Outras actividades

Obradoiro de dobraxe

Hoxe luns, 23 de febreiro, o alumnado de 4º e 6º disfrutou dun obradoiro de dobraxe en Lingua Galega en colaboración co Concello . Da man de dous profesionais recoñecidos coma Manuel Pombal e Suso Pando, descubrimos os pasos para facer a dobraxe dunha película. Debemos ler e aprender os diálogos para a continuación cadrar a voz cos xestos dos personaxes. Practicamos a técnica da dobraxe grabando un episodio de Bob esponja. Foi moi entretido.

 

 

Ata sempre!

 

Ludoteca Lingüística, xaneiro 2014

Facendo xogos populares e lingüísticos, ( sempre fomentando o uso do galego ), nesta ludoteca o alumnado de 5º foi superando as distintas probas que lles propoñían as monitoras, sendo estos xogos, rotatorios e cooperativos ao mesmo tempo.

TARA-RIRO-RIRO-RIRO

Hoxe, 16 de decembro, a piques de ter as vacacións de Nadal, o alumnado de 6º tivemos un obradoiro de "Regueifas"

 

   

Pan de voda, copla popular, versos octosílabos, rima nos pares...forman xa parte do noso vocabulario. Escoitamos, cantamos, creamos... un obradoiro moi entretido para o alumnado e o profesorado.

Ata a próxima!

Obradoiro "Os bosques que falan"

A continuación poderedes ver un PPT feito a partir do obradoiro que tivemos terceiro A e B de “Bosques que falan”. Ademáis de aprender sobre os nosos bosques, flora e fauna, practicamos o vocabulario en galego e fixemos uns vistosos murais en grupo. Pasámolo xenial…

A TOPONIMIA

toponimia1

O grupo de 4ºA participou esta mañá nun obradoiro de toponimia .

Aprendemos de onde veñen os topónimos das parroquias de Vigo e outros.

toponimia2

Rematamos facendo un CALITOPO, un caligrama dun topónimo.

toponimia3

 

Powered by Drupal - Design by artinet