Salvando as ''distancias'' en Tecnoloxía: experiencias coa ponte autoportante de Leonardo da Vinci en 2º ESO

Leonardo da Vinci (1452-1519) tivo un enxenio creativo desbordante: pintor,  anatomista, arquitecto,  paleontólogo, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil.

Dende Tecnoloxía en 2º da ESO decidimos acercarnos un chisco á súa figura, saltando unha distancia no tempo, para centrarnos nunha das súas sorprendentes invencións, unha das súas máis enxeniosas pontes para salvar distancias no espacio. Trátase da súa ponte autoportante, un deseño que por si mesmo, sin clavos nin pegamento é capaz de aguantar unha grande cantidade de peso como pode verse nos vídeos que se ligan a continuación:

Este curso, polo motivo de desinfectar e de empregar material individual, nós estamos a imprimir as nosas propias pontes en 3D segundo a nosa adaptación do modelo, que podes atopar se desexas reproducila en Thingiverse. O plástico empregado é PLA e desinféctase con facilidade, aínda estamos a fabricar e a construir na clase os nosos modelos pero, estamos tan entusiasmados co resultado que queriamos compartir esta experiencia convosco.

Atreverémonos no futuro a facer unha ponte a maior escala con madeira? Lanzarémonos a modelar un domo autoportante? O de salvar distancias espazo temporais eticsbeta aprender de deseños perfectos do mundo antigo é algo que cautiva e engancha, .... logo, xa se verá.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ponte autoportante de Leonardo da Vinci (tecnoloxía 2º ESO)

HORA DE LER

31/01/2021 13:24
Etc/GMT+1

 

 

 

16ª Semana 
 

[3ª Sesión]

 

No noso caso non sucede o mesmo que lle ocorre ao lector que pintou Jean-François Martin.

As páxinas escritas por Dino Buzzatti ou Olga Patiño non están en branco!

 

 

HORA DE LER

23/01/2021 17:57
Europe/Andorra

 

 

15ª Semana 

 

[3ª Sesión]

 

Estando a ler, «onde queira que sexa», fábulas de Esopo ou relatos de Isaac Rosa.

Folerpas de neve. Meteoescolas de Nadal

Anticipándonos á borrasca Filomena, dende o equipo de 'Meteoescolas' do Aguiar elaboramos folerpas de neve co alumnado de 1º ESO.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Meteoescolas decembro: folerpas de neve

Chegou aos nosos oídos...El Parque del Pasatiempo, por Angel Arcay et alia

Chegou aos nosos oídos .... a aparición dunha nova publicación sobre o Parque do Pasatempo. Tras dela, entre outros, o noso aprezado ex alumno, Angel Arcay Barral acompañado por dous fieis co-currantes a favor do Parque do Pasatempo : Yosu Duo e Josiño Souto.

Pero... ninguén mellor que Ángel para explicarnos alguns aspectos sobre a súa obra.

 

Quen é Angel Arcay?

Ángel Arcay Barral é un antigo aluno do IES Fco. Aguiar que despois estudou Historia e trata de vivir dela. A través da historia chegou ao mundo dos arquivos e da interpretación do patrimonio, que son as dúas cousas que lle dan de comer. Acaba de presentar un libro sobre o Pasatempo feito con dous amigos, Yosu Duo e Josiño Souto.

 

Por que o Pasatempo? 

Porque foi unha aventura que comezou José Souto fai case unha década, investigando algo aínda descoñecido, e ao que nos sumamos moita xente despois. Tiñamos a obriga de xuntar toda a información recollida nestes anos para poder presentarlla de forma coherente á xente. E non deixa de ser algo que facemos nos nosos ratos de ocio, polo que foi tamén unha maneira de levar mellor o encerro do 2020, compartindo investigacións e traballo con amigos, tanto os que asinan o libro, como os que colaboraron con el.

 

 

Como ves a situación do patrimonio no Concello e na bisbarra?

 

A nivel patrimonial Betanzos é unha gran potencia, pero considero que non se soubo vender para facer isto atractivo. E para min, que tamén son guía oficial de turismo, o patrimonio natural que hai na bisbarra é o complemento perfecto para un destino turístico que podería competir directamente cas grandes cidades, especialmente no turismo que virá cando desapareza a COVID-19.

 

 

Que dirías a autoridades e cidadáns respecto ao Pasatempo e ao Patrimonio en xeral?

 

Diríalle que se animen a coñecelo, porque é algo único no mundo e ten tantas posibles lecturas que seguro que lle acaban atopando interese por algún lado. Na Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo(link) hai un grupo moi heteroxéneo de xente que nos permite apreciar o Pasatempo dende o punto de vista da historia, da arte, da educación, da arquitectura, da ética, da botánica e un longo etcétera. A figura do Pasatempo pode rachar ca imaxe que temos do patrimonio, quizáis máis estático e formal, porque permite centos de lecturas que se complementan unhas con outras.

 

 Só queda, pola nosa parte, dar grazas a Ángel polas súas palabras, polo seu libro e  pola súa dedicación ao estudo, divulgación e valoración do patrimonio betanceiro. 

 

HORA DE LER

17/01/2021 15:44
Europe/Andorra

 


14ª Semana 

 

[2ª Sesión]

 

Asumindo riscos: a poesía de Carlos Negro ou a narrativa de Ernest Hemingway.

HORA DE LER

10/01/2021 11:38
Europe/Andorra

 

 

 

 

 

13ª Semana 

[1ª Sesión]

 
Chegada (e de que maneira!) xa neve... estando a ler, xelados neste xaneiro, contos de neve, contos da Terra do Caurel: Isaac Bashevis Singer e Ánxel Fole.
 
 

 

HORA DE LER

07/01/2021 15:23
Europe/Andorra

 

 

 

12ª Semana 

[6ª Sesión]

 
Comezando a volta ás aulas detrás da ventá. Ao abrigo. Esperando a neve... 
Lendo os relatos de Ignacio Aldecoa e Ánxel Fole.
 
 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Juan Luis García, protagonista da curtametraxe El nuevo método

02/01/2021 16:21
Europe/Andorra

Mateo García dirixe esta curtametraxe na que o noso exalumno Juan Luis García participa como coprotagonista.

Parabéns polo traballo.

 

FELIZ NADAL

23/12/2020 19:04
Europe/Andorra

 

 

 

Distribuir contido