DÍA DA POESÍA : RECITANDO AO AMOR

Un día adicado a poesía e ao amor. Os finalistas foron obsequiados cun diploma acreditativo así como un presente moi especial. Grazas a todas por participar !!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do recitado dalgúns poemas deste día tan especial.

 

 

DÍA DA MULLER 8 MARZO

Este 8 de marzo celebramos o día da muller. O cadro de Leandro Lamas " Matrioskas" adicado as mulleres foi o cadro adaptado para tal fin , baixo o lema " Dende as grandes ás pequenas mulleres pioneiras" . 

Dende as clases, ao longo da semana,  traballaron diferentes mulleres importantes: Wangari Matthai, Silvia Early, Concepcion Arenal, Gloria Fuertes, Chus Lago, Andrea Mariño... entre outras foron representadas baixo o símbolo da muller.

 

 

Prazas vacantes curso 19/20

Información dispoñible na pestana de secretaría da barra superior desta web

 

 

 

 

"Orballando novas" vaise de Entroido

Nesta edición de "Orballando Novas", o alumnado de 5°B, en plena celebración do entroido no CEIP Plurilingüe Frian Teis, aporta unha breve predición metereolóxica para ter unha idea do tempo que fará nas cidades e localidades onde se celebran os principais Entroidos de Galicia, de España e do mundo. Por se alguén pensa en desprazarse…

Bo traballo!

RAPEANDO POR ROSALÍA

O 24 de febreiro festéxase o día de Rosalía de Castro, muller representativa de Galicia e poetisa admirada. No Frian non queríamos deixar pasar a oportunidade de rendirlle homenaxe. Todo o alumnado escribiu o seu poema mais coñecido

"Adeus ríos, adeus fontes" para crear un mural conmemorativo. Quedou moi vistoso e foi un traballo colaborativo de todo o alumnado dende infantil a primaria.

Ademais interpretamos un rap deste mesmo poema , cantado polo alumnado de 6º e que despois foi traballado por todo o alumnado elaborando pictogramas representativos do mesmo. Fixemos un lipdub todos xuntos.

Encantounos o resultado!!!Feliz día de Rosalía!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet