O principio de Arquímedes. Teatro en galego para alumnado de 3º da ESO. 29.IV.2016

O Departamento de Lingua e Literatura Galega programa para o venres 29 de abril a asistencia do alumnado de ESO 3º A e B á representación teatral "O principio de Arquímedes" que terá lugar no Forum Metropolitano de A Coruña. Está prevista a saída ás 10.30h. con chegada arredor das 13.15h. O alumnado estará acompañado pola profesora Carmen Suárez e polo profesor Emilio Duque.

 

Este drama presenta un conflito que comeza cando os pais dun grupo de rapaces comezan a dubidar das intencións do monitor de natación.

'O principio de Arquímedes' conta a historia dun adestrador de natación infantil sobre o que recaen unhas graves sospeitas. Un día, un dos seus alumnos asústase ao ter que botarse a auga sen flotador, así que o monitor dálle unha aperta e un bico para tranquilizalo. Pero estes xestos espertan as alarmas dos pais sobre as verdadeiras intencións do adestrador cos cativos. A sospeita de que pretenda abusar deles será o seu novo e crítico problema. 

 

'O principio de Arquímedes' trata de reflexionar, como explica o seu propio autor, sobre a relación que a sociedade establece entre o medo e a seguridade.