"SON AGUIAR" Hoxe no recreo falamos de... ECOLOXÍA con Celtia

13 de febreiro. Celebramos.... o DÍA DA RADIO. 

Que mellor maneira que botando de novo a andar a nosa radio, "SON AGUIAR" !!

Para este retorno radiofónico contamos con tres 

espilidas

esperanzadoras

especiais

espumantes

reporteiras:

emma,sofia,paula

 

 

 

Autopsias tecnolóxicas (I)

 

 

Que sabemos dos aparellos tecnolóxicos que nos arrodean na nosa vida cotiá?.

 

Dentro da materia de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato este curso realizamos unha actividade onde os alumnos e alumnas desmontaron e montaron ordenadamente todo tipo de aparellos e máquinas coas que convivimos, explicando o seu funcionamento.

Esta é unha primeira mostra de "autopsia tecnolóxica", realizada por Brais Cano.

 
 
 

 

Chegou aos nosos oídos....as Montero (Aliboria) na RTVE

 Chegou aos nosos oídos... a participación da saga das Montero (Aliboria) o martes 9 de febreiro no programa de RTVE presentado por Ariel Rot  "Un país para escucharlo". 

Ollade como o presenta a propia Andrea: 

A música non é menciña, non é ciencia, pero sabe curar que flipas. Agradecida! 

 Nós tamén agradecidos por esta saga de irmás e curmás que seguen pelexando por manter a nosa tradición e por renovala

 

'Pareidolia' curso 20-21, fotografías orixinais do alumnado de 3º ESO

A pareidolia  é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible.

O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto un curso máis, coma sempre, con resultados divertidos e sorprendentes.

No #11feb día internacional da muller e da nena na ciencia dende a Biblioteca recomendámosvos #NomoreMatildas

Imaxínasche que pasaría se Einstein nacese muller? Pois que probablemente, hoxe non saberiamos quen é Einstein. E é que os méritos dos seus descubrimentos levaríallos algún compañeiro de investigación ... ou mesmo o seu marido.
Este fenómeno, que se coñece como Efecto  Matilda en honra a  Matilda  Joslyn  Gage, a primeira activista en denuncialo, sinala a inxustiza que ignorou, de forma sistemática, os achados de  brillates científicas ao longo da historia.....
Así  comeza ou manifesto dá web #nomoreMatildas que tenta concienciar da ausencia de referentes científicos femeninos nos libros de texto.

Para que podades ler e reflexionar sobre o tema, recomendámovos 3 libros ilustrados disponíbeis nesta web:

cuentos matildas

Aprendo Programando ''As etapas xeográficas do Camiño Francés a Santiago'' Xacobeo 2021 en 1º da ESO

En Programación 1º da ESO seguimos aprendendo co Camiño de Santiago neste ano Xacobeo 2021 no que non temos máis remedio aínda de percorrer o camiño de xeito virtual.

Para que nos acompañedes e aprendades con nós, creamos uns videoxogos (está mal que a profe o diga pero, son espectaculares!!!) recollidos no estudo de Scratch ao que podedes acceder clicando na imaxe seguinte.

xogo km estudo scratch

Para xogar selecciona o xogo e preme a bandeira, desprázate coas frechas, recolle cousas positivas e esquiva as negativas que restan vidas. E, moi importante, disfruta das paisaxes e dos cambios que apreciarás nos diferentes tramos do Camiño.

Grazas a Julián Ferrer e ao departamento de Xeografía e Historia por axudarnos a programar esta viaxe!

Nota: se queredes escoitar ''miañar'' o que tedes que xogar é ao ''Gatoregrino'' de David ou o Xogo dos km de Óscar. Se queredes ver uns deseños xeniais, aparte dunha programación impecable, tedes que probar os xogos de Lucía, Judith ou Ángela. 

ticsbeta

 

Charlas na Semana da Muller e a Nena na Ciencia

 

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, e concretamente a profesora María Jesús Santamariña, está a organizar unha serie de charlas telemáticas sobre ciencia que teñen como obxectivo espertar vocacións científicas nas nenas e rapazas do noso instituto.

