Proxecto Educación viaria

Xeometría e Educación Vial

A Xeometría e a Educación Vial van da man.

Se observamos, moi detidamente as sinais de tráfico, a xeometría está nelas. Partindo das mesmas mediremos, calcularemos áreas e melloraremos a nosa competencia matemática.

Terás que estar concentrado para conseguir cubrir con éxito as seguintes táboas de información sobre distintas sinais.

Ánimo!

 

Educación Vial no patio en MMAF

Xa por fin o tempo dou unha tregua e poidemos, no patio, facer a sesión de Máis e mellor actividade física, dirixida polo mestre Jose.

Nesta actividade (comentada nun post anterior) o alumnado de 5º, despois de estudar os percorridos das distintas liñas (azul, verde, vermella, amarela) tiñan que facelos efectivos cos cars ante a atenta mirada dos compañeiros/as, que debían ir anotando aqueles de datos de interese nunha ficha creada para tal fin.

Deseñamos e decoramos as maqueta

Unha das actividades que estamos a realizar neste proxecto é a creación dunha maqueta, para camiñar o robot. Pensabamos que ia ser máis sinxelo, pero  tivemos que ter en conta moitas medidas. Tardamos en darnos conta que o traballo tense que facer a escala. Solventados eses problemas, fixemos o deseño definitivo, que podes ver nas seguintes imaxes.

Outra actividade e pintar a maqueta para darlle realismo e facer edificios, casas e sinais en 3D para darlle maior realismo. Para iso aprendemos os desarrollos dos prismas. Como? Moi fácil, desfixemos unha caixa dunha mediciña e alí estaba o prisma en plano.....que ben, xa temos modelo. Lembra que debes reciclar para facer estes traballos.

Algunhas casas tamén foron feitas con axuda de papá e mamá na casa. Botade unha ollada, vai chalets!!!!

 

Actividade 3: Robótica con Scratch

A terceira actividade do noso proxecto foi o primeiro achegamento o programa scracht,  dicir que dou para bastante.

robótica

 

A competencia dixital do noso alumnado quedou de manifesto.

Para esta sesión necesitamos axuda de dúas expertas: María e Ana (Persoal de Dismedia) que nos axudou nestes primeiros pasos polo programa scracht.

Xurdiron algúns problemas pero os fomos solventando ata chegar a realizar unha actividade estupenda.

4º - 5º MMAF EDUCACIÓN VIAL-1

 

 

 

 

 

 

 

                               

 

  

 

 

 

                     

         

 

  

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet