Outras actividades

Libro de receitas do Samaín 17/18

Xa temos aquí o Libro de receitas do Samaín de Infantil e Primaria; traballo realizado por todo o alumnado do colexio. Achegamos neste documento unha escolma de receitas terrorificamente saudables.

Anímaste a practicalas?

25 de novembro de 2017: "Día contra a violencia de xénero"

NON É NON “, no meu centro.

O meu centro, espacio libre de agresións sexistas.

Sensibilización, Prevención e Acción.

    “O Muro contra a Violencia de xénero constrúese ladrillo a ladrillo entre todos/as”


Este mes de novembro co gallo  da celebración do Día Internacional contra a Violencia de xénero, o próximo 24 de novembro faremos un acto conmemorativo no cole. A proposta é a seguinte:

 

  • Facer un muro simbólico no patio con ladrillos, feitos con envases de tetrabrik, con lemas en contra da violencia de xénero.

  • Cada neno fai o seu ladrillo. Un envase de tetrabrik forrado cun folio. O folio pode estar decorado libremente.

  • O lema do cole é : “ NON É NON” . Explicámoslle ao alumnado o seu significado e ademais  cada clase inventa o seu propio lema.

  • Traballamos ó longo da semana  a canción “Son muller” do grupo Máis boas cás patacas, formado por  rapazas gañadoras do III Certame musical xuvenil da Deputación da Coruña. A canción reivindica a liberdade da muller fronte aos estereotipos sexistas.

Preme na imaxe para escoitar a canción

mais boas cas patacas

A súa letra ímola traballar como un tipo de texto:

Ligazón á letra da canción

 

Máis información:
https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_la_Eliminaci%C3%B3n_de_la_Violencia_contra_la_Mujer


"Orballando novas"

 

Informativo do tempo: "Orballando novas"

Arrincamos un novo proxecto interdisciplinar que realizaremos nos niveis de 5º e 6º, un informativo semanal do tempo que decidimos bautizar co nome: "Orballando novas". Eliximos ese nome neste momento de seca histórica, para deste xeito, invitar á chuvia, a vir e quedarse uns días connosco.

Cada mércores, facendo coincidir co programa de "Prensa Escola" da Voz de Galicia, estudaremos en profundidade o tempo meteorolóxico pronosticado para a fin de semana. Deste xeito pensando no P.D.I. deste curso "Vivindo san no cole Frian" queremos axudar á Comunidade Educativa a que organicen a súa fin de semana saudablemente dependendo do tempo: un paseíño en bici, unha ruta polo monte, un baño na praia ou actividades a cuberto se o tempo non acompaña.

Con este traballo semanal aproveitaremos para colaborar co Proxecto MeteoEscolas que estreamos este curso; deste xeito uniremos distintos programas, plans, proxectos e departamentos que funcionan no noso colexio.

O traballo será de lectura das novas do tempo na prensa diaria, de búsqueda de información en meteogalicia.gal, de preparación de guións dos distintos programas, de traballo de fotografía para os distintos escenarios, de produción e realización do mesmo, etc. Para realizar todo este traballo contaremos co soporte técnico dos nosos ipads con distintas aplicacións e o noso interese. Empregaremos música e imaxes propias ou de dominio público.

Prestade moita atención e ata a vindeira semana!

Este programa podédelo seguir no Espazo Proxecta, na columna dereita desta páxina ou premendo no enlace.

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

Presentamos o proxecto de robótica ao noso alumnado de 6º antes de comezar a Semana STEM. O mestre Edu presentounos dous tipos de robots  para irnos familiarizando co mundo da  robótica e da programación.

Moitas grazas profe Edu, aprendemos moito contigo!

Neste mesmo senso de actividades, o domingo 12 de novembro, o alumnado de 6º viaxou ata Mondariz Balneario para realizar unha semana de inmersión nas Matemáticas, Tecnoloxía, Robótica, Programación...

Desfrutade e aprendede moito!

 

Na seguinte ligazón podedes atopar fotos destas actividades:

https://www.vermislab.com/semana-stem/

 E se premedes na palabra ROBÓTICA podedes comprobar o noso traballo semanal

 

O Día das Bibliotecas Escolares 2017

CELEBRACIÓN DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 Co gallo  da celebración do día das bibliotecas escolares ( 24 de outubro), esta semana tivemos un xogo de búsqueda do tesouro na nosa biblioteca. No tesouro había pezas para insertar nun mural.A tarefa final é elaborar entre todo o cole un mural colaborativo. Baixo o lema do noso PDI : “VIVINDO SAN NO COLE FRIAN”, o mural vaise  ir completando cos “conselliños saudables” que cada semana elaborará cada clase. Deste  xeito  ó final de curso estarán recollidos todos os consellos saudables que compartimos con toda a comunidade educativa para vivir san no cole Frian.

 

    O alumnado de infantil disfrutou coa búsqueda do tesouro. Disfrútao:

 

En primaria tamén resultou unha actividade motivadora:

 

Powered by Drupal - Design by artinet