ENTROIDO 2013

 

                                                                                                     

GRAN FESTA DO ENTROIDO 2013 NO COLEXIO FRIAN

Este venres 8 dende as 16:00 horas, o noso cole quere que non falte ninguén a nosa Festa de Entroido, por elo o ANPA cun grande esforzo, vai repartir moitos premios para que vos animedes a participar:

  • 8 premios para os NEN@S do Colexio ( 2 POR Ciclo: Infantil, 1o-2o, 3o-4o, 5o-6o)
  • 1 premio para o mellor PROFE disfrazad@
  • 1 premio par a o irmán mellor disfrazado dalgún nen@ do cole incluidos bebés.
  • 1 premio para a mellor LAMBONADA do Entroido ( entregaráse o mesmo día no local do ANPA)
  • 1 premio para o mellor POEMA ou CANTIGA relacionados co entroido ( idade de participación de 3 a 99 anos) e xa se poden ir entregando no ANPA.
  • 1 Premio para o millor disfraz de adulto.
  • 1 premio sorpresa

Para todos aqueles que non lles dea tempo de prepararse haberá desde ás 16 horas un taller de MAQUILLAXE.
Como sempre teremos merenda servida no BAR polos alumnos de 6o con productos típicos do Entroido. Por suposto haberá MÚSICA e lembrar que o único que hai que traer da casa son as DENTADURAS e moitas gañas de pasalo ben.
Agardámosvos a tod@s e pasaremos lista. ¡!! NON FALTEDES ¡!! 

 

  1. O ANPA.

Powered by Drupal - Design by artinet