Clases de Taekwondo. #Unesco

O día 19 de maio comezaron as clases de Taekwondo ofrecidas pola UNESCO de maneira gratuíta ao alumnado do IES Francisco Aguiar e impartido por profesorado cualificado do ximnasio betanceiro Han's Horang-I. As clases continuarán até o vindeiro luns 14 de xuño.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Taekwondo

Revista Proyecto Culinario 1º ESO D

En nuestro día a día está muy presente todo lo relacionado con la alimentación, de ahí que este curso los alumnos de 1º ESO hayan trabajado este tema elaborando una revista culinaria en la que tienen cabida recetas muy variadas, entrevistas a cocineros/as, muy especiales, y pequeñas obras literarias muy creativas.
 

Convocatoria do Premio extraordinario de Bacharelato

Cuatro alumnos compostelanos son premios extraordinarios de bachillerato

 

O premio extraordinario de Bacharelato busca premiar o alumnado cun mellor expediente académico nos estudos de Bacharelato.

Poden concursar neste premio o alumnado que rematou os seus estudos de Bacharelato na Galiza no curso 2020/21 e obtivese unha cualificación media igual ou superior a 8.75.

O premio conciste nun premio en metálico e a exención de matrícula no primeiro curso universitario, ademais de optar ao Premio Nacional de Bacharelato.

 

O prazo para concursar remata o vindeiro 26 de maio. Consulta os detalles aquí.

HORA DE LER

23/05/2021 14:41
Europe/Andorra

 

31ª SEMANA 

[1ª SESIÓN] 

Esta semana os lectores poden escoller ler (aínda que as aulas carezan do bucolismo que envolve a muller pintada por Henri Labasque) un relato de Inma López Silva ou ben un conto de Laia Jufresa.

 

Exposición de fotografías do Concurso Letras Galegas 2021

As propostas do concurso das Letras Galegas con textos de Xela Arias, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Concurso de fotografía Letras Galegas 2021

Entrega de premios da Xincana Matemática. E novo reto!

Esta mañá foron entregados os premios ás alumnas e alumnos participantes da Xincana Matemática, unha actividade organizada polo Club de Ciencias.

Parabéns, rapazas! Ben feito, rapaces!

 

Atréveste co novo reto?

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> Entrega de premios da Xincana Matemática

Acortamos distancias co pasado: ''Hablan las fotos'' traballos de Antropoloxía de 1º BAC

Acortamos distancias temporais, xeográficas e xeneracionais con este traballo orixinal do alumnado de 1º BAC.

Enquisa de satisfacción sobre o obradoiro de sexualidade

A asociación "Sex Point Casco" da Coruña impartiu hai un par de meses un obradoiro de sexualidade nos niveis de 1º e 4º de ESO e están moi interesadas en saber a opinión do alumnado con respecto a seu traballo. 

Podedes acceder á enquisa comodamente escaneando o código QR desde as vosas casas e non desde o instituto, onde o uso do móbil -como sabedes- está prohibido.

 



 

HORA DE LER, #DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17/05/2021 13:23
Europe/Andorra

 

 

30ª SEMANA

[6ª SESIÓN]

Na semana do Día das Letras Galegas, penden das nosas mans, en bo equilibrio, os poemas de Xela Arias.

Letras Galegas 2021 Xela Arias. Pequenos podcasts orixinais do alumnado de 4º ESO TIC

Compartimos pequenos episodios de podcasts realizados polo alumnado de 4º ESO TIC. Guións, locucións e montaxes orixinais do alumnado que, este ano, quixemos adicar a celebrar o día das Letras Galegas. 

En espera das entregas máis rezagadas, podedes disfrutar dos primeiros na nosa canle de ivoox:

 

Distribuir contido