Chegou aos nosos oídos..Amaia Tomé premio literario Fundación Meniños

 

concurso meniños_cartel premios_01.ai

    Chegou aos nosos oídos.... que a Fundación Meniños entregará este venres, día 27 de marzo, ás 18:00 horas, na Librería Cascanueces da Coruña os premios do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto, un evento que nace para conmemorar o cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno. O concurso estivo aberto ao estudantado de ESO que presentase unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita.

 

     Neste acto, o representante do xurado, Manuel Guisande, xunto coa directora de Meniños, Mónica Permuy, e Ana Lago, en representación de Gadisa, farán entrega do Primeiro Premio do Concurso, así como de dous Accésits para outras dúas obras elixidas.  Unha das obras premiadas corresponde a unha alumna de 4º da ESO do Aguiar, AMAIA TOMÉ TOMÉ que, á penas regresada da viaxe a Londres, recollerá este premio polo seu traballo

 O premio consistirá na entrega de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños.

  A entrega celebrarase na Librería Cascanueces da Coruña, ás 18.00 horas, e a entrada é libre

 

 ¡NORABOA PARA AMAIA!

TODO UN ORGULLO CONTAR NO AGUIAR COA SÚA PRESENZA DISCRETA PERO ACTIVA E CREATIVA