1ºESO

E ti, de quen vés sendo?

3ª muller – día 12 de marzo

 

A muller que procurabamos o día 12 de marzo era Jimena Fernández de la Vega Lombán.

 

Vida

Jimena María Francisca Emilia Fernández de la Vega Lombán naceu naVeiga (Asturias) o 30 de maio de 1895 e finou en Santiago de Compostelaen 1984.

O seu pai, médico liberal de Castroverde, foi membro da Institución Libre de Enseñanza, centro no que se defendía a liberdade de cátedra en tempos nos que en España se quería axustar o ensino a normas dogmáticas.

Xunto á súa irmá xemelga, Elisa, foron as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega, ao seren admitidas na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Remataron xuntas a carreira, e a Jimena concedéuselle o Premio Extraordinario (só se concede un por ano). Orientou o seu labor ao ámbito da Xenética e en 1922 presentou a súa tese doutoral, Estudio de la vagotonía infantil por medio del examen hematológico.

 

Traballo

Foi profesora na Cátedra de Patoloxía Xeral da Universidade Central de Madrid (a hoxe coñecida como Universidad Complutense de Madrid). Durante a Guerra Civil exerceu como médica militar en Santiago de Compostela e, ao mesmo tempo, fíxose cargo dos tres fillos de Elisa á morte desta e tras o exilio do seu pai á Arxentina. Cando rematou a guerra volveu a Madrid, deu clases na Facultade e traballou no hospital de San Carlos, en Atocha. A finais dos anos 40, sacou as oposicións a médico de balneario e fíxose cargo do de Guitiriz, entre outros. Finalmente trasladouse ao balneario de Lanjarón (Granada), onde permaneceu ata a xubilación. Morreu nun sanatorio de Santiago dunha enfermidade cerebrovascular.

 

Repercusión

Entre os recoñecementos que recibiu destacan que, en 2006, se inaugurou a Vicerreitoría de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela baixo o nome de Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega e que, en 2021, a Real Academia Galega de Ciencias a escollese Científica galega do ano.

 

E quen foi a persoa que máis axiña deu no albo o 12 de marzo?

Pois… Pedro Leyenda da Silva de 1ºB!!

E ti, de quen vés sendo?

2º muller – día 11 de marzo

A muller que procurabamos o día 11 de marzo era Olimpia Valencia.

Vida

Naceu en Baltar o 14 de decembro de 1898 e morreu en Vigo o 10 de xullo de 1987 aos 88 anos.

Realizou os seus estudos de Bacharelato no Instituto de Pontevedra, hoxe IES Valle-Inclán, a continuación prosegue coa súa formación en Maxisterio mais, como non manifestaba ningunha vocación docente, en 1919 decide iniciar os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela que culmina en 1925 obtendo o Premio Extraordinario. Cinco anos máis tarde, defende en Madrid a súa tese de doutoramento centrada na colesterinemia en sangue e a súa relación coa anestesia cirúrxica.

Por outra parte, foi unha firme defensora do Estatuto de Galicia durante a República, e inclusochegou a encabezar un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas pola pronvicia de Pontevedra,por mor do que foi detida ao comezo da Guerra Civil acusada de militar no Partido Galeguista.

Traballo

Foi a primeira muller galega titulada en Medicina e tamén a primeira que se dedicou á especialidade de Xinecoloxía, de feito abriu a súa consulta na rúa do Principe de Vigo no ano 1928 onde permaneceu até a súa xubilación nos anos 60.

Unha constante na súa vida é o interese pola investigación e os avances médicos de cara a implementalos na súa práctica cotiá. Por este motivo en 1929 solicitoulle unha bolsa de ampliación de estudos á Xunta para formarse en clínicas xinecolóxicas de Alemaña e Suíza e posteriormente publicou varios artigos.

Alen diso, foi unha das fundadoras no 1930 da Academia Médico-Quirúrgica de Vigo e da Alianza Francesa de Vigo.

Repercusión

Foi tal a súa importancia no eido da Medicina que o Cinbio, Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, leva o seu nome, ao igual que a biblioteca da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

 

E quen foi a persoa que máis axiña deu no albo o 11 de marzo?

Pois… Carolina Vázquez Acuña de 1ºA!!

