Teatro

CERTAME DE TEATRO ESCOLAR

O martes 28 de maio, o grupo de teatro de 6º, representante no programa de teatro intercentros, participou coa obra  "O conto dos contos" nas IV Xornadas municipais  de Teatro Escolar, no Audotorio do Concello de Vigo. Nesta xornada acompañáronnos o Ceip A Doblada e o Ceip Canicouva.

A representación foi todo un éxito.

Se queres ver a obra de teatro integra, podes ver o seguinte vídeo gravado pola mestra Luz no Auditorio do Concello

 

Parabéns ós nosos estupendos actores e actrices!!!

TEATRO 2013

Despois dun curso de ensaios, o alumnado de 6º dirixido polos mestres, Manolo Casas e Ana Piñeiro, por fin debutou coa obra de teatro "O conto dos contos"

O debut foi no Ceip Pintor Laxeiro, dentro do programa do Concello de Interteatro. O día sinalado, o 14 de maio, esperábannos neste cole con todo preparado. Para acompañarnos, dous grupos de teatro do cole, representaron para nós sendas obras de teatro: " Os mariñeiros e a sereíña" (grupo 2º de primaria) e " Os nenos que plantaron a pedra da auga" (grupo 6º de primaria). O final das representacións déronnos unha estupenda merenda.

A reportaxe fotográfica foi realizada pola mestra, Ana Cid, responsable da actividade de Teatro Intercentros do noso colexio.

Moitas grazas, pola acollida tan agarimosa que nos ofreceron, ó profesorado e ó alumnado do Pintor Laxeiro!

No Festival de Teatro Intercentros 2012

teatro

O 10 de maio, o alumnado de 3º representamos ao colexio Frian no Festival de Teatro Intercentros no Auditorio do Concello de Vigo. Fomos os encargados de clausurar as xornadas. Estivemos un pouco nerviosos pero fixémolo moi ben. Tamén vimos obras doutros centros moi bonitas.

O NOSO COLEXIO PARTICIPA NAS III XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

CARTEL DE TEATRO

O noso colexio, cun grupo de 3º de primaria participa, como ven sendo habitual, nas III Xornadas Municipais de Teatro Escolar. Nesta ocasión, pecharemos as xornada,s o xoves 10 as 12:30, no Auditorio do Concello de Vigo.

A continuación podedes ver, máis polo miúdo, a orde de actuación dos distintos colexios participantes:

TEATRO INTERCENTROS 2012

Visita do Ceip Belesar na actividade de interteatro 2012

O venres, 26 de abril, tivemos a visita do Ceip Belesar (Baiona). Participan xunto connosco (3º de primaria) e outros centros, na actividade de interteatro. Nesta ocasión representaron a obra de teatro  "O super erros".  Unha obra moi divertida, onde os "super heroes"  ceden os seus poderes a "super erro".

Houbo merenda, diplomas, agasallos e moitos, mopitos aplausos.

Noraboa polo voso traballo!

 

Powered by Drupal - Design by artinet