Día da Paz 2020

Bancos da amizade para celebrar o Día da Paz 2020

Este ano, co gallo do Día da Paz, decoramos dous bancos, un para cada patio, donde poderemos sentarnos a falar, facer amigos, escoitar, animarnos... en definitiva bancos onde ser máis felices.

Todo empezou cunhas madeiras onde tiñamos que estampar a nosa firma, sen saber que eran unha parte dun banco.

A innaguración dos mesmos veu precedida dun banco en papel, como primeiro bosquexo, que xa luce nos corredores; da milla diaria "camiñando pola paz"; dun Rap en Lingua Inglesa, dun poema recitado e de máis traballos plásticos conmemorativos.

A continuación deixámosvos algúns momentos da celebración.

CONCURSO " FOTOGRAFÍATE NAS MEDIANEIRAS "

Fai quince días plantexamos unha pregunta no concurso "QUÉ SABEMOS DE VIGO? e á vez un concurso fotográfico "FOTOGRAFÍATE COAS MEDIANEIRAS".

Nesta primeira ocasión a resposta á pregunta "Como se titula a obra da rúa Aragón do artista Belinchón?" É..."Guerra e paz".

Algúns de vós achegastes a esta bonita medianeira e sen dúbida as  fotografías son preciosas.

Noraboa a todos os participantes. Todas as fotografías decorarán as cristaleiras da entrada principal do noso cole e ao rematar o concurso seleccionaremos as gañadoras.

Aquí vos deixamos unha mostra de todos os participantes.

 

Non vós esquezades de contestar á seguinte pregunta na páxina web do cole ou no blogue da biblioteca "O lar de Frianciño". A próxima medianeira coa que traballaremos será : 

 

HOXE BRILA UNHA ESTRELA : A LER

Despois de moitos días de chuvia e mal tempo , o sol fixo presenza no Frian e por iso aproveitamos para facer unhas lecturas ao aire libre  coa actividade " Lendo baixo a mesma estrela".

Powered by Drupal - Design by artinet