Sesións

Finalización do proxecto de robótica no curso 17/18

O pasado martes 22 de maio pechamos o Proxecto de Robótica cunha charla informativa á que asistiron moitas familias do noso alumnado.

Esta xornada tivo dúas partes ben diferenciadas.

Nunha primeira parte, a mestra Raquel iris (coordinadora do proxecto) explicou as actividades desenvolvidas o longo do curso; a relatora María Nimo, especialista nesta temática, explicounos polo miudo os beneficios da robótica nestas idades.

Nunha segunda parte o alumnado presente de 5º, 6º e educación infantil, demostrounos as súas habilidades e os retos acadados ó longo do curso. Botamos de menos ao alumnado de 4º que estaban de excursión ese mesmo día. O ano que vén contamos convosco.

No seguinte vídeo podesde ver os distintos retos acadados:

 

 

Moitas grazas a toda Comunidade Educativa en especial ao alumnado que preparou a xornada con moito entusiasmo.

Ata o vindeiro curso!

Mbot interpreta a música de Star Wars

O alumnado de 4º, 5º e 6º acadaou un novo reto robótico, esta vez relacionamos música e robótica. O alumnado debía pensar como programar mbot para que, tocando disitntas teclas do mando sonase a banda sonora de Star Wars. O reto non foi fácil porque tiñamos que programar varios conceptos; por unha banda notas e por outra a duración das mesmas.

E despois de pensar, probar, ensaiar, equivocarse, rectificar...o reto o foi conseguido!

 

Ben feito rapaces e rapazas!

A domótica chega ao horto de Frian

De xeito experimental e axudados pola robótica estamos a deseñar en 5º e 6º un rego automático para o noso horto.

Para levar a cabo este reto debemos recoller información sobre as necesidades de rego das distintas especies sementadas no mesmo. Despois de manexar a información programamos as placas dos nosos mbot para que sega as instruccións.

Non é un reto fácil, pero dedicándolle tempo seguro que o conseguiremos.

Ao rego nocturno, añadirémoslle un control de temperatura e tamén un xardineiro vixiante que fai quendas de vixiancia polo memo.

Para poñer en práctica o noso deseño robótico, nas clases de bilingual, construimos unha maqueta do horto e a decoramos con plantas moi ecolóxicas.

 

No seguinte vídeo observade a maqueta e a programación dos mbot.

 

Creo que podemos dicir..."Reto conseguido"

Reto: Mbot musical

Esta sesión con Mbot foi dirixida pola mestra de música. O reto moi musical. Programar ao Mbot para que toque a escala musical. No seguinte vídeo podes saber si foi conseguido ou non.

Powered by Drupal - Design by artinet