Saídas e visitas
VISITA CARREFOUR ASTRONENO
VISITA DOS BOMBEIROS
OHHHHH SORPRESA!
O venres 19 de decembro tivemos una incrible sorpresa. Viñeron “OS BOMBEIROS”. Non o podíamos crer, eran de verdade, e viñan en camión de bombeiros…
Nos deixaron poñer os seus traxes, o seu casco, as mascarillas de osíxeno e nos contaron un montón de cousas que non sabíamos do seu traballo, que é super INTERESANTE!
VIAXE A ILLA DE SAN SIMÓN
Para celebrar o final do curso os nenos e nenas de 5 anos fixemos unha viaxe a illa de San Simón. Unha viaxe en barco moi divertida. Percorrimos a illa e contáronnos cousas de piratas, de pantasmas e tamén dalgunha tristura e ... pasámolo de maravilla cos xogos que nos tiñan preparados. Tamén tivemos que buscar nun mapa un tesouro agochado. Aquí podedes ver as fotos da nosa aventura!
OBRADOIRO DE IGUALDADE
No obradoiro de Igualdade deste ano no que participamos os nenos e nenas de 5 anos descubrimos que todas e todos somos iguais. Nenos e nenas podemos levantar as nosas pernas as nosas mans, podemos falar e xogar cos mesmos xoguetes. Podémolo ver nas seguintes fotos:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »