Teatro

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR 2011

CARTEL XORNADAS DE TEATRO

Hoxe, 7 de abril de 2011, os nenos e nenas de 4º de primaria acudimos o Auditorio da ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) a interpretar a obra de teatro "O Espíritu do bosque". Alí compartimos función co Ceip Seis do Nadal e Ceip O Pombal.

Decirvos que foi todo un éxito. Noraboa a todos e todas polo voso esforzo!!!

Nesta ocasión fomos acompañados do alumando de 5ºA que fixeron de figurantes durante a representación, moitas grazas pola vosa colaboración.

Deixámosvos unhas fotos dos ensaios e da chegada cos diplomas obtidos pola nosa estupenda participación.

O VÍDEO DA OBRA DE TEATRO

UNHAS ÁRBORES MOI ESPECIAIS

Frianciño está que bate as súas ás máis forte que nunca, por que? pois porque ten unhas árbores novas onde poder durmir... si, si como oes!

Estás árbores feitas en madeira foron pintadas por Carmen (nai de Noa Carmen, alumna de 5º A).  Temos que dicir que Carmen é Licenciada en Belas Artes e na actualidade traballa coma restauradora. Nas árbores non falta un moucho, un ourizo, unha vacaloura, paxariños e frores. Foi un pracer vela traballar, aprendemos moito.

Xulgade vós mesmos, algún momento do traballo e o resultado:

Powered by Drupal - Design by artinet