Traballos escolares

traballos escolares

A NOSA VISIÓN PARTICULAR

Nas clases de plástica de 6º, o alumnado, dirixidos pola mestra Luz, deron cadansúa  versión do seguinte debuxo.


E, este é o resultado:

OBRADOIRO DE VOLUME EN 4º

dodecaedro

 

No 4º nivel fixemos un obradoiro de volume para aprender mellor as figuras xeométricas. Construímos prismas e pirámides con cartolinas, escarvadentes, paus de brochetas e plastilina. Xa sabemos que cando se manipula a aprendizaxe fíxase máis e non se olvida un das cousas.

Botade unha ollada ós nosos traballos:

 

ECOS DO DÍA DA POESÍA

 

poesia

 

O día da Poesía, 21 de marzo, aproveitamos para facer unha actividade compaxinando ferramentas dixitais e analóxicas.  Traballamos distintos recursos literarios en poesías elixidas por nós mesmos e atopadas  en distintas páxinas web. Escribímolas a xeito de caligrama. Moitos de nós escollemos poesías de Rosalía de Castro. Non contamos nada máis, podedes ver os nosos traballos nas seguintes presentacións:

FICHAS DE ANIMAIS

O alumnado de 1ºA está a coñecer o mundo animal. Un dos traballos que fixeron, foi facer fichas técnicas dos seus animais favoritos. Botade unha ollada:

UN NOVO PREMIO

Vigolandia, de novo premia o traballo dunha alumna do noso colexio

Sara co Excelentísimo Alcalde

A nosa compañeira Sara Gutiérrez García, de 6ºB, recibiu hoxe un premio polo seu debuxo no concurso de Vigolandia, que este ano trataba o tema "A solidaridade no Nadal"; xunto con nenos e nenas doutros colexios de Vigo. Acompañada por Luz, mestra responsable de organizar esta actividade; e Ana, a súa titora; recibiu o diploma da man do Excelentísimo Alcalde da nosa cidade. Asistiu a entrega o Sr. Arsenio, Director do IFEVI, e reporteiros de distintas televisións. Rematou o acto recollendo moitos agasallos.

Deixámosvos unhas fotos deses momentos e da volta ao cole onde esperábanlle os seus compañeiros moi emocionados.

Noraboa Sara!

Powered by Drupal - Design by artinet