Saídas e visitas

Saídas e visitas

MUSEO LISTE 11 DE ABRIL

O Museo Liste é un dos museos mais importantes da nosa cidade, unha representación excelente da cultura galega. Algunhas clases de Educación Infantil visitaron o museo e non quedaron indiferentes.Ademais poderon gozar dun obradoiro de instrumentos musicais moi divertido.

A POLICÍA LOCAL: TODA UNHA AVENTURA

Os mais pequenos do cole visitaron a Policía Local.Todos quedaron encantados e coñeceron todas as dependencias da policía :sala de reunións,tráfico, ximnasio, taller,motos...

 

MUSEO LISTE 15 DE MARZO

O pasado xoves 15 de marzo algúns grupos de Educación Infantil visitaron o Museo Liste. Un dos museos mais importantes da nosa cidade.Un museo que reflicte con veracidade a historia da cultura galega. Un museo para maiores e pequenos que sin dúbida non nos deixou indiferente e que nos encantou visitar. Non vos perdades unha pequena mostra de todo o que aprendimos neste video.

 

UNHA VISITA Á POLICÍA LOCAL

Este martes os nenos de 4 e 5 anos fixemos unha visita moi especial ao corpo de Policía Local de Vigo. Coñecimos as instalacións así como o seu  funcionamento e pasámolo xenial. Non vos perdades este video onde o resumimos!

OS NENOS DE 3 ANOS VISITAMOS O MERCADO DAS TRAVESAS

Este xoves os pequenos do cole visitamos o mercado das Travesas, aprendimos un montón de cousas e coñecimos os diferentes postos que existen no mercado, a diferencia entre mercado e supermercado, así como os diferentes productos que alí podemos atopar. Pasámolo en grande e sen dúbida voltaremos pronto a visitar o mercado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet