3 maio 2016. Encontro de Andrea Maceiras co alumnado de 3º da ESO

O 3 de maio visitará o noso Instituto Andrea Maceiras. O obxecto é manter unha conversa co alumnado de 3º da ESO que estiveron a ler a súa obra "Europa Express",  gañadora da VII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

Andrea Maceiras declarou que «Europa Express é unha novela de intriga psicolóxica. Narrada cunha técnica multiperspectivista, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.»