Traballos escolares

traballos escolares

PINTURA EN 6º A

En 6º A, durante o mes de febreiro, nas súas clases de plástica estiveron a traballar diferentes técnicas de pintado son distintos motivos. Deixámosvos algúns exemplos para que comprobedes os artistas que temos:

PROXECTO IDADE ANTIGA

En 6º de primaria comezamos traballando cun proxecto sobre a Historia das civilizacións, máis en concreto, a Idade Antiga. Así coñecemos, entre outras curiosidades desta época, as construcións romanas: acuedutos, calzadas, arcos, termas...Entre todos e todas escollemos un acueduto para pintar con témpera, aquí tedes unha mostra dos mesmos. Os orixinais está colgados no corredor de 6º.

Deixa o teu comentario sobre a realización desta tarefa.

A UNIÓN EUROPEA

En 5º estivemos a estudar, durante este último trimestre en coñecemento do medio, a organización de España e de Galicia. Pero tamén a pertenza desta á Unión Europea.

Por equipos marcamos nun mapa mudo de Europa os países que forman parte da Unión Europea. Deunos moito traballo, pero vendo o resultado, mereceu a pena!


A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Aos nenos e nenas de 2º A gustoulles moito o conto da toupiña e non dubidaron por as súas voces no vídeo do conto. 

Queredes ver o ben que nos quedou???

 

E PARA REMATAR UN POUCO DE ARTE

O derradeiro día deste curso, dedicámonos a pintar en 5º B. O motivo elixido foron  unhas ceibas pintadas ao óleo, serviunos para cerrar o traballo que levamos a cabo durante todo o curso sobre esta árbore tan maxestuosa.

Podedes ver a continuación algunhos momentos do traballo:

 

E aquí tedes os resultados:

 

Powered by Drupal - Design by artinet