Dom Juan ou le Festin de Pierre. Sesión de teatro en francés. Luns 18 de xaneiro.

 O Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar programa para o vindeiro luns 18 de xaneiro  a asistencia de alumnado de 4º de ESO e 1º BAC á representación teatral de Dom Juan ou le Festin de Pierre. 

A representación corre a cargo da compañía Eina d'scola e terá lugar no IES Crucero Baleares de Culleredo. 

A saída dende o noso instituto terá lugar ás 9h. e o regreso sobre as 12.30h.

 

DOM JUAN OU LE FESTIN DE PIERRE

LA PETITE COMÉDIE FRANÇAISE

Don Juan é un home engañador de mulleres, cuxos favores obtén mediante falsas promesas de casamento.

Escéptico, descarado, libertino e cunha eterna actitude de burla, utiliza ás personas á súa conveniencia, mesmo ao seu propio pai.

Cre que todo lle está permitido por ser quen é  e non lle teme a nada. Ri das advertencias que recibe para que abandone a súa conducta inmoral. Confía na súa boa estrela e coida que no último momento, chegará un crego,  confesará e poderá evitar á súa condenación eterna.

Pero finalmente e tras varias advertencias, o castigo chega coa aparición de “O Convidado de Pedra”, que tomando a Don Juan da man arrastrao ao abismo dos infernos.

Baseado na personaxe que aparece en “O burlador de Sevilla” de Tirso de Molina,

Molière presenta, neste  Don Juan, o seu propio punto de vista sobre a personaxe.



Club de Lectura de Adultos. Luns 18. "Tokio Blues"

HARUKI MURAKAMI, Tokio bluesTusquets, Barcelona, 2005, 384 páxinas.

   Este luns 18 de xaneiro, no Club de Lectura de Adultos,  falaremos de Tokio Blues. 
   Confirmada a ausencia de Haruki Murakami á reunión, sí podemos adiantar outras sorpresas.

Luns 18 de xaneiro, ás 19:00
Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paisaxes animados con Scratch 1ºESO

Dende a Asignatura Programación de 1º da ESO comprácenos compartir unha mostra do proxecto "Paisaxe Animado" que realizamos na primeira avaliación. O elexido para mostra é o exercizo de Áriel Martinez Cancio que debuxou e animou unha biblioteca con libros voadores, plumas bailarinas e falantes, e imaxinación a raudales. Todos os debuxos son orixinais e feitos "a rato" (con todo o mérito que eso tén). Agardamos que vos guste e serva tamén coma "Animación á lectura" Guiño.

Preme na bandeira para comezar.

 

Carmen Núñez

 

 

Quérote +. Curso 2015-2016

O martes 12 de xaneiro tivo lugar a primeira sesión das tres que cada grupo de 3º da ESO recibirá por parte do equipo do Quérote +. 

Este programa forma parte dos Plans Proxecta que financia a Xunta de Galicia  e que o noso Instituto leva realizando durante varios anos. 

Cada ano os expertos de Quérote + traen ata o noso instituto a oportunidade de reflexionar e compartir ideas sobre os temas da afectividade e sexualidade que tanta importancia teñen para a formación do noso alumnado.

Hora de ler. Semana do 11 ao 15 de xaneiro. [1ªsesión]

Ilustración: Alejandro Colucci

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]

A quen de nós non lle apetece ler historias de monstruos...?
 
Pois polo que se ve, eles, postos a elexir non escollen nin a Lovecraft(enlace) nin a Luis G. Martín(enlace).
 
A Frankie góstalle Cervantes!



 

Pintaxizes. Nadal 2015

Nova entrega de pintaxizes. Parabéns aos artistas.

 

Actividades fin de trimestre. Nadal 2015

     

Co fin de trimestre o IES Francisco Aguiar revolucionase un tanto. Será a "descompresión" logo da tempada de exames e avaliacións. Será a emoción dos días de vacación que se achegan....Sexa como sexa cada ano hai un grupo de profesores e profesoras secundados por un entusiasta elenco de alumnos e alumnas dispostos a facer do último día de trimestre unha xornada especial.

      As diversas actividades que se programan para este día levan por detrás un traballo duro de moitas profesoras e profesores.... María José, Elvira, Carmen, Xosé Manuel, Blanca, Óscar, Lucía, Diego, Carlos, Pablo, Delfina, Xosé Luis, Francisco.... e de moitos alumnos e alumnas. Eles son os responsables da decoración, pendurando carteis e mesmo ...estrelas; da presentación do festival; das actuacións; de sorprendernos con invitados estrela; de controlar as mesas de son; de organizar torneos de xadrez e fútbol, este ano tamén, exhibicións de capoeira;dunha nova edición de pintaxizes...

   Porque, pese ao que pareza, non é doado organizar a unha morea de rapaces para que xoguen cunha certa orde un campionato de fútbol. O labor organizativo da Carlos e a axuda posterior de Pepe fixeron posible que todo fose á perfección.

 

Por décimo segunda vez ( o que indica que isto non é unha casualidade) o Aguiar acolle un torneo de Xadrez. 17 rapaces e rapazas  coordenados por Óscar e a axuda de Diego enfrontáronse neste XII Torneo de xadrez. Colofón trimestral perfecto da Escola de Xadrez que cada xoves á tarde convoca entre 5 e 7 rapaces no noso instituto baixo o mestrado de Óscar García.

Pode que esta fose a última convocatoria...pero non defraudou. O pintaxizes (que coordena o noso compañeiro Xosé Manuel Rey) reuníu a un número variable (segundo o momento da mañá) de rapaces e rapazas dispostos a lixar de xiz as mans para dar a luz a magnífica reproducción que vedes na imaxe.

