*
IES Francisco Aguiar - Curso 2023-2024Teléfono: 881 960 165Correo: ies.francisco.aguiar@edu.xunta.gal
|
||||||
CALENDARIO EXAMES FINAIS DE MATERIAS PENDENTES 23-24
CALENDARIO EXAMES FINAIS ORDINARIOS 2º BAC
2º BAC A - 2º BAC B - 2º BAC C - 2º BAC D
HORA DE LER #DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Agradeceriamos saber dicir quen é o autor da ilustración do Museo de Pontevedra.
É perfecta para explicar cal é o pracer que obtén o lector dos poemas de Música reservada!
Club de Lectura en francés
Hoxe foi a última sesión do Club de Lectura en francés con alumnado de E4 e B1. Léronse tres obras: Voyage en Auto-Stop, Train de nuit e On a volé Mona Lisa.
O club, ademais, servíu para preparar o DELF B1 dos estudantes de bacharelato.
Grazas pola vosa participación e entusiasmo!
Obradoiro de escrita creativa
Os días 17 e 18 de abril, o alumnado de 3º da ESO recibíu un Obradoiro de escrita a cargo de Antía Otero, de Apiario Editora.
Organizado polo Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
HORA DE LER
As pernas da nai como o mellor atril onde pousar o libro que queremos ler...
Entre as suxestións de lectura para esta semana uns poemas de Paul Auster, e os relatos de Lucia Berlin e Luisa Castro.
Contacontos - Día das Letras Galegas 2024
O alumnado de E1 asistíu a unha actividade de Normalización sobre Luísa Villalta da man de Polo Correo do Vento, organizada polo concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización Lingüística.
Charlas inmigración II
Os días 2 e 3 de maio, celebráronse no noso IES, como vén sendo habitual dende hai case unha década, os Encontros con maiores de Afundación coa temática da Emigración. Nesta segunda volta, o alumnado de 3º da ESO puxo en común cos catro voluntarios participantes os seus pequenos traballos, froito da investigación na súa contorna sobre esta temática.
A actividade foi un éxito e moi ben valorada tanto polo alumnado como polos voluntarios participantes.
Esperamos seguir realizándoa en vindeiros cursos!
ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS
ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS
A conversa con Ismael flúe sen pausas, ou, mellor dito, sen perdas de tempo. Contra o reloxo.
Queremos falar, desde o entusiasmo, sobre A parte fácil (Xerais, 2023) / La parte fácil (las afueras, 2023), a súa primeira colección de relatos.
Entre as virtudes de A parte fácil, a inequívoca planificación do libro como un todo (personaxes que, sendo secundarios nunha historia, reclaman os focos na que lles corresponde protagonizar), un abano temático que evita as reiteracións, unha consideración do relato como un lenzo renacentista e a execución poemática do texto, que leva a Ismael a dispor cada unha das súas partes de modo milimétrico no conxunto.
Non hai en A parte fácil personaxes planos.
As historias secundarias que, nunha primeira lectura, parecen obeceder a intención do autor de crear un Macguffin, resultan ser, no remate do conto, non un prescindible instrumento de distracción, senón a xema coa que, o Ismael Ramos orfebre, pecha o engarce da xoia, xa sexa unha cazola cun guiso de lebre ou un inesperado corte pelo.
Esa querencia de Ismael Ramos polo detalle explica a complexidade das historias, que obrigan ao lector a reposicionarse cando contempla a escena no seu conxunto. En Unha trampa para coellos un inxenuo lector, na primeira parte do relato, asiste, incrédulo, ás diversas reaccións de tres fillos ante o falecemento da súa nai. O que semellaba ser unha sátira sobre o desafecto e a ocultación da morte na sociedad contemporánea, remata sendo unha moi lúcida diagnose sobre os terribles efectos da emigración nas relacións parteno-filiais.
O cactus, o bote de melocotóns en almíbar ou a grabación da boda na que aparecemos levando as arras á nosa madriña, testemuñan unha evidencia: «el futuro es un tigre».
A algúns xa lles ten mordido.
A outros, aos que seguen a preguntar quen apañou a botella de tequila, axiña lles morderá.
E si, xa antes das 21 horas tiñamos admitido que Amy Hempel leva razón: parar de afundirse non significa non seguir baixo a auga.
Francisco Rodríguez Coloma [Texto]
&
Ana Tomé [Fotografías]
Morning Snack
No marco dunha unidade de inglés sobre comida, os estudantes de 3º A PDC participaron nun pequeno "Morning Snack" na cafetería do centro. Trouxeron preparados da casa diversos snacks doces e salgados para degustar. Ademais, representaron pequenos diálogos no papel de camareiros/as e clientes.
Un xeito diferente e delicioso de comezar a mañá.
Parabéns ao alumnado pola súa implicación e entusiasmo nesta actividade!