E ti, de quen vés sendo?

 

Co fin de descubrirvos a figura de mulleres galegas relevantes en diversos ámbitos científicos e facelas máis próximas no voso día  a día puxemos a andar este concurso durante a semana do 10 ao 17 de marzo.

A muller que procurabamos o día 10 de marzo era Manuela Barreiro Pico.

Vida

Naceu en Viveiro o 5 de xullo de 1877 e morreu en Madrid o 29 de xaneiro de 1953 aos 76 anos.

Neta e filla de mestres, Manuela cursou os estudos primarios en Ribadeo e, máis tarde, examinouse por libre, sen acudir ás aulas, dos cursos correspondentes ao Bacharelato, primeiro no Instituto de Segunda Enseñanza de Tapia de Casariego entre os anos 1890 e 1893 e, posteriormente, no Instituto de Segunda Enseñanza de Lugo entre os anos 1893 e 1895, sendo deste xeito a primeira muller galega que obtivo o título de Bacharelato.

Do mesmo xeito que foi pioneira na consecución do título de estudos secundarios tamén o será na súa etapa universitaria, pois ela vai ser a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1896 e, ademais, tamén será a primeira licenciada galega en Farmacia, e a sétima de España, no ano 1900.

Mais non todo foi tan doado como parece, xa que por ser muller, e falarmos de finais do século XIX, para poder estudar tivo que pedir un permiso especial ao mesmo ministro de Instrución Pública, previa autorización familiar, do mesmo xeito que  para exercer a súa profesión debeu solicitar outro permiso especial. Ademais, os convencionalismos e prexuízos da época non permitían que nas aulas se puidera sentar xunto aos seus compañeiros, senón que frecuentemente o facía na mesa do profesor, afastada deles.

Alén do anterior, o carácter pioneiro de Manuela reflíctese no feito de ser noticia nos xornais da época, como na Gaceta de Galicia ou El Eco de Santiago, a súa licenciatura en Farmacia.

Traballo

No 1901 abriu a Farmacia Moderna na actual rúa Rodríguez Murias de Ribadeo, alcumada popularmente como “A das Piconas” por acompañala frecuentemente a súa irmá no negocio e ser ese o seu segundo apelido. A nova desta apertura foi amplamente difundida nos xornais, igual que o seu traspaso 31 anos máis tarde.

Manuela foi unha muller moi activa e colaborou en todas as campañas de axuda aos necesitados, doando quer menciñas quer vacinas, e participando en programas de vacinación en parcería co consistorio municipal.

Os últimos anos da súa vida transcorreron en Madrid, na compaña da súa irmá e un sobriño, e alí está soterrada no cemiterio de San Lorenzo e San José.

Repercusión

No seu Ribadeo natal dedicóuselle unha rúa en homenaxe ao labor realizado ao longo da súa vida, mais non son moitas as mostras de recoñecemento desta pioneira no eido científico. De feito, non será até as recentes publicacións da profesora María Isabel Fernández García, da Facultade de Ciencias de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, que cheguemos a coñecer en profundidade as achegas desta valente muller. 

 

Cómpre recuperarmos do esquecemento as mulleres galegas que paseniño abriron camiño na Ciencia.

 

E quen foi a persoa que máis axiña deu no albo o 10 de marzo?

Pois... Iria Rocha de la Iglesia de 3ºA!!

  

 

CHARLA CLASES SEN FUME

Bos días:

Hoxe visitáronnos Victoria e Lola. Elas son o personal sanitario encargado das charlas que se imparten en 1º da ESO dentro do contrato-programa clases sen fume. O obxectivo da charla é concienciar ao alumnado dos danos que provoca o tabaco; explicarlles as estratexias da industria tabaquera para captalos como clientes e darlles as ferramentas necesarias para que eviten caer nesa adicción.

Tarefas matemáticas 1º ESO: 15-19 de xuño

As sesións de videoconferencia esta semana serán co seguinte horario:

  • Luns: 10:10.
  • Venres: 11:30.

Como ven sendo habitual, os exercicios de cada día iránse indicando na Axenda da plataforma Edixgal, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

TITORÍA 1ºA

  • Luns  15 de xuño ás 13:10.
  • A titoría será por videoconferencia mediante WEBEX.

  • Os datos de acceso podedes atopalos na plataforma EDIXGAL na materia de Bioloxía.

  • A videoconferencia é para o alumnado de 1ºA e ten por obxectivo resolver dúbidas.
  • Contacto: antia.edu.bioxeo@gmail.com

1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

DÍA 8 -XUÑO-2020:

 

Hola a tod@s!

 

-Para esta semana propóñovos o visionado da película “Gladiator”, de Ridley Scott. Estados Unidos, 1999 e facer un pequeño resúmen da mesma (máximo unha carilla), que podedes enviar ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 1º).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 12 de xuño.

 

Un saúdo!.

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

Bos días:

 

Rematamos o trimestre cun cuestionario sobre alimentación.

Tes que ler o texto e responder a unhas preguntas.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

DATA LÍMITE PARA FACER O CUESTIONARIO: 15 de Xuño ás 12.00 horas

DERRADEIRA ACTIVIDADE LINGUA GALEGA E LITERATURA (8-19 de xuño. DÁLLE Á LINGUA (II))

Chegamos ao final. Esta é a derradeira actividade que vos propoño. Lede as indicacións que aparecen no ficheiro adxunto para realizala. Tedes ata o 19 de xuño, día que rematan as clases, para entregala. A actividade tamén está dispoñible na aula virtual do centro. 

Ao mesmo tempo, todas aquelas persoas que teñan actividades pendentes poderán entregalas ao longo destas dúas semanas, xa sexa da materia de Lingua Galega e Literatura como do reforzo de Lingua Castelá e Literatura. 

Os alumnos con adaptación curricular recibirán as instrucións para estas dúas semanas nos seus respectivos correos electrónicos malia que a dinámica é a mesma: recuperar actividades pendentes. 

Moito ánimo! 
G. 

 

Tarefas matemáticas 1º ESO: 8-12 de xuño

As sesións de videoconferencia esta semana serán co seguinte horario:

  • Martes, mércores e xoves: 10:10.
  • Venres: 11:30.

Como ven sendo habitual, os exercicios de cada día iránse indicando na Axenda da plataforma Edixgal, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

Tarefas de reforzo

Adicaranse unha sesión específicas para alumnado de reforzo co seguinte horario:

  • Luns: 10:10.

As tarefas de repaso e reforzo desta semana consistirán en revisar os exercicios xa feitos e volver a entregalos correxidos. O alumnado que teña tarefas pendentes tamén poderá envialas durante esta semana.

Alumnado de ACI

O alumnado de ACI recibirá instrucións específicas a través do correo electrónico.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA: SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Planificación para o alumnado coa 1º e a 2º avaliación aprobadas:

  • Tarefas: coñecendo a vosa contorna, última actividade do curso, podedes atopala na plataforma Edixgal.
  • Videoconferencia: venres ás 12:20, os datos de acceso están na plataforma Edixgal.

Planificación para o alumnado con algunha avaliación suspensa e que non aprobou a recuperación:

  • Tarefas: se enviarán mediante un correo electrónico persoal.
  • Videoconferencia: mércores as 11:30, os datos de acceso están na plataforma Edixgal.

Planificación alumnado ACI:

  • Tarefas adaptadas a ACI e enviadas por correo electrónico persoal

Contacto: antia.edu.bioxeo@gemial.com

TITORÍA 1ºA

  • Luns  8 de xuño ás 13:10.
  • A titoría será por videoconferencia mediante WEBEX.

  • Os datos de acceso podedes atopalos na plataforma EDIXGAL na materia de Bioloxía.

  • A videoconferencia é para o alumnado de 1ºA e ten por obxectivo resolver dúbidas.
  • Contacto: antia.edu.bioxeo@gmail.com

PRESENTACIÓN DA MATERIA PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES PARA 1º DA ESO

O próximo curso desde o departamento de educación física ofertarase a materia: Promoción de hábitos de vida saudables.

Aquí tedes unha pequena descrición da materia cos seus obxectivos, actividades e avaliación.

Preme no enlace:

PROMOCIÓN DE ESTILOhttps://view.genial.ly/5eceb0149203d30da614edc6/video-presentation-promocion-de-habitos-de-vida-saudablesS DE VIDA SAUDABLES

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 1º DA ESO

Bos días:

Este é o derradeiro desafío de orientación.

Xunto coa solución do anterior exercicio.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A TAREFA: 8 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

ACTIVIDADE LINGUA GALEGA (1-5 de xuño). DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Bos días, 

Eis a nova actividade para esta semana na que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño). Tedes as indicacións na aula virtual e no ficheiro adxunto a esta publicación. 

As persoas que forman parte do grupo de reforzo de Lingua Castelá e Literatura tamén teñen á súa disposición, na aula virtual, a actividade proposta.

O alumnado con adaptación curricular recibirá no seu correo electrónico as actividades correspondentes. 

Un abrazo, 

G. 

 

1º ESO A + B

Queridos discentes,

Sabemos que estades cansados pero hai que seguir traballando ata o final.

Xa podedes atopar na Aula Virtual a tarefa para esta semana. Calquera dúbida estou a vosa disposición. 

Tarefas matemáticas 1º ESO: 1-5 de xuño

As sesións de videoconferencia esta semana serán co seguinte horario:

  • Martes, mércores e xoves: 10:10.
  • Venres: 11:30.

Como ven sendo habitual, os exercicios de cada día iránse indicando na Axenda da plataforma Edixgal, onde tamén se habilitarán espazos para entregar as tarefas a través de documentos de texto, documentos escaneados ou fotografías do caderno.

Tarefas de reforzo

Adicaranse dúas sesións específicas para alumnado de reforzo co seguinte horario:

  • Luns: 10:10.
  • Xoves: 11:30.

Esta sesión estará especialmente dirixida ao alumnado matriculado que ten a materia suspensa na segunda avaliación.

Esta semana as tarefas de repaso e reforzo adicaranse proporcionalidade e porcentaxes, da que hai unha nova ficha de exercicios que se realizará seguindo a seguinte planificación:

  • Luns 1: Exercicios 1, 2 e 3.
  • Martes 2: Exercicios 4, 5 e 6.
  • Mércores 3: Exercicios 7 e 8.
  • Xoves 4: Exercicios 9 e 10.
  • Venres 5: Exercicios 11 e 12.

Tanto a ficha como os espazos onde facer as entregas estarán dispoñibles no curso "Matemáticas reforzo" da plataforma E-Dixgal.

Alumnado de ACI

O alumnado de ACI recibirá instrucións específicas a través do correo electrónico.

Pedro Suárez Casal (contacto: pedro.scasal@edu.xunta.gal)

1º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

 

DÍA 1 -XUÑO-2020:

 

Hola a tod@s!

 

Co obxetivo de reforzar os contidos tratados ó longo do curso, as actividades propostas para esta semana correspóndense co tema “A civilización grega”, e son as seguintes:

 

-Páxina 225: Actividades 37, 38 e 39.

 

-Visionado da película “Troya (Troy). Wofgang Petersen. Estados Unidos, 2004: película que se centra nos acontecementos que deron lugar á famosa guerra entre troyanos e gregos fai más de trinta séculos, que será por sempre recordada polos poemas homéricos que recrearon de forma mitolóxica os feitos acontecidos. Tra-la fuxida de Helena ( a muller de Menelao, rei de Esparta) co príncipe troiano Paris, os gregos consideran o feito como unha afrenta de honor e asediarán os muros de Troia durante dez anos ata a súa rendición, tra-lo mítico episodio do cabalo no que parte do exército grego logrou pasar os muros da cidade.

 

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 1º).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 5 de xuño.

 

Un saúdo!.

 

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA: SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Planificación para o alumnado coa 1º e a 2º avaliación aprobadas:

  • Tarefas: tarefa única sobre a contaminación acústica para Conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente. A tarefa atópase na plataforma Edixgal.
  • Videoconferencia: venres ás 12:20, os datos de acceso están na plataforma Edixgal.

Planificación para o alumnado con algunha avaliación suspensa e que non aprobou a recuperación:

  • Tarefas: se enviarán mediante un correo electrónico persoal.
  • Videoconferencia: mércores as 11:30, os datos de acceso están na plataforma Edixgal.

Planificación alumnado ACI:

  • Tarefas adaptadas a ACI e enviadas por correo electrónico persoal

Contacto: antia.edu.bioxeo@gemial.com

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031