ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 8 DE NOVEMBRO DE 2022

08/11/2022 15:02
Europe/Andorra

 

 

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 8 DE NOVEMBRO DE 2022

 

Ás 16:15 horas do 8 de novembro de 2022, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día:

  1. Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar.
  2. Aprobación dos censos electorais.
  3. Aprobación do calendario electoral.
  4. Rogos e preguntas.

 Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:

· Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores.

· Aprobar o seguinte calendario electoral:

 

  1. Prazo de presentación de candidaturas: Do 11 ao 18 de novembro, ambos incluidos.
  2. Proclamación provisional de candidaturas: 18 de novembro.
  3. Prazo de reclamacións: 19 - 20 de novembro.
  4. Proclamación definitiva de candidaturas: 21 de novembro
  5. Votación alumnado: 29 de novembro
  6. Votación profesorado: 29 de novembro [apertura de mesa: 10:20 / peche da mesa: 11:30]
  7. Votación pais/nais: 29 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
  8. Proclamación de candidatos electos: 1 de decembro

 

 

 

 

 

 

Adrián Roca Medal

 [representante do alumnado]

Ana Villar Ponte  [representante do PAS]

Carmela Rodríguez Rodríguez [representante do profesorado]

 

 

 

 

 

Mónica Casal Fernández  [representante de nais, pais, titores legais]

 

 

Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]

 

En Betanzos a 8 de novembro de 2022

 

Visita 360º ás obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo

O pasado mes de outubro o alumnado de EPVA de 1º BAC foi invitado a visitar as obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo en Betanzos. Todo un luxo que hai que difundir e aproveitar. De ahí a coller a cámara 360º do centro e facer un par de contidos interactivos en diferentes plataformas e posibilidades. Comezo con H5P que está integrado dentro das AV Moodle e Edixgal. Para acceder a este contido e navegar por él debes entrar na AV do centro coma convidado. Preme na imaxe para comezar, recoméndovos o modo pantalla completa para navegar polas 4 imaxes 360 interactivas e mesmo responder preguntas ou facer actividades. 




Outra forma pero sen a parte de preguntas interactivas é un contido similar dentro da plataforma Roundme que tanto segue a gustarme e que permite colgar estes contidos de xeito gratuito. A gran vantaxe que lle vexo é a facilidade para cambiar a modo de gafas de VR nesta plataforma, algo que aínda non probei con H5P, e que permite unha experiencia completamente inmersiva.

 
 

 
De calquera das formas, semiinmersiva ou inmersiva, en pantalla ou con gafas, con preguntas interactivas ou só con contido asociado, disfrutade con nós desta visita que temos que agradecer e da que tantas ganas teñen todos os amantes do Parque do Pasatempo en Betanzos. Xa queda menos para volver a disfrutar de paseos por este entorno tan singular.
 
Dende esta páxina expresar o noso agradecemento ao Concello de Betanzos por invitarnos a esta visita e á asociación de amigos do Parque do Pasatempo co seu blogue http://parquepasatiempo.blogspot.com/ pola súa labor divulgativa e cultural.

HORA DE LER

06/11/2022 14:20
Europe/Andorra

Ler co virxinal asombro que se lle atribúe aos anxos...

Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas. Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR: SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

03/11/2022 16:47
Europe/Andorra

 

 

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Seguindo as instrucións establecidas na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG número 187 do 30 de setembro de 2022, procederase á renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR do IES Francisco Aguiar.

Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o xoves día 3 de novembro ás 13:30 horas, coa presenza de Sara Fraga Sánchez (en representación dos alumnos), Begoña Calviño Ruanova (en representación do persoal de administración e servizos), Julia Ferreiro Regos (en representación do profesorado) e Rubén Otero Pérez (en representación de nais, pais e titoras ou titores), celebrouse, mediante o emprego dunha aplicación informática, o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado:

REPRESENTANTES DO ALUMNADO:

Adrián Roca Medal [Titular]

Antón Mosquera Martínez [Suplente]

REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS:

Mónica Casal Fernández [Titular]

Verónica Rebollal Teillet [Suplente]

José Luis Arias Cubilledo [Suplente]

 

REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

Ana Villar Ponte [Titular]

Jessica Álvarez Caamaño [Suplente]

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

Carmela Rodríguez Rodríguez [Titular]

Álvaro Rivas Ares [Suplente]

Á Xunta Electoral, constituida por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de tres representantes do alumnado, tres representantes do profesorado, dous representantes de pais ou nais, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuáis representantes.

Rogamos a todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar, que estean atentos ás instrucións que publicitará a Xunta Electoral do IES en próximas publicacións.

En Betanzos, a 3 de novembro de 2022.

 

 

Francisco Rodríguez Coloma

Director do IES Francisco Aguiar

 

HORA DE LER

02/11/2022 09:46
Europe/Andorra

 


 

 

En días como estes, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida. 
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida. 
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.

Bases do Concurso de Debuxo contra a violencia de Xénero

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de debuxos sobre esta temática a e a súa denuncia.
 
CONCURSO DE DEBUXO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de debuxos sobre esta temática a e a súa denuncia.
 
