Saídas e visitas

Saídas e visitas

A VILA DE BOUZAS

nenos/as en Bouzas

Se queres ver máis fotos visita a nosa galería de imáxenes

Os nenos/as e mestras de 4 anos fixemos unha saída "A VILA DE BOUZAS".

Visitamos o mercado, onde vimos moitos peixes, a carnicería e a froitería.

Despois paseamos pola alameda onde os pescadores poñían as súas redes a secar.

Tamén camiñamos polas rúas da Vila e fomos a IGREXA DE SAN MIGUEL.

Rematamos a visita na prais de Bouzas onde collimos moitos tesouros: algas, cunchas, pedriñas, etc...

PASÁMOLO MOI BEN!!!

 

 

 

 

O tren da lingua

Os nenos e nenas de cinco anos foron a Pontevedra no "tren da lingua".

 Para ver máis fotos visita anosa galería de imáxenes

 

tren da lingua

 

RATA LINDA EN COMPOSTELA

Rata Linda en Compostela 
O luns 23 de marzo de 2009, os nenos e nenas de Educación Infantil, Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria acudimos á representación do conto Rata Linda en Compostela.
Tratábase dunha versión do conto da Ratiña Presumida, segundo o libro de Bernardino Graña (Ed. Xerais). 
Os dous personaxes fixéronos pasar un rato moi divertido.  
Podes ver máis fotos no blog da Biblioteca , e tamén na nosa galería de fotos

Powered by Drupal - Design by artinet