3ºESO

CHARLA COGAMI

Bos días:

Hoxe recibimos a visita no noso centro da asociación COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade).

Faláronnos das peculiaridades das lesións medulares (problemas intestinais, sexuais, osteoporose, dores...).

Contáronnos como sufriron o accidente que levounos a quedar en cadeira de rodas; do seu día a día; das actividades de poden facer; e como algún fai máis deporte agora que antes do accidente.

Explicaron ao alumnado cales son as precaucións que temos que tomar para evitar os accidentes: a progresión na aprendizaxe, o uso de material axeitado (casco integral), a valoración do risco...

Deixaronnos impactados coa súa vontade, a capacidade de resilencia e as ganas de seguir vivindo e disfrutando de experiencias.

Nova publicada no Faro de Vigo

PROXECTO ARQUITECTURA CON ÉTICA

Durante este terceiro trimestre o alumnado de Valores Éticos de 3º ESO está desenvolvendo o proxecto Arquitectura con ética

Logo de estudarmos os contidos correspondentes ao bloque 6 "Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía", ambos os grupos están construíndo cadansúa maqueta na que deberán deseñar a cidade do futuro aplicando os contidos vistos na aula. 

Deixamos unhas fotografías do proceso de construción e deseño. 

3º ESO-A

3º ESO-B

ORIENTACIÓN DEPORTIVA

Bos días:

Hoxe o alumnado de 3º da ESO disputou unha carreira de orientación nos arredores do curro da Valga (Loureza, Oia). Neste evento por parellas, os participantes tiñan que buscar no terreo as balizas (como as que nos mostran Pedro e Xoel) coa axuda dun mapa e un compás.

O profesorado non se quedou atrás e quedaron no segundo posto da clasificiaón xeral.

Agradecemos a colaboración da comunidade de montes de Loureza, que cedeunos o espazo.

No camiño de volta detivémonos no alto da Groba a contemplar as vistas da comarca.

 

QUÉROTE +

Os días 12 e 13 de abril, o alumnado de 3ºESO tivo unha nova sesión do Plan Proxecta Quérote +. Nesta ocasión estivemos analizando a influencia das novas tecnoloxías nas relacións humanas e como afectan ao seu desenvolvemento. 

Unha vez máis, os discentes deron conta do seu compromiso e da súa implicación coa actividade xa que participaron activamente nos debates que se crearon na aula ao tempo que demostraron un gran sentido crítico coas consecuencias que poden ter as novas tecnoloxías no eido das relacións amorosas. 

Para levar a cabo a sesión, visualizamos as curtametraxes Yo también te quiero e Doble Check, que deixan ver como a comunicación humana -especialmente no eido das relacións de parella- é sempre máis efectiva de xeito presencial. Finalmente, comentamos e explicamos as normas que deben rexer a comunicación na rede a través do documento "Netiqueta Joven para Redes Sociales: ciudadanía digital y ciberconvivencia". 

Eis o resumo fotogáfico de ambos os cursos. 

3º ESO-A

3º ESO-B

ACTIVIDADE: 

 

 

 

 

 

 

TROBANDO QUE É XERUNDIO

Co gallo do Día Internacional da Poesía, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro levamos a cabo a actividade que denominamos Trobando que é xerundio! co alumnado de 3º ESO.

Aproveitando que durante os trimestres anteriores estudamos a lírica medieval, puxémonos na pel de trobadores e de xograres de tal maneira que foron eles e elas quen compuxeron as cantigas ao tempo que contamos cun grupo de intérpretes que deron voz ás composicións. E velaquí o resultado. 

Felicidades, unha vez máis, aos grupos de 3º ESO polo seu compromiso coa materia e coa actividade. 

SESIÓNS DE QUÉROTE + 3º ESO

Para continuarmos co labor iniciado nas xornadas anteriores, levamos a cabo unha segunda sesión. Desta volta, fixemos fincapé na representación da muller na publicidade e na música e como afecta ás relacións persoais dentro do contexto do amor romántico. 

En 3º ESO-A estivemos analizando as letras de determinadas cancións que resultan ás claras misóxinas ademais de vermos os correspondentes vídeos musicais nos que se ofrece unha visión da muller como mero obxecto sexual. Eis un resumo fotográfico da sesión: 

 

En 3ºESO-B achegámonos á publicidade. Fixemos un percorrido histórico a través de diferentes anuncios publicitarios nos que a imaxe da muller queda relegada ao ámbito doméstico e nos que podemos observar comportamentos violentos, machistas e fortemente estereotipados. Certamente, a escolla dos anuncios causou unha grande indignación no alumnado, que chegou á conclusión de que aínda pervivien condutas claramente inaceptables. Eis unhas fotografías da sesión: 

Finalmente, os dous grupos realizaron a mesma actividade final. O guión que aparece na páxina 39 das fichas do Plan. 

Novamente, felicidades a todos e a todas polo voso traballo e capacidade crítica. 

 

SESIÓNS DE QUÉROTE + EN 3º ESO

O 29 de xaneiro tiveron lugar as primeiras sesións do Proxecto Qúerote + para o alumnado de 3º ESO. Nesta ocasión, estivemos reflexionando sobre os mitos do amor romántico e as súas consecuencias, o que nos levou á historia de Pepe e Pepa. Así mesmo, o alumnado coñeceu o labor que desenvolve o grupo Queer Anvengers a través dos vídeos da súa canle de youtube. Foi esta unha xornada de reflexión e de posta en común dos diferentes puntos de visto do alumnado na que gozamos de debates de forte intensidade. A participación e a implicación dos grupos foi excepcional. 

Achegamos a continuación unha serie de fotografias que resumen esta xornada. 

Fotografías da sesión co alumnado de 3º ESO-A.

Fotografías da sesión co alumnado de 3º ESO-B

Parabéns a todos e a todas! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LA RENTRÉE

MESURES ANTI-COVID19

Révise les différentes mesures pour te protéger et protéger les autres. Tu te souviens des conseils de Ladybug et Chat Noir? Regarde!

QUÉROTE MÁIS: DIVERSIDADE SEXUAL

Inda que o curso xa rematou, no CPI Cova Terreña lembrámonos da data de hoxe, 28 de xuño, Día do Orgullo LGTB.

Este curso, dentro do Plan Proxecta Quérote Máis traballamos conceptos relativos a identidade sexual e a orientación do desexo, analizándoos e diferenciándoos coma elementos clave dentro do proceso de sexuación, proceso que pode definirse cun único adxectivo DIVERSOS/AS.

Estes son algúns dos carteis propostos polo alumnado, realizados no mes de maio do 2020.

Feliz Día do Orgullo!!!!

 

 

Tarefas matemáticas académicas 3º ESO: 15-19 de xuño

Esta semana as sesións de videoconferencia serán no seguinte horario:

  • Luns: 11:30.
  • Venres: 10:10.

Os exercicios de cada día iranse indicando na aula virtual, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

 TAREFA. Aproveitamento da contorna.

Bos días:

Chegamos ao exercicio final.

As actividades que fixemos están todas referidas a obxectivos da propia materia. Isto vos posibilita ter unha visión máis ampla da materia, onde non todo é facer exercicio.

Nesta última materia teredes que investigar sobre as posibilidades que ofrece a contorna para desenvolver actividades físicas.

 TEDES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 15 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

A arte Barroca

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

 

Xa estamos aquí! Estas son as últimas actividades de Xeografía e Historia!

Foi un camiño con algúns obstáculos pero xa están superados. 

Podedes atopar as actividades na Aula Virtual,un documento de Word coas preguntas e xusto enbaixo o lugar para entregalas. 

 

Espero que as disfrutedes, a data límite de entrega adiántase ao xoves, pero é soamente unha actividade con 5 ou 6 apartados.... calcúlolle unha media horiña.

Moito ánimo a todos!

Tarefa Tecnoloxía 3º ESO - semana 8 xuño

Bo día! Damos a volta ao traballado a semana pasada. Agora traballaremos na obtención da perspectiva de pezas a partir das súas vistas. Tamén contaredes cunha tarefa de ampliación voluntaria para aqueles que queirades continuar co voso proceso de aprendizaxe e mellorar a cualificación da tarefa semanal.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Podedes atopar todos os recursos na Aula Virtual
  • Para o que necesitedes escribídeme ao e-mail (profetecnojess@gmail.com).

Esta semana teremos unha videoconferencia que vos confirmarei ao longo da semana. Estade atentos. Ánimo que isto se acaba!

Jessica



Tarefas matemáticas académicas 3º ESO: 8-12 de xuño

Esta semana as sesións de videoconferencia serán no seguinte horario:

  • Luns e mércores: 11:30.
  • Venres: 10:10.

Adicionalmente, adicarase unha sesión a repaso de contidos de trimestres anteriores co seguinte horario:

  • Martes: 11:30.

Os exercicios de cada día iranse indicando na aula virtual, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

Tarefas de reforzo

Esta semana non haberá tarefa específica de reforzo, polo que o alumnado que recibira correccións nestas últimas semanas deberá revisalas e poderá entregalas de novo.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA: SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Alumnado de ampliación:
  • Todo aquel que teña a 1º e 2º avaliación aprobadas.
  • Tarefa: elaboración dun decálogo de boas prácticas para evitar ou paliar os estereotipos de xénero. A tarefa está publicada na aula virtual e a data límite de entrega é o mércores 10 de xuño.
  • A videoconferencia de esta semana será conxunta para 3ºA e 3ºB, será mediante webex as 12:20 o xoves 11 de xuño

Alumnado de recuperación:

  • Todo aquel que teña algunha avaliación suspensa.
  • O alumnado que inda non entregou as tarefas de recuperación que se conecte a videoconferencia de recuperación do luns día 8 de xuño ou que se poña en contacto comigo mediante correo electrónico.
  • Videoconferencia: luns 8 de xuño ás 16:00 h, os datos de acceso podedes atopalos na aula virtual.

Contacto: antia.edu.bioxeo@gmail.com

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 3º DA ESO

Bos días:

A seguinte tarefa ten como obxectivo:

  • Analizar criticamente as actitudes e os estilos de vida relacionados co tratamento do corpo no contexto social actual.

Tes que ler un texto e a continuación responder a unhas preguntas.

TES TODA A INFORMACIÓN NA AULA VIRTUAL.

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO CUESTIONARIO: 9 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

Traballo final de curso Lingua Galega e Literatura

Ola a todas e todos!

Xa tedes na AULA VIRTUAL as instrucións e recursos para a elaboración do traballo de final de curso. A data límite de entrega é o 15 de xuño.

Con todo, continuaremos subindo materias de repaso e afondamento semanalmente nas novidades da AV.

Ante a mínima dúbida enviádeme un correo.

Moito ánimo e forza para este último esforzo! Saúdos e apertas!

Iago 

A Europa do Barroco I

 SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Estimados alumnos:

Esta semana comezamos o último tema,. Parece incible que xa pasara o curso e non nos queden máis que un par de semanas. 

Tendes xa na Aula Virtual o traballo para esta semana, fixádevos que a entrega é para o venres. 

Atoparedes un vídeo do Terzos españois e as actividades, que engado aquí por se acaso. 

Teremos tamén dúas videoconferencias para poder comentar  o tema e a arte barroca.

Moito ánimo!

O primeiro que tendes que facer e ler, comprender e suliñar o tema 12, é apaixoante. 

Son un par de actividades sinxelas mais a continuación da lectura de Alatriste, fixádevos que a entrega é para o venres. A por todas!

  • Esquema da do exercicio 25 da páxina 340 do libro de texto. 
  • Liña do tempo con cores da monarquía hispánica do século XVII. Aquí ademáis da datas e os reis, engadide os feitos principais.Tendes un exemplo na páxina 317.
  • Ler os seguintes tres capítulos de Alatriste, chegando así ao capítulo 9 incluido. Espero que o estedes disfrutando, 

Tarefas matemáticas académicas 3º ESO: 1-5 de xuño

Esta semana as sesións de videoconferencia serán no seguinte horario:

  • Luns e mércores: 11:30.
  • Venres: 10:10.

Adicionalmente, adicarase unha sesión a repaso de contidos de trimestres anteriores co seguinte horario:

  • Martes: 11:30.

Os exercicios de cada día iranse indicando na aula virtual, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

Tarefas de reforzo

As tarefas de reforzo desta semana serán adicadas á unidade de ecuacións. A entrega farase a través da aula virtual do centro na tarefa "Recuperación ecuacións".

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031