ILUSTRANDO SOÑOS

Este pasado venres 7 de xuño, levouse a cabo a actividade titulada

"ILUSTRANDO SOÑOS: ENCONTRO DE ILUSTRADORES"

Os contos forman parte importante das nosas vidas dende ben pequenos e as ilustracións e as imaxes son sen dúbida unha parte fundamental sobre todo na etapa infantil. Por iso realizamos este encontro, para facer fincapé no importante papel do ilustrador. Con este motivo nos visitaron cinco ilustradores moi importantes :

Bea Fraga, Victor Rivas, Federico Fernández, Óscar Villán e Pablo Rosendo.

Ao longo de todo o mes, o alumnado levou a cabo diferentes actividades sobre a biografía e bibliografía dos ilustradores asignados. Traballos que fixeron con moito esforzo e ilusión.

                            

Levouse a cabo un acto con todos os ilustradores. O alumnado de 3ºB fixo unha presentación sobre Pablo Rosendo que compartiron con todos. Tamén realizouse unha ronda de preguntas feitas polos alumnos sobre o traballo de ilustrador.

                        

Despois do acto, todo o alumnado puido gozar coa realización de diferentes obradoiros levados a cabo polos ilustradores. Aquí vos deixamos un vídeo con todas as actividades.

GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR O VOSO TRABALLO CONNOSCO!!!

           

ENTREGA PREMIOS FARO DA ESCOLA

   Onte, 5 de xuño, tivo lugar a entrega de premios de Faro da Escola. O noso cole acadou 4 premios:

1º Premio Deputación de Pontevedra.

1º Premio Vitrasa.

2º Premio mellor deseño.

3º Premio CSIC.

 

Moitas grazas a todos e todas mestres/as, alumnos/as que tanto traballastes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS FIN DE PROXECTO

   Se o tempo o permite, o vindeiro xoves día 6 de xuño faremos os xogos fin de Proxecto 2019. Aquí deixamos o plano dos mesmos. Se queredes saber os xogos que imos traballar, podedes clicar neste  enlace.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

VI OLIMPIADAS DE TEIS

         O pasado 11 de maio celebráronse no pavillón de Teis as VI Olimpiadas de Teis. Participamos en todas as especialidades e categorías. A continuación mostramos as coreografías do noso cole en Acrosport.

 

 

 

 GRUPO 5ºA: Rocío, Lara, Nadia, Carmen, Eiroa, Jose, Icía Roca, Icía Otero

 

 

 

 

GRUPO 5ºB: Helena, Maya, África, Noa, Yaiza, Aroa, Javi, Paula e Xiana

 

 


 

 

 

GRUPO 6º: Sara, Uxía, Andrea, Ruth, Paula, Sandra, Lucía e Noa

 

 

 

 

 

PARTICIPANTES AGÁS UN GRUPO

 

 

 

Fotos e vídeos xentileza do Anpa Gonderán e Amador.

 

MILLA EN FAMILIA

Tiñamos atrasado o premio dos supersaudables por mor do tempo pero como xa chega o sol a semana que ben, informámosvos dun novo acontecemento no noso cole que ademáis únese a celebración do día 15 de maio,

O Día da Familia.

 

 

 

 

 

 

 

VÍDEO DA MILLA EN FAMILIA 3º E 4º,

XENTILEZA DA MESTRA INÉS 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet