Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 31, 2022

O 31 de outubro, día do Ensino, ten a consideración de día non lectivo.

Martes Novembro 01, 2022

O día de Todos os Santos é un día festivo de ámbito estatal e ten a consideración de día non lectivo.

Mércores Novembro 02, 2022
Start: 02/11/2022 09:46

 


 

 

En días como estes, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida. 
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida. 
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.

O día 2 de novembro ten consideración de día non lectivo, ao ter sido escollido polo Claustro como un dos festivos de centro.

Xoves Novembro 03, 2022

O responsábel do Banco de Alimentos Rías Altas visitará o noso centro para informar ao alumnado de 4º de ESO sobre a actividade desenvolvida por esta institución. Ás 9:35 será o turno de 4ºA e 4º B, e ás 13:25 o de 4ºC e 4º D.

Start: 03/11/2022 16:47

 

 

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Seguindo as instrucións establecidas na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG número 187 do 30 de setembro de 2022, procederase á renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR do IES Francisco Aguiar.

Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o xoves día 3 de novembro ás 13:30 horas, coa presenza de Sara Fraga Sánchez (en representación dos alumnos), Begoña Calviño Ruanova (en representación do persoal de administración e servizos), Julia Ferreiro Regos (en representación do profesorado) e Rubén Otero Pérez (en representación de nais, pais e titoras ou titores), celebrouse, mediante o emprego dunha aplicación informática, o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado:

REPRESENTANTES DO ALUMNADO:

Adrián Roca Medal [Titular]

Antón Mosquera Martínez [Suplente]

REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS:

Mónica Casal Fernández [Titular]

Verónica Rebollal Teillet [Suplente]

José Luis Arias Cubilledo [Suplente]

 

REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

Ana Villar Ponte [Titular]

Jessica Álvarez Caamaño [Suplente]

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

Carmela Rodríguez Rodríguez [Titular]

Álvaro Rivas Ares [Suplente]

Á Xunta Electoral, constituida por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de tres representantes do alumnado, tres representantes do profesorado, dous representantes de pais ou nais, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuáis representantes.

Rogamos a todos os membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar, que estean atentos ás instrucións que publicitará a Xunta Electoral do IES en próximas publicacións.

En Betanzos, a 3 de novembro de 2022.

 

 

Francisco Rodríguez Coloma

Director do IES Francisco Aguiar

 

Domingo Novembro 06, 2022
Start: 06/11/2022 14:20

Ler co virxinal asombro que se lle atribúe aos anxos...

Unha das maneiras que ten o xénero humano de porfiar coa morte é manter vivas as persoas arrebatadas. Sabemos que é unha guerra que temos perdida, aínda que, xestos como o de querer ler historias, como as escritas por Anxos Sumai ou por Almudena Grandes, permiten obter a gratificante sensación de ter vencido, polo menos, nalgunha das contendas.

Martes Novembro 08, 2022
Start: 08/11/2022 08:30
End: 08/11/2022 10:30

O alumnado de Oratoria, de 3º de ESO, ten unha actividade asociada á aprendizaxe das habilidades comunicativas.

Start: 08/11/2022 15:02

 

 

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 8 DE NOVEMBRO DE 2022

 

Ás 16:15 horas do 8 de novembro de 2022, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día:

  1. Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar.
  2. Aprobación dos censos electorais.
  3. Aprobación do calendario electoral.
  4. Rogos e preguntas.

 Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:

· Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores.

· Aprobar o seguinte calendario electoral:

 

  1. Prazo de presentación de candidaturas: Do 11 ao 18 de novembro, ambos incluidos.
  2. Proclamación provisional de candidaturas: 18 de novembro.
  3. Prazo de reclamacións: 19 - 20 de novembro.
  4. Proclamación definitiva de candidaturas: 21 de novembro
  5. Votación alumnado: 29 de novembro
  6. Votación profesorado: 29 de novembro [apertura de mesa: 10:20 / peche da mesa: 11:30]
  7. Votación pais/nais: 29 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
  8. Proclamación de candidatos electos: 1 de decembro

 

 

 

 

 

 

Adrián Roca Medal

 [representante do alumnado]

Ana Villar Ponte  [representante do PAS]

Carmela Rodríguez Rodríguez [representante do profesorado]

 

 

 

 

 

Mónica Casal Fernández  [representante de nais, pais, titores legais]

 

 

Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]

 

En Betanzos a 8 de novembro de 2022

 

Mércores Novembro 09, 2022
Start: 09/11/2022 07:35
End: 09/11/2022 11:25

O alumnado de 4º de ESO C e D recibirán un obradoiro de "apoderamento lingüístico" impartido pola sociedade cooperativa Rexenerando e ofrecido polo Servizo de Normalización do Concello de Betanzos.

Domingo Novembro 13, 2022
Start: 13/11/2022 11:00

 

 

 

Pode ser que ela estea a ler un relato de Erri de Luca e el teña entre as súas mans unha antoloxía de contos de Lucía Berlin.

Ou ben que estea a suceder que mesmo nesta intersección temporal, ademais de coincidir as súas miradas ao través dos cristais, coincidan as súas eleccións... 

E polo tanto, a partir deste momento o que, até agora, ía en paralelo invertido, remate confluíndo nunha historia sobre a que alguén terá que escribir.

Martes Novembro 15, 2022

Ao longo da mañá os grupos de 2º de ESO participarán nun obradoiro de prevención de condutas suicidas.

 

Start: 15/11/2022 19:07

 

 

JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores», AGAL, Santiago, 2022, 112 páxinas.

Esta semana recibimos con xúbilo a visita de Javier Vázquez Costa, [ex] alumno do noso IES, que veu a agasallar á nosa biblioteca cun exemplar do seu primeiro libro. 

 

A súa titora do Traballo de Fin de Master, Teresa Moure, ante a excelencia do texto de Javier, Graduado en Ciencias Políticas pola USC, recomendou á editorial a publicación deste ensaio subtitulado As masculinidades nos videojogos.

Dúas observacións finais: 

Primeira: nestes momentos Javier está a traballar na empresa NorQuality no Departamento adicado ao deseño de plans de igualdade.

Segunda: a adicatoria (Para el IES Francisco Aguiar por enseñarme tantas cosas permitirme conocer a compas y profes increíbles y por ser la inagotable fuente de sueños y fantasías de tanta gente), non foi obtida a punta de pistola.

Parabéns, Javier!

 

Mércores Novembro 16, 2022

A delegación dSEDRA-FPFE Federación de Planificación Familiar en Galicia pon a disposición do noso centro un obradoiro de saúde sexual e prevención da violencia de xénero, que diriximos aos grupos de 1 de Bacharelato.

SEDRA-FPFE é unha organización non gobernamental que promove o dereito de todas as persoas a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución e que traballa con proxectos de educación sexual integral e atención á saúde sexual e reprodutiva.

Xoves Novembro 17, 2022

- O alumnado de bacharelato propuso as seguintes frases para `botar unha pensada´.

O 17 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA.


- Os  alumn@s de 2º de Bachalerato fixeron diversas interpretacións do símil da caverna de Platón.

 

 

 

Domingo Novembro 20, 2022
Start: 20/11/2022 14:42

A imaxe de Pau Valls está atravesada por unha liña diagonal. 

Entre o balón de fútbol e o libro, quedamos cun libro no que, por que non, se poida falar de fútbol... 

Eso si: preferimos os campos de O Carregal ou Riazor aos estadios de Qatar. 

A nosa vitoria: aprender a saber perder para, cando corresponda, saber ganar con dignidade e respecto aos compañeiros que tiveran xogado no papel de adversarios.

A primeira conmemoración do calendario escolar do presente curso está dedicada ao Día Universal de la Infancia.

Luns Novembro 21, 2022
Start: 21/11/2022 11:54

 

 

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 21 DE NOVEMBRO DE 2022

 

Sendo as 11:45 horas do 21 de novembro de 2022, reúnese a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. A orde do día foi a seguinte:

 

 

  1. Análise e resolución das posibles reclamacións ao censo electoral.
  2. Proclamación das candidaturas presentadas.

  3. Sorteo das mesas electorais de titores, nais e pais.

  4. Apertura do prazo de reclamación á proclamación das candidaturas: días 22 e 23 de novembro.

 

Tras verificar que non foi presentada ningunha reclamación ao censo electoral, examinadas as candidaturas presentadas no prazo e na forma establecida, determínase organizar alfabéticamente a seguinte relación:

 

REPRESENTANTES DO ALUMNADO:

REPRESENTANTES DOS PAIS, NAIS E TITORES

Barreiro Vázquez, Nébeda.

Dans Pena, María

Fernández García. Álvaro

Fraga Barral, Julia

Luces Bordón, Miguel

Pérez Fernández, Jorge

Suárez Sánchez, Sofía

Vázquez Vilariño, Alba

Cagiao Teijido, Susana

Fiaño Gándaras, Teresa

Otero García, María

Souto Seijo, Mónica

Vázquez Gómez, Patricia

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

Cagiao Teijo, Uxía

Casado Bravo, David

Del Río Entonado, David Isaac

Figueroa Varela, Alma María

Rodríguez Manso, Laura

 

Tras a proclamación das candidaturas presentadas, procédese a sortear os membros das mesas de representantes de alumnos, e de representantes de titores legais, nais e pais, co seguinte resultado:

 

MESA DO ALUMNADO:

MESA DOS PAIS, NAIS E TITORES

Porto Abeledo, Fátima

Campos Cupeiro, Rodrigo

Ulloa Rey, Nerea

Freire Calviño, Martín

Rodríguez Hermida, Carlos Alberto

Sánchez Vales, Juan Carlos

García Pais, Sonia María

Núñez Carro, Óscar

 

Por último a Xunta Electoral establece o seguinte prazo de reclamación á proclamación das candidaturas: días 22 e 23 de novembro.

 

 

 

 

 

 

Adrián Roca Medal

 [representante do alumnado]

Ana Villar Ponte  [representante do PAS]

Carmela Rodríguez Rodríguez [representante do profesorado]

 

 

 

 

 

Mónica Casal Fernández  [representante de nais, pais, titores legais]

 

 

Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]

 

En Betanzos a 8 de novembro de 2022

 

Martes Novembro 22, 2022
Start: 22/11/2022 10:35

O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Start: 22/11/2022 14:15
End: 22/11/2022 16:30

O alumnado de ciclo visita o hipermercado Eroski para coñecer un caso real dunha política de implantación de produtos dentro dos lineais, así como a planificación e preparación de campañas de promoción como o Black Friday.

Mércores Novembro 23, 2022
Start: 23/11/2022 12:56

Intersticio: Fenda ou pequeno oco entre dous corpos ou entre as partes dun corpo.

O noso sempre compañeiro Xosé Luís Mosquera Camba expón na sala da Libraría Biblos os seus colaxes desde o 29 de novembro ata o próximo 10 de xaneiro. Convidamos a todas as persoas interesadas na arte a presenciar a prospección dun artista tan esixente como XLMC.

Xoves Novembro 24, 2022
Start: 24/11/2022 08:40

O alumnado de 3º de EP dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Venres Novembro 25, 2022
Start: 25/11/2022 10:35

O alumnado de 3º de ESO dá clase ao alumnado dun grupo de 3ºEP do CEIP Vales Villamarín.

Domingo Novembro 27, 2022
Start: 27/11/2022 10:12

8ª SEMANA 

[2ª SESIÓN] 

 

   Nesta última semana do primeiro trimestre, pasados os exames, lendo a Berta Dávila ou a Albert Sánchez Pinyol, collemos aire para sentir xa a proximidade dese tempo de feliz descanso e reparación que nos devolverá axiña, con tenrura, á infancia. 

Martes Novembro 29, 2022
Start: 29/11/2022 14:00

O alumnado de ciclo visita o hipermecado Mercadona para coñecer, nun caso real, a distribución de seccións e reparto de lineais do estabelecemento de venda, así como da organización do almacén, da man do responsábel do supermercado.

Start: 29/11/2022 22:00

Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2022 conmemórase a Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia.

Mércores Novembro 30, 2022

Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2022 conmemórase a Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia.

Distribuir contido