CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: XOSÉ LUÍS MOSQUERA CAMBA, artista plástico

23/11/2022 12:56
Europe/Andorra

Intersticio: Fenda ou pequeno oco entre dous corpos ou entre as partes dun corpo.

O noso sempre compañeiro Xosé Luís Mosquera Camba expón na sala da Libraría Biblos os seus colaxes desde o 29 de novembro ata o próximo 10 de xaneiro. Convidamos a todas as persoas interesadas na arte a presenciar a prospección dun artista tan esixente como XLMC.