Skip to Content

Traballos escolares

traballos escolares

ESTUDAMOS O CLIMA

O alumnado de 5º de primaria estivemos a estudar o clima de España e de Galicia así como os factores que o afectan.   

Realizamos un taller no que primeiro elaboramos, de forma caseira, un pluviómetro, un anemómetro e un viravento e saimos a medir o tempo da nosa cidade. E despois realizamos unhas gráficas de temperaturas en diferentes cidades galegas que para ve-lo só tendes que clicar enriba do mapa de Galicia.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁIS TRABALLOS SOBRE O ESTUDO DO CLIMA NA NOSA COMUNIDADE. PREME NA IMAXE

TEMPO METEOROLÓXICO

BIOGRAFÍA DE ANDERSEN

Despois de traballar con tablas e google drive este é o resultado:

Acceso a Biografía de Andersen por Sara Gutiérrez

ACTIVIDADES RECUPERACIÓN DA MADROA. CALENDARIO CELTA

Un ano máis participamos co Plan Comunitario de Teis na recuperación do monte da Madroa. Unha das actividades foi investigar sobre as árbores, que segundo o calendario celta nos corresponden pola nosa data de nacemento. Aquí vos deixamos os traballos dos alumnos de 5º de primaria.

         

     
5ºA 5ºB


VIAXAMOS POLO ESPAZO

Os alumnos e alumnas de 2º estivemos a investigar sobre o Sistema Solar. Queredes facer unha viaxe con nós e ver todo o que aprendimos? Pinchade na nave espacial.

 



UN NOVO PREMIO

Vigolandia, de novo premia o traballo dunha alumna do noso colexio.

A nosa compañeira Alba, de 6ºA, recibiu hoxe un premio polo seu debuxo no concurso de Vigolandia, que este ano trataba o tema "A música no Nadal". Entregoulle o diploma o alcalde da nosa cidade e e despois déronlle moitos agasallos, tamén houbo un ágape moi rico e variado. Aquí tedes as fotos onde podedes ver a Alba no Concello recibindo os agasallos e xa de volta ao cole onde lle esperaban os seus compañeiros e compañeiras.

NORABOA ALBA!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut