Premios 3ª edición "Faro da Escola"

O 28 de Maio o alumnado de 4º de Primaria, en representación de todo o centro,  asistíu ao acto de entrega de premios da 3º edición de Faro da Escola.

A xuntanza  tivo lugar no parque de Castrelos  coa participación de 48 colexios da provincia de Pontevedra. Tratouse dunha xornada festiva  na que os patrocinadores felicitaron e agasallaron a todos os participantes.

Recibimos por parte de “Faro de Vigo”  exemplares , para toda a comunidade educativa, do xornal que elaboramos neste curso.

O noso cole recibiu o 3º premio ao ´´Mellor uso do audiovisual” e un accésit especial ao “ Cómic Sopa Verde”

 

NORABOA!

Visitamos as Illas Cies

O alumnado de 5º e 6º, acompañado do seu profesorado e de Gerardo, foi a visitar as Illas Cíes.

Se premes na foto, podes desfrutar de moitas máis

 

O obxectivo da visita foi comprobar, in situ, o que aprendemos dentro do proxecto "Cíes, o noso Patrrimonio". Unha vez máis a realidade superou todo o que aprenderamos nas aulas. Acompañados por un guía de excepción, Gerardo Fernández Carrera, puidemos desfrutar da súa flora e fauna dun xeito moi ameno. No seguinte enlace podedes lembrar a charla que Gerardo veunos dar ao colexio https://youtu.be/VdDEFlzx0gg

Camiñamos moito, 15 km, pero valeu a pena. O noso ascenso ó "Faro da Porta" quedou recompensando pola presenza de niños de gaivota patiamarela. Estes niños, nalgúns casos, xa estaban habitados por crías e outros por ovos.

Tamén nos achegamos ó "Alto da Campá", que extraordinarias vistas e que formaciones rochosas tan curiosas!

Pola tardiña, despois de repoñer forzas, na illa de Monteagudo, visitamos unha "duna fósil" e "un concheiro", que curiosidades agochan stas illas.

Tivemos tempo para repoñer forzas, degustar un xeado, darnos un baño e xogar.

E como todo acaba, collemos o barco de regreso, non sen antes gritar:

Cies, Patrimonio da Humanidade, xa!

No seguinte vídeo podes ver como reclamamos ese título para as Illas Cíes, que tan merecido ten; uníndonos así á campaña para lograr esta nominación.

 

Durante o percorrido polas illas tamén recollemos datos sobre as concicións meteorolóxicas ao longo do día. Con todos eses datos realizamos unha edición especial do noso programa informativo do tempo "Orballando Novas". Prestade moita atención:

 

Moita grazas, Gerardo, por contarnos tantas cousas interesantes, e pola túa paciencia; de seguro nunca esqueceremos esta viaxe.

Máis de un e unha xa está pensando en volver!

Finalización do proxecto de robótica no curso 17/18

O pasado martes 22 de maio pechamos o Proxecto de Robótica cunha charla informativa á que asistiron moitas familias do noso alumnado.

Esta xornada tivo dúas partes ben diferenciadas.

Nunha primeira parte, a mestra Raquel iris (coordinadora do proxecto) explicou as actividades desenvolvidas o longo do curso; a relatora María Nimo, especialista nesta temática, explicounos polo miudo os beneficios da robótica nestas idades.

Nunha segunda parte o alumnado presente de 5º, 6º e educación infantil, demostrounos as súas habilidades e os retos acadados ó longo do curso. Botamos de menos ao alumnado de 4º que estaban de excursión ese mesmo día. O ano que vén contamos convosco.

No seguinte vídeo podesde ver os distintos retos acadados:

 

 

Moitas grazas a toda Comunidade Educativa en especial ao alumnado que preparou a xornada con moito entusiasmo.

Ata o vindeiro curso!

VISITANDO " MARUJA LIMÓN"

Este vindeiro luns 21 de maio, o alumnado de Educación Infantil visitou o famoso restaurante "Maruja Limón". Un dos seus donos Rafael Centeno, que conta cunha Estrela Michelín, abriu as portas do seu restaurante para inculcarnos, mais se cabe, o gusto pola cociña. Coñecimos os fogóns onde traballan e elaboramos todos xuntos unha receita moi doce e apetitosa.

Grazas Rafa por atendernos tan ben e adicar parte do teu tempo para facer sentirnos moi especiais no teu restaurante. Ata sempre!!!

 

3º e 4º visita Campolameiro

Este ano os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de Primaria visitamos un lugar do máis interesante: "O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro."

Este parque está moi pretiño de Pontevedra, nun lugar moi bonito rodeado de pequenas aldeiñas e árbores de todo tipo.

O parque ten restos da Prehistoria, concretamente, da Idade do Bronce, son os chamados Petróglifos.

Antes de pasear polo parque, realizamos un taller de cerámica no que nos ensinaron a facer unha cunca coa tecnoloxía e as ferramentas da época.

Máis tarde, gozamos dunha ruta por todo o parque onde puidemos ver debuxos de cervos, cabalos, coviñas, círculos concéntricos,...todos esculpidos nas laxes; e un poboado simulado.

Tamén nos fixeron unha exhibición de lume que constaba en facer lume coas ferramentas que utilizaban na Prehistoria e, como podedes ver no seguinte vídeo, conseguírono.

Para rematar visitamos o museo, cunhas montaxes do máis espectacular...

A verdade é que o pasamos moi ben, un día inesquecíbel, como podedes comprobar no seguinte vídeo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet