumnado de ESO, segundo o calendario que será divulgado semanalmente na web do centro, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). 

   Transmitir o pracer por ler é parte da nosa responsabilidade. Cando lemos con entusiasmo os textos que nos gustan, provocamos interese e transmitimos emoción pola lectura. 

   Na Hora de ler ten cabida calquera tipo de texto (non só os textos literarios) que os docentes considere motivador, interesante, fermoso... 

   A partir da semana vindeira comezaremos a publicar na páxina web do centro (e en Alto Risco , o blog da Biblio) o calendario e as suxestións semanais de lectura. Lecturas, por suposto, abertas a toda a comunidade educativa.

O equipo da biblioteca.

Información proxecto Edixgal

Adxuntamos o tríptico informativo actualizado para o curso 2021-22 do Proxecto Edixgal. Contén información de interese para o alumnado e familias da ESO nas que está implantado este proxecto.

edixgal

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Elena Fernández Cagiao, Premio fin de carreira

12/09/2021 16:11
Europe/Andorra

 

    Esta fotografía da nosa (ex) alumna, Elena Fernández Cagiao, servía para ilustrar o artigo titulado El CHUO prueba la pedagogía en pacientes con cáncer colorrectal publicado na edición de Ourense de La Voz de Galicia o 16 de agosto do 2020.
   Un ano despois, La voz de Galicia, informa de novo sobre a excelente traxectoria de Elena: ela está outra vez entre os mellores por merecer o premio de fin de carreira.

ACCESO AO TRANSPORTE PARA OS ALUMNOS SEN DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR

12/09/2021 08:06
Europe/Andorra

 


ACCESO AO TRANSPORTE PARA OS ALUMNOS SEN DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR

 

   Tras a integración, a principios deste ano 2021, das rutas de transporte escolar nas rutas comúns xestionadas por Mobilidade, para poder viaxar, como viñan facendo, será preciso que os alumnos sen dereito a transporte escolar, dispoñan da tarxeta Xente Nova, coa que poden viaxar gratuitamente os menores de 21 anos.

   Convén ter presente que esta tarxeta terá que ser solicitada en ABANCA, para o que é preciso solicitar cita previa.

 

   Para unha información precisa visiten, clicando mesmo a ligazón, a web da Xunta de Galicia: Transporte Público de Galicia.

 

 

NIEVES CALVIÑO SANTISO: Hey, That's No Way to Say Goodbye

30/07/2021 14:36
Europe/Andorra
Durante máis de trinta anos, Nieves Calviño Santiso acudiu á oficina do Aguiar co sorriso de quen chega cedo ao comezo dunha festa. Atendeu con boa disposición, amabilidade, cordialidade e vocación de servicio ás familias e alumnado. Nalgunhas ocasións, lidiou cos profesores con elegancia, poderío e, en todas as circunstancias, renunciando, con moita discreción, ao emprego do estoque.
 
Hoxe venres 30 de xullo veu traballar por última vez e, sendo un día non lectivo, non puido recibir as merecidas mostras de afecto de todos os compañeiros, dado que para moitos será unha sorpresa coñecer esta noticia.
 
Poderíamos decirlle como Leonard Cohen: Hey, That's No Way to Say Goodbye, pero Nieves non marchará nunca do noso IES. 
Deixa latexando nos nosos corazóns o pouso da súa alegría de vivir e a súa bonhomía!
Distribuir contido