Traballos escolares

traballos escolares

AS PRESENTACIÓNS DOS ANIMAIS TRABALLADOS NA AULA

Os alumnos e alumnas de 5º estivemos a traballar en coñecemento do medio os animais: clasificación, funcións vitais...

Como broche final fixemos por parellas unha investigación máis a fondo de diferentes animais. Unha vez recadada a información e preparada unha presentación, xuntámonos todos os compañeiros e levamos a cabo unha exposición dos nosos coñecementos.

Queredes ver o ben que o fixemos??? Só tendes que clicar no vídeo:

 

CALIGRAMAS DE OUTONO

Agora que o tempo se asemella ao do Outono, os nenos e nenas de 2º decidimos facer uns caligramas con palabras relacionadas con esta estación. Aquí vos deixamos un pequeno libro:

REFRÁNS, CANTIGAS E ADIVIÑAS

Os nenos e nenas de 2º estivemos a traballar uns sinxelos refráns, cantigas e adivñas relacionadas co Magosto. E agora queremos compartilas con todos vós. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo. Esperamos que vos guste!

CHEGA O MAGOSTO AS AULAS DE 2º

Os alumnos e alumnas de 2º dan a benvida ao magosto e a chegada das castañas. Para iso traballamos en conxunto para decorar as nosas aulas e os corredores. Pero isto só é unha das nosas actividades, estade atentos as novidades!!


 

 

 

 

 

 

 

 

XOGAMOS XUNTOS

O noso compañeiro Antón, de 2ºA, trouxo un xogo do corpo humano para compartir con todos nós. Foi un momento moi especial no que demostramos todo o que aprendemos e que somos un GRAN EQUIPO!!! Moitas grazas a Antón e a súa familia.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo dos bos momentos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet