1ºESO

"ONDE A CHUVIA É ARTE"

 

Esta semana nas clases de Lingua aprendemos una chea de palabras para nomear a chuvia. E é que non hai mellor sinal de chuvia que vela “caír”… e así foi, caeu por todas as cabezas do alumnado… que foi bautizado cun nome de chuvia.

 

E investigamos moito sobre os nosos novos nomes, como Poalla (este si o coñeciamos) Sarabia, Froallo, Treixada, Zarzallo, Breca, Bátega, Torba, Lapiñeira, Babuxa, “Borriso” (este nome sopróunolo Víctor, o conserxe)… e moitos, moitos máis.

 

Ata nos deu para un pequeno photocall

 

Tamén aprendemos moitos refráns e ditos relacionados coa chuvia. E despois de tanto traballar, fomos preparando uns globos para a chuvia final.

 


 

E como “o que á chuvia se pon, mollado queda”, así acabamos a nosa actividade! E que ben o pasamos!

 

 

 

 

 

 

 

 

SIMULAMOS UN TORNADO NO LABORATORIO

Para comprender como se forma un tornado realizamos un experimento moi sinxelo. Colocamos auga en varias botellas mixturadas con cinco ou seis gotas de deterxente, colocamos a tapa e cerramos ben para evitar fugas. Axitamos o frasco con moita forza e facémolo xirar para formar un remuiño no interior.  Este fórmase debido á corrente descendente que se crea na agua, ese fluxo ao descender comeza a xirar e á súa vez mentras está baixando, acelera a súa rotación formando un vórtice.

Nun tornado ocurre exactamente o mesmo pero con aire en lugar de agua.

Saída didáctica á estación arqueolóxica Outeiro dos Lameiros

No día de hoxe, o alumnado de 1º de ESO visitou un museo ao aire libre, a Estación Arqueolóxica Outeiro dos Lameiros, e coñeceu da man do arqueólogo e historiador baionés, Xosé Lois Vilar, as prospeccións arqueolóxicas realizadas nos anos 80 na zona dos Lameiros, que é unha portela entre O Outeiro do Ceboleiro polo sur e O Outeiro dos Lameiros polo norte.

Neste xacemento arqueolóxico apareceron unha gran variedade de superficies gravadas, coñecidas co nome de petróglifos, con motivos figurativos-esquemáticos e tamén abstractos (coviñas, reticulados, estreliforme, circos, escaleiriforme, etc).

 

 Preme no documento adxunto para visualizar as imaxes da saída ...

Saída didáctica ao PACC Lansbrica e á granxa ecolóxica A Cernada

O 11 de abril, o alumnado de 1º da ESO do CPI Cova Terreña visitou o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa e desfrutou dun dos seus obradoiros "arqueolansbrica", no que se converteron en arqueólogos/as por un día.

Tralo xantar, tivemos a oportunidade de visitar a granxa A Cernada, en Palas de Rei, e desfrutar da compaña de Ana e das súas agarimosas vaquiñas. 

Ana, a granxeira de A Cernada preparounos unha sorpresa, nada máis e nada menos que unha riquísima merenda: batido de amorodos, batido de iogur, queixo fresco e biscoito!!!. 

Repoñendo forzas para a volta

Os titores de 1º de ESO (Arantxa e Antonio), as profes de Bioloxía e de Xeografía e Historia (Ana e Loreto) e os alumnos/as de 1º ESO agradecemos a vosa hospitalidade.

Grazas  por darnos a oportunidade de dar a coñecer o gran traballo que realizan os nosos/as gandeiros/as!!!

Saída didáctica ao PAAR de Campo Lameiro

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron hoxe, día 7 de novembro, a área arqueolóxia e o centro de interpretación de arte rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra). Asemade, desfrutaron dunha exhibición de lume e levaron a cabo un obradoiro de cerámica neolítica.

Reinterpretando as vangardas históricas

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO reinterpretaron as obras de Luis Seoane, Henri Matisse e Antoni Tàpies.

Aquí tedes o resultado!!!

 

Efecto champagne e eclosións volcánicas no Cova

Queda un días para rematar as clases e temos preparadas distintas actividades:

O mércores 20 no recreo: Eclosións volcánicas.

Parabéns polo voso traballo e implicación !!!! Toca disfrutar das merecidas vacacións.

WEATHER IN THE WORLD. Afondamento en Expresión Oral en Inglés 1º ESO

Our final project is called Little Ants, a version in English of the well-known Spanish TV programme: El Hormiguero, with 6th graders from Belesar school and from our own school as the audience. This year, we decided to include a section called : Weather in the world as a part of our school project: Meteoescolas.

The aim of our contribution was to shoot an international weather forecast , with real weather maps and real temperatures and predictions, using both Celsius and Fahrenheit degrees .

We devoted four sessions to look for information, design the PPT presentations and shoot the predictions individually to be “broadcast” as fake satellite connections from different speaking English countries in the TV show.

We had some technical problems with the quality of the audio when shooting the programme, but apart from that the result was highly positive.

 

The making of the Weather in the World ( click on attached files)

Predictions

Little Ants- Weather in the Word with CEIP Belesar

 

SOMOS UNHA METEOESCOLA: MeteoBaiona. 1º ESO

Durante o curso 2017-18, os alumnos e alumnas de 1º de ESO foron seleccionados para recoller diariamente os datos de temperatura e precipitación rexistrados no termómetro dixital de temperaturas máximas e mínimas e no pluviómetro proporcionado por MeteoGalicia e tamén de dar visibilidade aos datos.

As medicións diarias realizáronse de luns a venres as 8:20 (temperaturas) e 11:00 (precipitación) e quedaron rexistradas no caderno de campo dos observadores meteorolóxicos, publicadas na cortiza do primeiro andar “Somos unha MeteoEscola” e volcadas na páxina web de MeteoGalicia, etc

Na cortiza  do primeiro andar “Somos unha MeteoEscola” podedes observar os datos de temperatura e precipitación diarios e semanais.

Dita actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta, no programa MeteoEscolas.

 

I Concurso SOMOS UNHA METEOESCOLA. 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO participou no I Concurso para aprendiz de meteorólogo/a, organizado polo departamento de Xeografía e Historia.

Os alumnos e as alumnas elaboraron manualmente un diagrama ombrotérmico, no que representaron as precipitacións (totais mensuais) e as temperaturas (medias mensuais) dun espazo xeográfico da Terra. Asemade tiveron que analizalo e interpretalo, segundo un cuestionario previo, entregado pola profesora a cada un dos grupos.

A actividade serviunos para valorar a adquisición de coñecementos sobre meteoroloxía e das competencias específicas asociadas á materia.

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 18 maio. Centro Arqueolóxico SALINAE. 1º ESO

Con motivo do Día Internacional dos Museos (18 de maio), os alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron o Centro Arqueolóxico SALINAE e coñeceron a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizadade todo o Imperio Romano.

A salina foi descuberta en 1998 durante as escavacións da construcción do Centro de Saúde da Rúa Rosalía de Castro (Vigo).

O percorrido polas súas instalación permitiunos coñecer a instalación salineira, entender o seu funcionamento e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas. Asemade, descubrimos os diferentes usos que os romanos lle deron o sal: para fabricar púrpura, como salario, como condimento, como alimento, como conservante, etc.

Aproveitamos a nosa estadía en Vigo para visitar distintos puntos de interese: o cárcere vello, a praza de Compostela, a Excolexiata, o monumento a Curros Enriquez, o monumento a Julio Verne, os restos do baluarte de A Laxe, a praza do Berbés e a imprenta Compañel.

Nesta imprenta Compañel, situada no centro histórico de Vigo, publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares Galegos de Rosalía de Castro. O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro.

