Deseñamos e decoramos as maqueta

Unha das actividades que estamos a realizar neste proxecto é a creación dunha maqueta, para camiñar o robot. Pensabamos que ia ser máis sinxelo, pero  tivemos que ter en conta moitas medidas. Tardamos en darnos conta que o traballo tense que facer a escala. Solventados eses problemas, fixemos o deseño definitivo, que podes ver nas seguintes imaxes.

Outra actividade e pintar a maqueta para darlle realismo e facer edificios, casas e sinais en 3D para darlle maior realismo. Para iso aprendemos os desarrollos dos prismas. Como? Moi fácil, desfixemos unha caixa dunha mediciña e alí estaba o prisma en plano.....que ben, xa temos modelo. Lembra que debes reciclar para facer estes traballos.

Algunhas casas tamén foron feitas con axuda de papá e mamá na casa. Botade unha ollada, vai chalets!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet