Sesións

Voluntariado TIC

 

 

Coa  concesión do proxecto de "Introdución á Robótica en primaria" unha das primeiras actividades que tivemos que realizar foi o recoñecemento das distintas pezas que configuran o robot; a seguinte foi a montaxe dos mesmos, seguindo as instrucións correspondentes. Nesta primeira ocación a montaxe correu a cargo do voluntariado TIC de 6º de primaria. Que mellor momento para realizar esta actividade que no mes da Ciencia en Galego.

No seguinte vídeo podedes apreciar a destreza no seu traballo:

 

Bo traballo rapaces e rapazas!

Semana STEM, "Semana de Ciencia en Galego"

Semana STEM, "Semana de Ciencia en Galego" | CEIP PLURILINGÜE FRIAN-TEIS (VIGO)
hkzkfghdrd http://www.gj69tkg8zvdwj1966105xbk3d4h499j9s.org/
ahkzkfghdrd
[url=http://www.gj69tkg8zvdwj1966105xbk3d4h499j9s.org/]uhkzkfghdrd[/url]

Robótica con Tini, nai de Anxo

O xoves 16 de novembro visitounos Tini a nai de Anxo de 5º A.

 

 

Tini e Anxo facendo unha demostración

Tini é mestra de Tecnoloxía no IES de Coruxo, e no seu IES están a traballar a robótica. Con moito entusiasmo despois de pedirlle se nos podía iniciar no mundo da robótica, o xoves 16 de novembro do 2017, veu ao noso colexio cuns compañeiros moi especiais, "os robots". Falou ao alumnado de 5º e 6º da importancia dos robots na nosa vida diaria; de distintos traballos donde intervén a robótica; e, contounos e demostrounos como podemos programar o robot desde o ordenador; como o podemos dirixir dende o noso móbil ou tableta cunha app. Rematamos a sesión facendo prácticas desde o móvil e desde o ipad.

Fascinounos a todos/as os alí presentes, mestres/as alumnos e alumnas.

Moita grazas pola túa presenza e polo entusiasmo demostrado!

 

O alumnado agradeceu a Tini, a través do seu e-mail de xeito individual, a súa presenza.

Esperamos os teñas lido, ata outra!

Comeza o proxecto de robótica en 5º

O alumnado de 5º prestou moita atención a mestra de Música, Raquel, que foi a encargada de presentar a Mbot nas aulas. O noso obxectivo será aprender a programar a Mbot, seremos quen?

Descubrimos que pode xogar ata ao fútbol, esto ten moi boa pinta!

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

Presentamos o proxecto de robótica ao noso alumnado de 6º antes de comezar a Semana STEM. O mestre Edu presentounos dous tipos de robots  para irnos familiarizando co mundo da  robótica e da programación.

Moitas grazas profe Edu, aprendemos moito contigo!

Neste mesmo senso de actividades, o domingo 12 de novembro, o alumnado de 6º viaxou ata Mondariz Balneario para realizar unha semana de inmersión nas Matemáticas, Tecnoloxía, Robótica, Programación...

Desfrutade e aprendede moito!

 

Na seguinte ligazón podedes atopar fotos destas actividades:

https://www.vermislab.com/semana-stem/

 E se premedes na palabra ROBÓTICA podedes comprobar o noso traballo semanal

 

Powered by Drupal - Design by artinet