Sesións

Reto 0: 5ºA e os Mbot. (Partes e montaxe)

O alumnado de 5º realiza nesta sesión o recoñecemento das pezas do Mbot e o posterior montaxe do mesmo. Despois de ter leído as instruccións procedemos a montar os nosos robots con moito coidado. Os parafusos resistírónsenos un pouco, pero ao final cadanseu rematou no lugar axeitado. O alumnao de 6º atendeu as peticións de axuda do alumnado de 5º, así resolveron algunhas dúbidas que foron xurdindo, moitas grazas.

Noraboa polo voso traballo, moi serio e profesional!

 

 

 

Identificamos as partes dun robot

BEE-BOT BENVIDO DE NOVO

O ano pasado xa coñecimos a Bee-bot , a nosa amiga a abelliña intelixente coa que pasamos momentos moi divertidos. Este ano Bee-bot volve a visitarnos de novo para pasar un rato divertido. Nesta primeira sesión cos nenos de 4 e 5 anos volvemos a tomar contacto ca nosa amiga, e en vindeiras ocasións faremos xogos con ela para coñecer todas as súas utilidades.Estamos encantados!!!

 

                                                                                         

Resultado de imagen de dibujo niño bee bot

Robótica co profe Edu

Presentamos o proxecto de robótica ao noso alumnado de 6º e 5º antes de comezar a Semana STEM. O mestre Edu presentounos dous tipos de robots  para irnos familiarizando co mundo da  robótica e da programación.

 

 

Moitas grazas profe Edu, aprendemos moito contigo!

 

Comisión Tic de 6º presenta a Mboot

O alumnado de 6º integrante da Comisión TIC, realizou para rematar o mes de novembro a presentación dos "mboot" nas distintas aulas do Centro. Como poderedes ver no seguinte vídeo teñen moito control destes novos compañeiros de traballo. Prometeron volver cando aprendan máis cosas.

 

Moitas grazas polo voso traballo!

Powered by Drupal - Design by artinet