CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Xesús Fraga: Premio Nacional de Narrativa

15/10/2021 08:45
Europe/Andorra

 

Parabéns ao noso exalumno Xesús Fraga, que ven de recibir onte o máximo galardón institucional ao que pode aspirar un narrador: o Premio Nacional de Literatura por Virtudes (e misterios)

 

Cando obtivo o Premio Blanco Amor, Xosé Manoel Rodríguez escribiu sobre esta obra presentada á concurso co lema A miña familia e outros emigrantes:A novela, segundo se recolle na acta, recrea «as vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas, marcada pola emigración a América e a Europa. Trátase dunha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai». Con Londres como epicentro narrativo, e Venezuela como contrapunto, o xurado salientou á hora de dar a coñecer a súa decisión «a relación interxeracional permanente entre o neto e a avoa, unha figura forte que representa a épica das mulleres galegas nun tempo de extremas limitacións». O tratamento da linguaxe e a variedade de rexistros fai que sexa «unha novela para todo tipo de lectores».