Despois da visita de Zowi ó noso colexio, propuxémoslle o alumnado crear o seu propio Zowi para acompañar á maqueta na exposición de traballos de fin de curso. Así de bonitos e diferentes sairon os Zowis. En todas as creacións as matemáticas están moi presentes.
O alumnado de 5º despois de prácticar nas súas clases con sendos zowis, organizaron unha visita ó patio, onde estaba o alumnado de Educación Infantil que estivo moi atento ás explicacións sobre o funcionamento deste robot.
E para estrenar a nosas maquetas que mellor que un paseiño de Zowi por elas.
Maqueta de 5ºA
Maqueta de 5º B
Para empezar o mes de xuño tivemos a visita de ZOWI, persoal de Dismedia tróuxonos ó cole dous robots que fixeron as delicias de todos e todas. Nun primeiro momento explicáronnos como funcionan. A través dunha app o robot cobra vida. Aprendéronnos a manexalo, resultou moi sinxelo. Tamén nos mostraron como se pode programar para facer un percorrido en concreto, para facer iso precisamos duns cálculos matemáticos.
Presentámosvos a este novo amigo:
O mellor é que nas seguintes imaxes vexas as nosas caras, e os nosos avances en robótica.
Para prestar máis atención as sinais das rúas polas que paseamos, decimidos realizar unha Fotomaratón. A proposta está a ser todo un éxito e o alumando de 5º está a achegarnos fotos de sinais de moitos lugares. Preme na imaxe e poderás velas: