Lingua Galega e Literatura

Obradoiro de radio. Manuel María e as Letras Galegas

Lucía é dabondo coñecedora do Aguiar e coñecida neste instituto porque foi alumna nosa. Sergio veu con ela e xa é como da familia. Desembarcan cada ano,  e xan van cando menos tres, cunha chea de "trastos" e sobre todo coas súas figuras entusiastas e xuvenís rebosantes de enerxía e de cariño polo que fan que non é outra cousa que RADIO. Cargados con pesadas maletas aparecen pola porta. Non lles quedan mans libres. Cando se abren esas maletas  deixannos ver unha chea de cables e micrófonos de radio. Mesa de mezclas, ordenador, micrófonos e cables, cables, cables... e unha experiencia, xa de anos, levando a radio aos centros de ensino dende primaria á universidade.

Un ano máis o Departamento de Lingua e Literatura Galega en colaboración co Concello de Betanzos ofrece ao noso alumnado de 1º da ESO unha experiencia única.  Trátase do obradoiro de radio  que anualmente se adica ao persoeiro homenaxeado polas letras galegas, este ano o poeta chairego  Manuel María.

Lucía Abarrategui e Sergio Pascual  realizan este obradoiro de radio con todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO en quedans de 100 minutos. Os pasados martee e mércores foron os grupos A e D os que participaron na actividade. O venres 8 de maio serán os grupos B e C de 1º ESO.

3 maio 2016. Encontro de Andrea Maceiras co alumnado de 3º da ESO

O 3 de maio visitará o noso Instituto Andrea Maceiras. O obxecto é manter unha conversa co alumnado de 3º da ESO que estiveron a ler a súa obra "Europa Express",  gañadora da VII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

Andrea Maceiras declarou que «Europa Express é unha novela de intriga psicolóxica. Narrada cunha técnica multiperspectivista, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.»

O principio de Arquímedes. Teatro en galego para alumnado de 3º da ESO. 29.IV.2016

O Departamento de Lingua e Literatura Galega programa para o venres 29 de abril a asistencia do alumnado de ESO 3º A e B á representación teatral "O principio de Arquímedes" que terá lugar no Forum Metropolitano de A Coruña. Está prevista a saída ás 10.30h. con chegada arredor das 13.15h. O alumnado estará acompañado pola profesora Carmen Suárez e polo profesor Emilio Duque.

 

Este drama presenta un conflito que comeza cando os pais dun grupo de rapaces comezan a dubidar das intencións do monitor de natación.

'O principio de Arquímedes' conta a historia dun adestrador de natación infantil sobre o que recaen unhas graves sospeitas. Un día, un dos seus alumnos asústase ao ter que botarse a auga sen flotador, así que o monitor dálle unha aperta e un bico para tranquilizalo. Pero estes xestos espertan as alarmas dos pais sobre as verdadeiras intencións do adestrador cos cativos. A sospeita de que pretenda abusar deles será o seu novo e crítico problema. 

 

'O principio de Arquímedes' trata de reflexionar, como explica o seu propio autor, sobre a relación que a sociedade establece entre o medo e a seguridade. 

 

 

27 de abril. Recibimos a visita de Érica Esmorís

O mércores 27 á 5ª hora da mañá, no noso Salón de Actos,  o alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de charlar coa escritora Érica Esmorís.

Tratase dunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega para estimular o coñecemento personal, por parte dos nosos alumnos,  dos escritores e escritoras que están a ler nas aulas. 

Nova celebración do Obradoiro de Creación Literaria. 8 de abril 2016

O venres  8 de abril volve a ter lugar no noso Instituto  un Obradoiro de Creación Literaria.

Novamente en conxunción co Concello de Betanzos, o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística ofrecen ao alumnado de 1º BAC a posibilidade de disfrutar coa creación literaria.

Chegou aos nosos oídos....Amaia Tomé gañadora do Premio Minerva

Chegou aos nosos oídos....que Amaia Tomé, alumna de 1º BAC do noso IES,  acaba de facerse co primeiro premio na modalidade de narración do prestixioso premio Minerva na súa LXIV edición. O galardón foi concedido polo seu relato titulado "Clare e outras illas".

Os encargados de xulgar os textos narrativos foron o ensaísta e crítico Manuel Quintáns Suárez (como presidente), a tradutora e narradora Ánxela Gracián, o ensaísta e investigador Xurxo Martínez González, o profesor Alberto Muñiz Pascual e servidor, actuando como secretaria a tamén profesora Teresa González da Silva.

Amaia,  como o resto dos gañadores , alén das correspondentes dotacións económicas, serán galardoados cun diploma acreditativo e mais unha medalla de prata do certame durante a entrega de premios, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, nunha sesión solemne na que pronunciará unha conferencia maxistral o narrador e ensaísta Xosé Ramón Pena e que amenizarán os premiados coa lectura dun fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve nun volume editado polo propio centro.

 

Compre destacar  que non é ista a primeira distinción que recibe Amaia, quen o pasado ano se fixo co premio da Fundación Meninos , e  agasallanos coa súa grande actividade creativa en cantas iniciativas xurden no noso IES. 

 

REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS 

el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos

AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.

                                                           Amaia Tomé Tomé

 

Xincana para conmemorar o Día de Rosalía

imaxe de Sabela Arias

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar en colaboración co do Concello de Betanzos organiza para o alumnado de 1º BAC unha xincana para conmemorar o 24 de febreiro o Día de Rosalía.

A actividade terá lugar no Polideportivo do Instituto en dúas quendas:  Na 2ª e 3ª hora participarán os alumnos e alumnas dos grupos A, B e C. Nas horas 5ª e 6ª serán os grupos D e E. 

3 febrero. Encontro co escritor Miguel Gallardo

O 3 de febreiro, mércores...

ENCONTRO DE ALUMNOS CON MIGUEL GALLARDO

Sala Xulio Cuns do Edificio Liceo do Concello de Betanzos
12:45

Mañá no encontro con Miguel Gallardo teremos moi presentes estas dúas novidades da nosa biblioteca que permiten un achegamento, coa maior das sensibilidades, á diversidade de todas as persoas.

 

 

 

The Specialist Academy from Miguel Gallardo on Vimeo.

Chegou aos nosos oídos... Xosé Luís Mosquera e os comezos de POEDÍA

Chegou aos nosos oídos.... unha nova iniciativa que parte dende  a Libraría Biblos e na que o noso compañeiro, profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Xosé Luís Mosquera ten un papel importante.

Aberta, moi participativa, chea de propostas... así foi o mércores 20 de xaneiro a primeira xuntanza de Poedía, o encontro que cada terceiro martes de mes reunirá na Libraría Biblos a persoas co común desexo de abordar o asunto poético. O profesor e poeta Xosé Luís Mosquera presentou e conduciu o primeiro debate.

A vindeira cita será o martes 16 de febreiro, e os deberes que se puxeron para ese día consisten en achegar un poema que  marcara fondamente, contar algo sobre o porqué ou como, e presentar tamén algunha imaxe asociada a eses versos ou a esa circunstancia.

Distribuir contido