Traballos escolares

traballos escolares

OBRADOIRO LITERARIO 5º DE PRIMARIA

Co gallo do tempo do outono os nenos e nenas de 5º de primaria están a facer poesías. deixamos aquí unha mostra:

O SAMAÍN NA AULA DE 2ºA

Esta semana celebramos o Samaín, cantas cousas e sorpresas tivemos! Comezamos coa decoración das cabazas terroríficas para colocar diante da clase e espantar así os inimigos, coma nos tempos de antes. Pero non foi o único, tamén fixemos unhas arañas e cabazas móbiles para colgar polo cole e decoralo.

Ademais resulta que nos veu visitar un monstro que se alimentaba dos medos das persoas. Non o dubidamos e aproveitamos para debuxar os nosos e darllos de xantar. Pobreciño, como eramos tantos ata empachou!

Pero, sen dúbida o mellor foi o venres cando convertémonos todos en auténticos demos, agora si que estabamos preparados para compartir cos compañeiros do cole este día tan especial.

Estades intrigados como foi todo? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo cos algúns dos momentos vividos. JA JA JA JA


TRABALLAMOS EN 5º A CHARLES DARWIN

O alumnado de 5º de primaria nas clases de Coñecemento do Medio investigaron sobre Charles Darwin. Deixámosvos a continuación o resultado desas investigacións:

O NOSO LIBRO DO ALFABETO

Os nenos e nenas de 2º démonos conta de que na clase non tiñamos un libro das letras do alfabeto, así que puxémonos mans á obra e aquí tendes o resultado. Esperamos que vos guste!!!

 

O NOSO CORPO

Os nenos e nenas de 2º A estudamos as partes do noso corpo. Realizamos entre todos un mural das articulacións aprendidas e finalizamos coa montaxe do noso novo amigo "Articulado". Como todo traballo feito con dedicación  e cariño o resultado foi incrible. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coa elaboración. Esperamos que vos guste! 

Powered by Drupal - Design by artinet