Educación Plástica e Visual

Actividade de fotografía. Saídas de campo cos 3º de ESO

Ao longo desta semana cos 3º da ESO, o departamento de Educación Plástica e Visual, con J.M. Rey Bao ao frente, organiza unha:

actividade foto campo

Video resumo. Intercambio territorial Courel - Ribeira Sacra do Proxecto Terra 2019.

Video resumo de moitas cousas, da beleza singular da paisaxe, do desfrute dos participantes no intercambio, ... dunha experiencia que, sen dúbida é, moito maior do que se pode plasmar nun vídeo. Grazas a todos os que a fixeron posible.

Proxecto Terra: Intercambio territorial Courel/Ribeira Sacra

proxecto terra

Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.

O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.

•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.

O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.

'Espazos Baleiros' nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO

A nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO titorado por José Manuel Rey Bao lévanos aos 'Espazos Baleiros'. Estas fotografías, expostas nos taboleiros da planta baixa do edificio principal fronte á sala de profesores, nos levan a ollar lonxe da presencia de persoas, diferentes rúas, prazas e lugares da nosa vila.

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Espazos baleiros

Charla co autor MiguelAnxo Prado para os 3º da ESO

Miguelanxo Prado

O vindeiro luns 14 de xaneiro os Departamentos de Educación Plástica e Visual e Lingua Galega e Literatura organizan unha charla co autor de banda deseñada Miguelanxo Prado. 

De 12:35 a 14:15 horas no salón de actos do IES Francisco Aguiar para os 3º da ESO

Fotografía De Alberto Ramos - CC BY 3.0, Enlace

Exposición dos grabados feitos polo alumnado de 1º da ESO na fundación CIEC

Os pasados 18 e 19 de decembro, o alumnado de 1º da ESO asistiu á fundación CIEC para a realización duns obradoiros de grabado da man de Marta Penalonga Chao, a súa profesora de Educación Plástica e Visual. Agradecer aos profesionais da fundación CIEC toda a súa atención para facer désta unha grata experiencia que nos fixo sentir coma na casa. Descobrimos tamén que para moitos/as dos nosos alumnos/as dábase continuidade a outros obradoiros similares desenvoltos na súa etapa no Vales Villamarín. Foi moi agradable ver coma os monitores se lembraban e valoraban que os alumnos/as xa reflexaban unha evolución á hora de enfrentarse á técnica de grabado á punta seca.

Efectivamente, como poderedes constatar a través das fotografías desta entrada, non podemos menos que felicitar a todos/as artistas e a Marta Penalonga profesora de Educación Plástica e Visual polo seu traballo. Parabéns artistas!

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Obradoiros grabado na CIEC

Continuación da reforma artística das portas do Aguiar

Todos os que estudaron no edificio principal do 'Aguiar' lembran a rechamante cor das portas laranxas do instituto. De feito, adoitan a preguntar acerca de se continúan mantendo esa cor.

“Estamos no ano 2019. Todo o 'Aguiar' segue ocupado polas portas laranxas… ¿Todo? ¡Non! Un Departamento de Educación Plástica e Visual poboado por irreductibles creadores plantea resistencia ....”

Sentímonos orgullosos de ensinarvos a continuación da iniciativa "pintaportas" promovida por Xosé Manuel Rey Bao. Nesta derradeira xornada antes de Nadal realizouse a intervención sobre as portas dos servicios do alumnado do 1º andar do edificio principal. A carón dos Laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía levan as imaxes de Jane Goodall e Charles Darwin.

pintaportas bioxeo

Lembramos aquí os antecedentes que puxeron a Marie Curie e a Einstein noutras portas do 'Aguiar'.

Parabéns a todos os artistas participantes neste proxecto e grazas polo voso traballo na mellora do noso día a día no centro. 

Agardamos continuar informando de vindeiras iniciativas.

Visita e obradoiros de grabado na Fundación CIEC

Fundación CIEC

O martes 18 e mércores 19 o alumado de 1º da ESO realizará visitas-obradoiros na fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea) de Betanzos.

O Centro Internacional da Estampa Contemporánea é un fundación onde concorren creación, exposición, investigación e formación situado na "Casa Núñez" no centro do casco histórico brigantino.

 

Logo Ciec

O noso alumnado de 1º da ESO realizará obradoiros de grabado acompañados da súa profesora de educación plástica e visual Marta Penalonga Chao.

Grupo Día Horario
1º C martes 18 decembro de 9:35 a 11:30
1º D martes 18 decembro de 11:30 a 13:25
1º A mércores 19 decembro de 9:35 a 11:30
1º B mércores 19 decembro de 11:30 a 13:25

 

Visitas didácticas ao casco antigo de Betanzos para alumnado de 3º da ESO.

rúas doentes

 

Ao longo desta derradeira semana do trimestre, alumnado de 3º da ESO realizará uns percorridos guiados polo casco antigo de Betanzos moi especiais. Trátase de ollar, de ver, de redescubrir o seu entorno máis cercano da man do profesor de educación plástica e visual J. M. Rey Bao  e do profesor de xeografía e historia Julián Ferrer.

 

Curso Día Horario
3ºA Luns 17 de 12:35 a 14:15
3ºB Martes 18 de 08:45 a 10:25
3ºC Xoves 20 de 08:45 a 10:25

 

Só lembrar que de percorridos similares naceron iniciativas e fotografías coma as de "Betanzos 800 detalles" ou a recente exposición "Rúas doentes", entre outras.

 

 

 

Concurso Betanzos detalles de 800 anos

Betanzos en Detalle

En febreiro de 2019 celebraremos o octavo centenario do traslado de Betanzos desde Tiobre ao seu actual emprazamento. Con este motivo, conscientes de que o noso Casco Antigo ten un gran interese histórico-artístico, e coa intención de fomentar o seu coñecemento e conservación, o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar convocan o concurso

"DETALLES DE OITOCENTOS ANOS",

de acordo coas bases que se poden ler nesta mesma entrada ao premer en ler máis.

Pódese descargar o díptico para participar se se preme na imaxe.

Distribuir contido