 
BASES DE PARTICIPACIÓN
 

1. 

Pode participar todo o alumnado. Cada persoa pode envíar até dous debuxos, que serán entregadas á profesora Elena Pernas, docente de Matemáticas.

 

2. 

Os debuxos participantes no concurso terán como tema “A violencia de xénero”.

 

3. 

A identificación persoal da autoría do debuxo realizarase unha vez emitida a resolución do xurado.

 
3. As persoas que presenten os seus debuxos ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O IES Francisco Aguiar resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos presentados, fosen premiados, ou non.
 
4. A presentación dos debuxos poderá realizarse desde o mesmo día da publicación destas bases na páxina web do IES Francisco Aguiar até o día 21 de novembro de 2022, ás 14:15h.
 
5. Haberá un xurado integrado por cinco persoas, tres profesores e dous alumnos, que será o encargado de avaliar os debuxos presentados.
 
6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.
 
7. O xurado emitirá o fallo o día 25 de novembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar, e no que designará o mellor debuxo e os finalistas.
 
8. O premio entregarase en Dirección durante o segundo recreo do día 25 de novembro. Consistirá nun vale de 15 euros para o primeiro premio e dous de 10 euros para os áccessit, para a compra dun libro ou disco.
 
 

9. 

A presentación dun debuxo á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases. Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Raquel Vázquez obtivo unha Beca Leonardo

27/10/2022 12:02
Europe/Andorra

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Raquel Vázquez obtivo unha Beca Leonardo

A nosa [ex] Raquel Vázquez foi seleccionada na categoría de Creación Literaria y Artes escénicas co proxecto narrativo titulado Esta vida iba a ser otra

Nesta categoría de Creación Literaria coincide con outras autoras e autores emerxentes como Noemí Sabugal, Sabina Urraca, María do Cebreiro, Lucía Carballal, Estefanía de la Chica ou Manuel Astur González-Álvarez.

As Becas Leonardo a Investigadores y Creadores Culturales de la convocatoria de 2022, teñen unha dotación global de 2.200.000 euros. Na ligazón pódese ver a composición dos distintos xurados e os beneficiciarios: Ciencias Básicas; Matemáticas; Biología y Biomedicina; Ciencias del Medio Ambiente y de la Tierra; Ingenierías y Tecnologías de la Información; Economía, Ciencias Sociales y Jurídicas; Humanidades; Música y Ópera; Creación Literaria y Artes Escénicas.

Parabéns...

EMPRENDER: UNHA VIAXE HEROICA

 

O 13 de outubro os alumnos do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais asistiron a unha conferencia sobre o espíritu emprendedor impartida por Angel Noguerol da Cámara de Comercio de A Coruña.

Na charla abordáronse as cualidades que debe reunir a persoa que decide emprender un negocio pola súa conta e o camino que debe seguir para poñer en marcha o seu proxecto, así como as diversas axudas (económicas e/ou de consultoría) que ofrecen as Institucións, con especial referencia ó programa España Emprende da Cámara de Comercio.

Nunha segunda parte relatáronse diversas experiencias emprendedodras de éxito que poden servir de referencia a futuros candidatos, como Angel Cycle Works.

Interesantísima xornada apra achegar o reto do empredemento á xente nova.

Días festivos na semana de 31 de outubro

Comunicamos que a día 10 de outubro o Consello Escolar acordou trasmitir á Xefatura Territorial a solicitude dos seguintes días non lectivos: 2 de novembro e 2 de maio.

A Xefatura Territorial ven de comunicar que acepta esa petición, polo tanto o próximo día 2 de novembro non haberá clase no noso IES.

Lembramos que o Consellería de Educación, na súa ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinou que, no curso 2022-2023, o día do Ensino se celebre o próximo 31 de outubro, que se considera día non lectivo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.html

 

Finalmente, cabe lembrar que o día 1 de novembro é festivo de ámbito estatal.

 

THEODOR KALLIFATIDES: ENTREVISTA #SOS CLÁSICAS

25/10/2022 16:25
Europe/Andorra

⚠️THEODOR KALLIFATIDES⚠️

Reproducimos, con toda a gratitude, a entrada compartida por SOS Clásicas nas RRSS.
  

Neste #venresclásico temos un protagonista de excepción, o escritor de orixe grega Theodor Kallifatides.

O vídeo que vos presentamos hoxe foi gravado en maio, máis en concreto, na súa visita a Betanzos.

Dende aquí queremos agradecer a imprescindible colaboración do @iesfcoaguiar e, como non, as palabras dun autor que formará parte da literatura e que medrou entre os mitos e as lendas gregas!

#theodorkallifatides #literaturagriega #escritoresgriegos #escritoressuecos #griego #latín #greciayroma #culturaclásica #mitología Que día tan fermoso!

Grazas a Theodor Kallifatides, por ser e por estar; á Biblioteca Ies Francisco Aguiar por deixarnos esta parcela de "protagonismo" a Sos Clásicas . Grazas á Margarita Olivar Roldán pola tradución desta entrevista e á nosa Κασσάνδρα Καρβαλλειρα polo paciente e laborioso traballo de edición.  

Susana Losada Soto

Distribuir contido