Horto escolar

CAMBIOS ...

 

Tomates e ravos no invernadoiro, medrando devagar. Leitugas e cenorias ben frondosas. Os porros  erguéndose nos bancais.  Cebolas,  allos … paseniño,  esperando o momento de se amosar. Caraveis,  con  xacintos que arrecenden e tulipáns en branco relucente. Se queres ver os produtos da horta, preme na foto.

 

 

MÁIS MANS, MÁIS PLANTAS ....

 

Que ben o pasaron na horta os nenos e as nenas de educación infantil !!!  Ademais da  compañía das súas profes , tiveron a sorte de contar coa axuda  dos voluntarios/as que lles explicaron moitas, moitas cousas: como preparar a terra, a forma de  plantar as leitugas e os tomates,  como usar as regadeiras para que as plantas dispoñan de auga para alimentarse ….  e, sobre todo,  contaxiaron  respecto e amor  pola natureza,  sempre  xenerosa  con nós. Se premes na foto, poderás ver máis imaxes.

 

 

LUZ, CALOR, AUGA, MANS ...

 

Aí están nenos e nenas traballando na horta. Guiados polos seus mestres e mestras seguen a plantar, regar e coidar os cultivos.  O sol, a luz, o calor, a auga, a natureza ….. fan o resto. Preme na foto e poderás ver máis imaxes.

Adiantos na horta

Despois duns días calurosos comezamos a observar cambios na nosa plantación. O sol, a auga  e a dedicación fanse notar. Preme na imaxe e verás máis fotos.

 

Traballos na horta. 2º e 4º sementan

30 de marzo 2017

Chega a primavera e as saídas ó horto son máis regulares.

Que terá Frian que "engancha"?

Esta vez, cunha voluntaria moi experta na materia, a mestra Nieves, aprendemos a plantar leitugas, do noso propio invernadoiro. Tamén plantamos allos. Collemos as plantas do invernadoiro, preparamos a terra, tomamos medidas... nas seguinte fotos podes ver como traballamos:

 

 
Grazas Nieves, por dedicarnos o teu tempo!

Powered by Drupal - Design by artinet