Case sen avisar, atopámonos cunha improvisada exhibición de capoeira. Na pista anexa ao Polideportivo varios alumnos e o profesor Pablo Sánchez amosaron as súas habilidades sorprendendo a cantos por alí pasabamos.  

O tradicional festival de Nadal contou nesta ocasión con actuacións variadas e de gran calidade: o grupo de alumnos e alumnas coordinados por María José e Óscar volveron a amenizarnos con música de Nadal; a cargo dun alumno de 1º tivemos sesión de maxia con cartas; Ánxela Novo puxo un punto de calidade e delicadeza con danza clásica; non faltaron á súa cita os raperos...  Entregáronse os premios aos concursos de Christmas Cards, Catherinettes e de Chíos(tweets) de Nadal.

En todo isto foi vital o traballo de Elvira e María José coa colaboración de moitos outros profesores e profesoras. A axuda de Raquel, Irene e Isa aos mandos da mesa de son. De Jorge e Laura presentando con gracia a raudais.  

O festival contou tamén cunha grata sorpresa . Nesa mesma mañá un grupo de alumnos do Aguiar daban un concerto de Nadal no veciño colexio Vales Villamarín. A sorpresa para os asistentes ao noso festival foi que, de seguido, unha morea de pequenos músicos agasallábannos cunha actuación no que se sumaban  as orquestas do Aguiar e do Vales.

No medio de tanta actividade houbo tamén ocasión de facer unha parada para charlar cos amigos, botar unha "pachanga", ou improvisar unha partida de xadrez...

MIL GRAZAS!

Porque demostrades co voso esforzo e entusiasmo o que somos capaces de facer se traballamos xuntos poñendo cada un o mellor de si mesmo. Porque alumnado e profesorado amosadenos nese día cualidades e habilidades insospeitadas que a rutina diaria das aulas mantén agachadas  para a maioría.

 

Feliz Nadal para todos e todas!

 

 

Chegou aos nosos oídos...Carmen Núñez- Exposición de Ilustración.

 

Chegou aos nosos oídos.... que a alumna de 2º BAC do noso Instituto, Carmen Núñez, inaugurou o luns 21 de decembro unha exposición de ilustración na libraría Biblos de Betanzos.  Nela Cármen presenta o seu traballo  da man do que fora o seu profesor nos nosos cursos de ilustración e banda deseñada, Xosé Tomás(enlace)  ( coñecido ilustrador, compañeiro docente e, ademais, ex do Aguiar)


A mostra estará exposta na Libraría Biblos ata o vindeiro 15 de xaneiro...non deixedes de visitala!

 

Pola nosa parte felicitamos a Carmen polo seu traballo e desexámoslle un venturoso futuro neste mundo da ilustración.

Club de lectura presencial. 2º BAC. Crónica de Sara Parga con felicitación engadida

 

Ayer, ante nuestra insistente demanda, repetimos, de manera improvisada, la experiencia de la anterior semana: el club de lectura presencial de segundo de bachillerato.
Esta vez, comenzamos leyendo un Villancico de Manuel Vicent (de carácter realista determinista) en el cual se presenta la cruda verdad que a veces ignoramos en estas fechas tan señaladas del año; continuamos leyendo sencillos, a la par que complejos, aforismos de gran diversidad de autores. Por último finalizamos el encuentro con fragmento de la obra de Haruki Murakami, Tokio Blues. (la próxima lectura del club de lectura de adultos).
Asimismo, despedimos el año lector con la presencia de nuestro profesor Francisco Rodríguez, que hace todo esto posible además de ofrecer los contenidos mediante palabrasmaldichas.blogspot.com, su blog personal.
Está claro que la experiencia resulta un exito entre todos nosotros. Sin duda 2016 no dejará a nadie indiferente. Por eso, los lectores de segundo de bachillerato, en nombre de la comunidad del IES Francisco Aguiar, os deseamos una muy feliz Navidad.

Sara Parga Pérez

Estraños fenómenos paranormais no Aguiar. PARA...! NORMAIS!


O que está a ocorrer nos últimos anos no Aguiar podería, para algúns, semellar "paranormal". Pero non é outra cousa que os froitos do compromiso coa lectura que son os froitos do entusiasmo e do traballo dun grupo de profesores e profesoras .

Que teñamos tan cantidade de alumnos e alumnas nos clubes de lectura.

Que ampliemos eses clubs a nais e pais, persoal non docente ou mesmo xente allea ao centro.

Que cada vez que se fai un concurso literario, como o de "Chíos de Nadal" ( enténdase tweets), "petemos" en cantidade e calidade

Todo isto deixa de ser "paranormal" se temos en conta o que agacha de entusiasmo, creatividade e traballo. (para os que se pregunten polas proporcións para ista receta ... recurrimos a unha cita que nos deu o outro día Xosé Manuel Rey: "A arte é un 10% de inspiración e un 90% de transpiración")

Pois ben, en todo isto unha alegría máis. Un motivo máis para presumir. Sen saber de que xeito,  un grupo de alumnos e alumnas ofrecéronse a colaborar como voluntarias e voluntarios nas tarefas da Biblioteca. Botaron unha man na actividade de agasallo de libros que tivo lugar o 11 de decembro. Agora o grupo de colaboradores vaise encargar, coa axuda do profesorado do grupo de Biblioteca,  dos préstamos nos recreos; organizaron eles as quendas. Ademais pediron un lugar no que facer peticións, fixeron un cartel e colocárono no taboleiro...e case o encheron....

 E os seus nomes son: Ángela Rodríguez, Raquel Vázquez, Irene Docampo, Brais Agilda, Carmela Vázquez, Loreto Vázquez, Nuria Torregrosa, Julia Nieto, Julia Medín. 

Parabens para o Instituto, grazas a elas e a el.

Distribuir contido