NOVEMBRO " MES DA CIENCIA" RECURSOS

Coa entrada do mes de novembro iniciamos o "MES DA CIENCIA". Un mes cheo de actividades, experimentos, obradoiros, فوائد الصبار exposicións... para poder coñecer, gozar e vivir a ciencia.

Pero ademais, aquí vos deixamos unha pequena recopilación de recursos para que na casa poidades seguir investigando en familia.

 

24 de outubro: "Día das Bibliotecas Escolares"

 Este día tan importante no calendario escolar merece unha celebración moi especial e significativa para todos e todas no noso cole, e como non podía ser de outro xeito, celebrámolo facendo actividades ao longo deste semana. Nesta celebración contamos coa presenza de Ledicia Costas e temos que darvos unha gran nova:
   

“LEDICIA COSTAS É A MADRIÑA DA NOSA BIBLIOTECA ”

 

O seguinte genially mostra a folla de ruta desta celebración:

 

DÍA DAS ESCRITORAS 14 DE OUTUBRO

O Día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España onde  búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

 A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”.
Desde  o Frian non quixemos perder a ocasión de visibilizar a obra das escritoras galegas. Por iso ao longo desta semana fixemos exposicións de libros de escritoras galegas e da nosa cidade, escribimos e recitamos fragmentos dos mesmos  e fixemos actividades interniveis entre todo o centro.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra dos traballos que realizamos e dalgúns vídeos do recitado de fragmentos e poemas que traballou o noso alumnado para esta celebración.

       

       

 Neste día tan importante, Ledicia Costas, a escritora Viguesa por excelencia, agasallounos cunha das súas últimas obras "Conexión Macarrón" que formará parte da nosa biblioteca como un tesouro para nós.

FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS GALEGAS!!!! 

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA

A lectura é un pracer pero moito mais se o facemos ao aire libre.Comezamos o curso coa actividade

"Lendo baixo a mesma estrela", disfrutando de todos os espazos abertos que nos ofrece o noso centro, que son moitos.

 

Lectura silenciosa 

 

Lecturas en voz alta 

Lecturas en parellas e en pequeno grupo 

 

Da igual onde, da igual como, da igual con quen.... Sempre é un bo momento para gozar da lectura.

 

Milla polo clima, setembro 2019

O luns 30 de setembro dende a "Milla diaria" fixemos un chamamento ao coidado do noso Planeta facendo así a "Milla polo clima". Coas pancartas realizadas a semana anterior, fixemos o percorrido diario facendo visibles os nosos lemas polo coidado do Clima, dento do programa #ODSéateque recentemente temos estrenado no noso colexio.

Ademais esta vez o alumnado de 5º e 6º foron aula por aula recollendo os máis cativos do colexio para facer a Milla todos xuntos. Ao rematar a mesma tivemos sesión fotográfica e colgamos os nosos carteis no patio inferior para compartilos con toda a Comunidade Educativa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet