A "leoa" de outubro recolle os seus premios na biblioteca

Vanessa Cachaza Grill, a "leoa" de outubro recolle os seus premios na biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar de Betanzos.

Noraboa para Vanessa...e que cunda o exemplo lector!

(encheremos o Aguiar de leóns e leoas...!)

Foto de Roberto Junior y su Bandeño.

 

 

Chegou aos nosos oídos...Alex Pena: Pasará de moda con outros 34 ... pero sempre poderemos ler os seus poemas

 

Foto de Alex Pena Morado.
 

Chegou aos nosos oídos...que o ex do Aguiar,  Alex Pena,  continua coas súas andainas literarias. Desta volta participa cos seus poemas nunha obra colectiva: "Pasarás de moda. 35 poetas jóvenes en español".  Que sexa o propio Alex quen nolo presente: 

PASARÁS DE MODA ya está en preventa~~

me hace muchísima ilusión que mis poemas vayan a estar entre los de tanta gente a la que quiero, que escribe cosas tan geniales y que además es tan guapa (porque MIRAD LAS FOTOS)
además me hace muchísima ilusión poder leer los poemas que han escogido Adrián MartínezLuna Miguel y Jesús Carmona-Robles y ver su trabajo terminado
además me hace muchísima ilusión poder pasar de moda con todos ellos
además me hace muchísima ilusión que hasta el 7 de diciembre hay un 15% de descuento en la preventa y en los envíos internacionales para que todos podáis comprarlo ~

 

 Noraboa e sorte para Alex na súa andaina literaria

Club de Lectura 1º BAC

Comezan as reunións dos clubs de lectura de primeiro de bacharelato. 
Onte luns 16 de novembro , tivo lugar a xuntanza que reuniu aos lectores da novela de Maggie O'Farrell: A Desaparición de Esme Lennox

Sorrisos, galletas de chocolate, e indagacións pertinentes sobre a natureza perversa dunha sociedade que consideraba obediencia sinónimo de boa educación.

 

HORA DE LER 7ª semana [1ª sesión]


7ª SEMANA [1ª SESIÓN] 

 
   Ante a barbarie... e contra a barbarie, seguir a ler, coa pretensión de atopar un sentido (para a falta de sentido), nas palabras de Wislawa Szymborska ou Ricardo Gómez
 

O Aguiar participa na "Estratexia Galega para a Convivencia Escolar 2015-2020 - Educonvives.gal",

Nestes días a comunidade do IES Francisco Aguiar ao completo está a participar nunha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar.

Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten por obxecto ” detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran”. Pretende dispoñer dun "instrumento de diagnose inicial que permita identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos".

O instrumento elexido para esta recollida masiva de datos é unha ferramenta informática en liña,  a aplicación ConvivenciaXestion,que permite un tratamento “automatizado e totalmente anónimo”.

Por iso dende hoxe, venres 13, e durante a vindeira semana o alumnado do noso instituto adicará unha sesión de clase a completar a enquisa nas aulas de informática do Instituto. Asemade, profesorado e familias recibirán unha folla na que se lles informa da iniciativa, proveeselles dunha clave de acceso á aplicación que sen perder o anonimato evite que persoas alleas ao centro poidan intervir na consulta e solicita a súa colaboración.

Chegou aos nosos oídos...Ana Acción participa na pasarela "Despunte"

Ana Acción, no centro da imaxe con camiseta e cabelo brancos

Chegou aos nosos oídos...que a ex alumna Ana Acción Veiga acaba de participar con grande éxito na VIª edición da pasarela "Despunte 2015" celebrada nos primeiros días de novembro na Cidade da Cultura no Monte Gaiás de Santiago.

Ana participou coas súas creacións  xunto cos compañeiros e compañeiras  do curso de xoieria artística da ESAD "Mestre Mateo" (Escola de Arte e Superior de Deseño) de Santiago.

Anatomía Aplicada...¡ e tanto !

Aquela mañá do 3 de novembro ela foi quen de chamar a atención de todo o mundo. A profesora do pelo rizo e pasos máis que lixeiros percorreu os andeis do instituto portando unha neveira das que se usan para ir  á praia no verán. Ben certo que o atuendo, unha bata branca de laboratorio,  non suxería tal uso.

Non é, por tanto,  extrano que Chus Santamariña tivese que respostar máis dunha vez  á pregunta polo contido da citada neveira. 

Non eran, non,  bebidas refrescantes ou xeados para aliviar o veraniño de San Martiño;  nin tampouco unha provisión de marisco en oferta (¡máis quixesemos!) ...tratábase do material para a práctica que faría esa mañá co alumnado de Anatomia Aplicada de 1º BAC: a articulación dunha das extremidades dunha vaca...rótulas, meniscos e todas esas cousas !

O laboratorio de Ciencias Naturais  foi testigo esa mañá dunha disección máis que profesional e dunha atención inusitada por parte do alumnado.

Como semella suxerirnos Nerea co mellor dos seus sorrisos:   ¡ anímaste, foi divertido!

NOTA:

A profesora Chus Santamariña quere deixar aquí constancia do seu grande agradecemento ao personal de carnicería do Eroski. Elas prepararon a peza coa que logo se traballou no laboratorio, tarefa ista que, tendo en conta as dimensións "do bicho",  foi ben custosa. Porén, o resultado didáctico foi máis que satisfactorio.

Chegou aos nosos oídos...Sabela Arias presenta "Conversas"

Chegou aos nosos oídos....que o vindeiro xoves, 12 de novembro ás 20.00hs. , Sabela Arias inaugura exposición na Libraría Biblos baixo o título de "Conversas". Sabela é unha vella coñecida e colaboradora do Aguiar. Profesora de Instituto e pintora é nai dunha ex alumna, Icia Rodríguez Arias, e xa puidemos disfrutar do seu traballo cando nos regalou unha das súas viñetas para a cerimonia de graduación de 2º BAC do curso 2013-2014. 

Desta volta,  presenta a súa última obra ( do que o propio cartaz da exposición é boa mostra) nunha exposición que se inaugura o vindeiro xoves e que estará exposta deica o 12 de decembro na Librería Biblos de Betanzos. 

Noraboa e sorte para Sabela!

"Leoa" de outubro 2015. Grrrrrrr!

 

De quen moito zampa díse "zampón", de quen moito chapa, "chapón". A quen lle gustan as lambetadas dicímoslle "lambón" e do que papa en exceso ou é un  pouco simple de máis dicimos que é un "papón"...

Daquela...a Biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar ven de crear un prestixioso premio  para recoñecer ao alumno ou alumna que cada mes leve máis libros en préstamo e os lea.  Lóxicamente de quen máis lea dirase que é un  "león" ou "leoa".

A primeira persoa que mereceu esta honra, e polo tanto entra nos anais do noso Instituto e Biblioteca, é a alumna de 1º da ESO:

Vanessa Cachaza Grill, "leoa de outubro 2015"  Grrrr!

Segunda Reunión do Club de Lectura de Adultos. 9.XI.2015

 
 
Afortunadamente, a confortable sala da Libraría Biblos vai quedando pequena para todos os lectores que se suman ao Club de Adultos.
 
Nesta ocasión, tocaba falar da novela de David Grossman Delirio
 
Quedou ben claro que o texto en cursiva, aínda que de lectura fatigosa, tiña sentido para reflictir a perniciosa ficcionalización da vida que fai Shaul, o deplorable maltratador e controlador Shaul ao que o narrador concede o privilexio de ofrecer ao lector o seu enganosamente amable punto de vista. Deste xeito, quedan ocultos os padecimentos e as renuncias da súa dona, Elisheva (tal vez a personaxe menos conseguida), que un lector atento debe reconstruir.
 
Entre as virtudes do texto, o clima: unha viaxe entre a oscuridade da noite nun Volvo que atravesa un país, Israel, militarizado. Tamén o retrato psicolóxico de Esther, a cuñada á que Shaul inocula o virus da infelicidade nun final que invita a pensar nunha nova historia, tamén, desacougante.
 
A calquera, en calquera momento da súa vida, pode asaltarlle a idea de reflexionar sobre o tempo vivido, o tempo consumido, o tempo perdido. Moitas veces podemos chegar á consideración, esta vez con Pessoa Ao volante do Chevrolet pela estrada de Sintra, que nas vidas dos outros está a felicidade simplemente porque esa vida não é a minha.
 
Despois de ler esta novela queda claro que a realidade sempre é unha construción persoal. Tamén que convén poder ter con quen compartirla, buscar puntos de intersección, evitar o perigo do illamento doloroso, do delirio. Por iso, para solventar ese abismo é oportuno despertar. Claro que, como di Esther, Lo más difícil es despertar a quien se hace el dormido.
 
Distribuir contido