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO CUN OBRADOIRO DE ESCRITURA SUMERIA. 1º ESO

Os/as alumnos e alumnas de 1º de ESO B e a súa profesora de Xeografía e Historia Loreto Raya gozaron cunha interesante actividade, consistente en imitar aos antigos escribas sumerios e realizar cada un unha taboíña de arxila con imaxes moi simples, chamadas pictogramas, e inscricións cuneiformes. Foi un traballo moi entretido e que serviu para entender mellor a importancia da escritura no nacemento das primeiras civilizacións. 

Hoxe retomamos a actividade co alumnado de 1º ESO A. Durante a hora de ler realizaremos o obradoiro na aula de plástica.

PARA SABER MÁIS PREME AQUÍ (presentación coas imaxes das actividades realizadas polo alumnado de 1º de ESO)

Concurso METEOPASAPALABRA. Día Meteorolóxico Mundial 23 de marzo de 2018

 

Durante o segundo trimestre os alumnos e as alumnas de 1º de ESO deseñaron e elaboraron os distintos elementos que compoñen o concurso MeteoPasaPalabra (elección dos conceptos clave relacionadas coa meteoroloxía, definición dos mesmos, deseño do logo, elaboración do rosco, deseño e elaboración das cartelas, etc.)

Esta iniciativa estivo coordinada e supervisada pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Dna. Inés Pereiro Rodríguez. A finalidade da mesma foi a de incorporar mecánicas e técnicas do xogo, para seducir e motivar ao alumnado na consecucións dos estándares de aprendizaxe.

O concurso iniciouse o día 23 de marzo de 2019, con motivo do Día Mundial da Meteoroloxía, e estivo á disposición do alumnado no seu tempo de lecer (recreos) e durante as sesión lectivas da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO COLABORATIVO !!!

 

Exposición "O relevo e as súas formas" na Praza de Abastos

A Praza de Abastos de Baiona ten o pracer de acoller unha mostra sobre as diversas formas do relevo que nos atopamos na superficie da codia terrestre e tamén no fondo dos océanos, a formación do relevo: volcáns e os océanos e os continentes.
Os traballos expostos abarcan principalmente maquetas feitas polo alumnado de 1° E.S.O. do Centro Público Integrado de Cova Terreña, durante o primeiro trimestre, baixo a supervisión da profesora de Xeografía e Historia, Dona Loreto Raya.


Lugar: andar superior do edificio da Praza de Abastos de Baiona.
Duración da exposición: do 15 de xaneiro ao 1 marzo.

EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DO RELEVO TERRESTRE 1º E.S.O.

O alumnado de 1º de E.S.O. A e B ten o pracer de convidalos a visitar a exposición " O relevo e as súas formas", os días 8 e 9 de xaneiro, no salón de actos do CPI de Cova Terreña.

Os traballos expostos abarcan principalmente maquetas feitas polo alumnado de 1º de E.S.O. do Centro Público Integrado de Cova Terreña, durante o primeiro trimestre, baixo a supervisión da profesora de Xeografía e Historia, Loreto Raya.

 

A exposición trasladase ao primeiro andar da Praza de Abastos de Baiona, para súa difusión entre a cidadanía. Podedes visitala do 15 de xaneiro ao 1 de marzo de 2018. 

O vindeiro mércores 31 de xaneiro estarán todas as maquetas no mercado!!! 

Agradecemos aos praceiros/as a súa implicación e boa acollida!!!

1ºESO na English Week

O noso alumnado disfruta dunha semana de inmersión lingüística en inglés, totalmente gratuíta, no centro de Os Peares.

O noso centro foi un dos cinco centros elixidos para participar na English Week para o nivel 1ºESO grazas ao proxecto presentado polo Departamento de Inglés ante a Consellería de Cultura, Educación e O.U, quen subvenciona toda a actividade.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031