Entre o 10 e o 18 de febreiro celebraremos, pois, a "Semana da Muller e a Ciencia", co fin de promover a cultura científica en feminino e dar recoñecemento ao traballo de mozas científicas galegas, que están a realizar brillantes investigacións no campo das Ciencias Biomédicas e as Ciencias Sociais.

HORA DE LER

07/02/2021 09:55
Europe/Andorra

 

 

 

O pintor hiperrealista Matthew Grabelsky leva anos pintando óleos nos que metamorfosea os corpos de mulleres e homes co implante da cabeza dun animal. Da serie de cadros inspirada nos lectores do metro de NYC, escollemos a que ilustra o cartel desta semana tan atípica de entroido.

O tenro rapaz (ou rapaz-tenreiro?) non está a ler, como podemos facer nós, a Clarice Lispector,  Xosé Miranda e Antonio Reigosa ou Carlos Casares.

 

***

Entroido, antroido, entroito...    son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
 
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Queres saber de onde xorden estas personaxes?
   
   Para entender a ambos personaxes primeiro hai que coñecer de onde veñen o Carnaval e a Cuaresma. O Carnaval ten a súa orixe no mundo clásico grecorromano, nas festas de saturnalia, en honor ao deus Saturno, ou nas bacanais, en honor ao deus Baco. Nelas dáse renda solta ao exceso e ao desenfreo nos praceres carnales, a gula e a lujuria. En cambio a Cuaresma ten a súa orixe na tradición cristiá. Simboliza a proba bíblica de Jesús de Nazaret ao vivir durante 40 días no deserto. A Igrexa Católica ao longo deses 40 días chama aos seus fieis a un periodo de penitencia, reflexión, ayuno e abstinencia.
   Na Idade Media, a rectitud da relixión cristiá podíase relaxar durante o periodo de "Carnestolendas". Recordemos, como indica Xullo Caro Baroja, que ata o século XVI non se comeza a utilizar o término Carnaval en castelán, posiblemente derivado de "Carnavale" de orixe veneciano. As Carnestolendas comezaban inmediatamente antes que a Cuaresma e esta antes de Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos. Esta data é movible e correspóndense co primeiro domingo logo da primeira lúa chea que aparece a partir do 21 de marzo. Corenta días antes, que corresponde a un mércores, terminaban as Carnestolendas co Mércores de Cinza. Os días previos, luns e martes a moral cristiá deixábase de lado para gozar dos praceres da vida ou realizar actos irracionales como trabucar palabras e colocar utensilios fóra do seu sitio. Polo si ou polo non, para non ser recoñecidos, a xente disfrazábase ou enmascaraba.

 

 

'Desde a xanela', tamén no 2021, fotografías orixinais do alumnado de EPVA de 3º ESO Plan Proxecta 'Fotografía en curso'

Doutra volta, diferente, seguimos agardando e mirando ao exterior dende as nosas xanelas, luminosas unhas, indiscretas outras... esperando o momento en que a pandemia desapareza e nos permita volver a tomar as rúas, os espazos abertos.

Compartimos, de novo con vós, os fermosos traballos fotográficos orixinais do alumnado de 3º ESO e J.M. Rey Bao, dende as xanelas.

ENCHENDO DE CONTIDOS AS PÁXINAS DE PRENSAESCUELA

03/02/2021 07:30
Europe/Andorra

 

 

 



 

Betanzos, una ciudad y un instituto abiertos al mundo 

2 febrero, 2021 

Instituto Francisco Aguiar (Betanzos) 

Profesores: Elvira Castro (Lengua Castellana) Julián Ferrer (Historia)

   Betanzos es una localidad abierta al exterior. Primero como punto de partida de emigrantes hacia América sobre todo en el siglo XIX y XX, personas que buscaban una vida mejor. El ejemplo más importante es el de los hermanos García Naveira, Juan María y Jesús, que se marcharon a Argentina, donde hicieron fortuna, y al volver a su tierra fundaron un asilo para mayores, una escuela infantil, un lavadero público y el conocido parque del Pasatiempo, como zona de esparcimiento y cultura. Ellos, como otros muchos antes y después, dejaron un legado indiano en la ciudad y comarca.

[...]

Pinchando esta ligazón, acceso á reportaxe

Pinchando esta ligazón, acceso ao traballo por proxectos.

 

Prensaescuela, La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2021.

Distribuir contido