VISITA DO 1º CICLO AO MUSEO MARCO 2023

 
O alumnado do 1ro ciclo realizamos unha visita guiada no Museo Marco sobre a exposición: "Laxeiro e a arte da súa época". 
Vimos a exposición e participamos nun obradoiro, no que experimentamos con distintas texturas: papel vexetal, lixa, cartulina e cartón e empregamos distintas técnicas: lapis, ceras, acuarela e pintura de dedos con pincel gordo, creando cada un as súas propias obras de arte, experimentando sentimentos de ledicia, relaxación e satisfación persoal. 
Foi unha experiencia lúdica e cultural, na que grazas as nosas guías gozamos ao máximo. 
Parabéns ao Museo Marco e as guías,  pola organización destas actividades, dar a coñecer e experimentar coa arte.
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet