Visita á exposición "A Ciencia e a Tecnología da Luz". 27 novembro 2015

Mañá viaxeira a que nos agarda neste 27 de novembro no Aguiar.

Viaxeira e ilustrada!

En primeiro lugar  referirémonos á visita didáctica do alumnado de Física de 2º BAC e de Robótica de 1º BAC.

Acompañados polos seus profesores Luísa Muiño e Juan M. Neira poderán disfrutar, neste "Ano Internacional da Luz" dunha exposición no Museo Provincial de Lugo que leva por título "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz"


 

 

25 N 2015

Todo comeza coa proposta do departamento de Francés e do grupo da Biblioteca de conmemorar reivindicativamente o 25 de novembro pola eliminación da violencia de xénero

Simultáneamente recibíamos a invitación para participar no Concello de Betanzos nun acto simbólico.

A mediodía, na praza do Concello, as nosas compañeiras Lucía Sáez e Mª José Pardo lían un manifesto contra a violencia de xénero seguido dunha escolma de microrrelatos, elaborados polo noso alumnado, alusivos ao tema.

 

O 20 de decembro de 1993, a Asemblea Xeral da ONU, aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller.  O 17 de decembro de 1999,  declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta data foi elixida en conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do goberno do seu país. 

A violencia contra a muller constitúe unha manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre o home e a muller e é un dos mecanismos sociais fundamentais polos que se forza á muller a unha situación de subordinación respecto do home. Unha violencia e subordinación que no coñece fronteiras xeográficas, culturais ou socioeconómicas.

En declaracións  do Secretario Xeneral da ONU Ban Ki-moon: “a violencia contra a muller constitúe unha violación dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais”. 

 

Os datos de por si dan unha idea da gravidade da situación: En todo o mundo, unha de cada tres mulleres seremos obxecto da violencia física o sexual nalgún momento da nosa vida, en formas que van dende a violación e a violencia doméstica ate a intimidación e o acoso no traballo e en Internet. A violencia machista é a principal causa da morte das mulleres entre 15 e 44 anos.

Pero non debemos limitarnos a lamentar os datos, non debemos aceptar esta realidade, antes ben, temos que ir á raíz, á orixe do problema para dende aí levar a cabo un traballo encamiñado a cambiar esta terrible dinámica.

 

Todos debemos asumir o compromiso de previr e poñer fin á violencia contra as mulleres e nenas, comezando por eliminar a cultura de discriminación que permite que esa violencia continúe. E para iso é necesario dotarnos e facer cumprir unhas leis encamiñadas a este fin, así como denunciar e facer fronte aos comportamentos violentos cando os vexamos. A sociedade, no seu conxunto, teñen que actuar unida na loita contra esta pandemia e as autoridades locais, nacionais e internacionais teñen que arbitrar as medidas que nos permitan avanzar nesta loita contra a violencia machista. E un dos instrumentos dos que dispoñemos e que ten que ser básico nesta batalla, é a educación.

 

Nós, dende o noso papel de docentes, temos a oportunidade de traballar neste sentido, porque a escola debe de ser un dos ámbitos, xunto co fogar, no que se faga máis fincapé nunha educación en igualdade. Loitar contra a violencia contra as mulleres é fundamental. E como mostra da nosa loita, lemos algunhas das reflexións que fixeron os nosos alumnos sobre o tema.

 

Aguiar, o Instituto laranxa (O.L.A)...e as Catherinettes


Se foi mera casualidade..., se foi debido a que a pintura para portas estaba aquel día de oferta ou se era a cor preferida do arquitecto...iso non o saberemos posiblemente nunca.

O certo é que no Instituto Francisco Aguiar pódese atopar por onde queira que vaias a cor laranxa: na barra da cafetería e nas mesas que ateigamos cada recreo, nas portas de clases e despachos, os propios rodapés... todo a xogo coa proposta que para o 25 de novembro nos fai a ONU: pintar de laranxa este día para reivindicar o fin da violencia de xénero. 

Nós tivemos coñecemento da proposta ao fío da magnífica exposición de sombreiros de Catherinettes que se atopa na nosa Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" . Por tal motivo a consigna para o día 25 tiña que ser en francés. Palabra clave : O.L.A   ("Oranger le Aguiar")

Así que hoxe 25 de novembro reivindicando o final da violencia de xénero o "Instituto laranxa" completará o seu tinxido coas nosas vestimentas: camisetas, xerseis, panos, puchas, foulards, bufandas laranxas van encher neste día andeis e corridores a xogo con portas e rodapés.

 

Parellamente, na biblioteca,  disfrutaremos da exposición de Catherinettes. Da man do Departamento de Francés repasamos unha vella tradición francesa á que damos a volta, como se dunha luva se tratase, para facer dela unha reivindicación festiva e divertida da anceio por unha sociedade onde non haxa desigualdade por sexos e, menos aínda, violencia de xénero. 

Charla sobre o Banco de Alimentos. 24 novembro 2015

 

O 24 de novembro o alumnado de ESO 4º e BAC 1º mudará o labor academico habitual por unha chamada á solidariedade.


Voluntarios do Banco de Alimentos Rías Altas proporán ao noso alumnado unha acción solidaria colaborando coa Grande Recollida de Alimentos que terá lugar nos supermercados da nosa cidade entre os días 27 e 28 de novembro. Non é ista primeira vez que o Aguiar participa nesta inciativa, e agardamos que desta volta sexa co mesmo compromiso e participación que noutras ocasións.

 

Martes 24 de novembro. Club de Lectura da ESO . Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez

O martes 24 de novembro un numeroso grupo de alumnos e alumnas da ESO do IES Francisco Aguiar optarán, ao remate das clases da mañá, por quedar no Instituto para comer, pasar un bo rato e....CHARLAR SOBRE un LIBRO .

Animados pola experiencia de cursos anteriores o Grupo da Biblioteca volve a convocar a esta actividade ao alumnado participante nos clubs de lectura do IES Francisco Aguiar. Unha vez máis encheremos este espazo entre as clases da mañá e a da tarde coas viandas compartidas e a reunión dos grupos para intercambiar impresións sobre os libros que se leron neste trimestre.

¡QUE VÉN SENDO XERUNDIO!

Concurso de Chíos (vaaaaale......... tweets) de Nadal

IV CONCURSO DE TWEETS  DO NADAL

 

Con motivo das festas de Nadal, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de tweets .

Trátase de textos breves con forma de relato, mensaxe ou lemas

(como os que se realizan a través da rede social twitter)

cunha extensión máxima é de 140 caracteres.

 

BASES DE PARTICIPACIÓN

 

 1. Poderán participar todos os alumnos que así o desexen. O tema terá que ver co Nadal. Cada un poderá envíar un máximo de tres tweets.

 2. As persoas que presenten os seus tweets ao concurso serán responsables da orixinalidade e

autoría dos mesmos. O IES Francisco Aguiar resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos

presentados, fosen premiados, ou non.

 3. A presentación dos tweets poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina

web do IES Francisco Aguiar o día 23 de novembro de 2015 , ata o 14 de decembro de de 2015 ás 15:00 h.

 4.Admitiránse dúas modalidades á hora de presentar os tweets.

  • Remitindoos ao correo electrónico da biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • Na Biblioteca en sobre pechado con lema e no interior o tweet ou tweets e un sobre pechado co nome do participante.

5. Haberá un Xurado integrado por cinco persoas do Equipo da Bibliuoteca que será o encargado de avaliar os tweets presentados.

6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

7. O xurado emitirá o fallo antes do día 18 de decembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar no que designará o mellor tweet e os finalistas.

8. O premio consistirá nun vale de 20 euros para a compra dun libro, cómic, disco ou DVD.

9. A presentación dun tweet á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases.

Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

 

 

Hora de Lectura. semana 23 a 27 de novembro. 2ª sesión

8ª SEMANA [2ª SESIÓN] 
 

Outra semana a ler, pero non é esta unha semana máis. 
Corresponde ás institucións públicas, e polo tanto, tamén á Escola, loitar para evitar calquera tipo de inxusticia; por iso, no Aguiar empregaremos sempre todas as forzas para concienciar á comunidade na imprescindible erradicación da discriminación sexual e unha das súas peores manifestacións: a violencia contra a muller.
As mulleres que pintou Sylvia Plath desexarían pensar un mundo no que as historias sobre as que escriben estas microrrelatistas colombianas Paula Carballeira fosen arqueoloxía do pasado, dun terrible pasado...  

Calendario de actividades. Semana do 23 ao 27 de novembro

Luns 23

Ábrese o prazo para o concurso de tweets (Chíos!) de Nadal 

Martes 24

Enchemos o Instituto de leons e leoas. Mediodía de Club de Lectura para a ESO

Martes 24

Charla ao alumnado de ESO 4º e BAC 1º sobre o Banco de Alimentos e a súa iniciativa solidaria

catherinettes.gif

Mércores 25

Inauguración na Biblioteca da exposición de sombreiros pola festa das Catherinettes

Mércores 25 

Sumámonos á iniciativa da ONU contra a violencia de xénero pintando de laranxa o Instituto. Traballo sobre a exposición de carteis "Cartas de Amor"

 

Venres 27

Alumnado de 1º e 2º BAC visitarán en Lugo a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz"

casa museo casares quiroga 80x80

 

Miniaturas+Pes foto_SEOANE_gal_page6_image15

 

 

 

Venres 27

Con alumnado de ESO 3º,  organizada polo Dpto. Educación Plástica e Visual: Visita á Casa_Museo Casares Quiroga (sede actual da exposición "Betanzos Histórico" realizada polo alumnado do IES Francisco Aguiar); Taller na Fundación Luís Seoane

 

 

 

Chegou aos nosos oídos... Pepe Valverde "rutas conscientes", mindfulness

Chegaron aos nosos oídos... as andanzas (nunca mellor dito) do compañeiro de Educación Física, o profesor Pepe Valverde.  

Dende a súa chegada ao noso instituto coñecemos a súa incesante actividade co alumnado da ESO para facelo coñecer a natureza próxima (Monte do Gato, Eume, Mandeo...).

O  pasado curso 2014-2015  impulsou e dinamizou un seminario permanente cun grupo de profesores do Aguiar que exploraba o uso didáctico do mindfulness e a súa vinculación cun novo xeito de percibir a vivir a/na natureza. 

O mindfulness preséntasenos  como unha práctica individual que nos axuda a conectar, a coñecer e afondar na nosa esencia. A vivir e aceptar o momento presente. Propón unha mirada fonda cara ao entorno, chea de aceptación, compaixón y tenrura. A mesma que propón para cada quen. 

Este ano Pepe está a afondar ampliando formación personal e práctica a través de "rutas conscientes" pola natureza galega como se pode seguir a través do seu blog ou da súa páxina de facebook 

Chegou aos nosos oídos... Óscar García segundo premio no IV Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

 

Chegou aos nosos oídos ...

 

que o compañeiro Óscar García Ramos.

 

 

profesor de Lingua e Literatura Galega,

 

 

mestre oficial de xadrez do Aguiar

 

 

"perexil" de tantas salsas festivaleras en fin de trimestre,

 

 

eximio letrista e compoñente do coro "FA menor" do IES Francisco Aguiar...

 

...

 

acaba de recibir (por se non chegaba co curriculum antedito)

 

o segundo premio no IV Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

 

que convoca o Concello de Mondoñedo

 

 


 

Distribuir contido